Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1400667
Visitantes
Temos 28 convidados conectados


O Medúlio está no Berzo PDF Correo-e
Mércores, 09 de Setembro do 2009

Estivo o Medulio na Serra da Lastra?

Tarsicio Carballo e o Partido do Bierzo reivindica a zona da Serra de Lastra como o lugar onde se produciu a última e tráxica batalha dos galaicos e dos romanos.

Despois de dous mil anos, segue-se a desconhecer onde se atopa o Monte Medulio, lugar onde os últimos guerreiros galaicos, cántabros e astures se suicidaran para evitar seren conquistados polas lexións romanas de Caio Furnio e Publio Carisio, no ano 22 antes de Cristo.

Contan as crónicas do historiador romano Floro que os indíxenas, ao ver chegada a fin da súa resistencia, antes que seren escravos preferiron darem-se morte a lume e ferro no medio dunha comida, cun veneno extraído do teixo. E iso aconteceu no Medúlio.

Praticamente non hai lugar do noroeste da Península Ibérica que non reivindique ser o auténtico Medulio: desde Astúrias e Cantabria até Tui e A Guarda, pasando pola Baixa Limia, O Courel e diversos pontos próximos ao Miño, seguindo os textos de Paulo Orosio. Pero unha das áreas onde se situou máis veces é o Berzo. As semellanzas dos topónimos xogan ao favor destas teorías.


Unha das últimas accións para reivindicar a situación do Medulio levou-na a cabo o Partido Rexionalista do Bierzo. Un grupo de voluntarios, encabezados polo presidente da formación, Tarsicio Carballo, fixeron limpeza das silveiras dun tramo da antiga calzada romana que atravesa a zona, na Serra da Enciña da Lastra, próxima ás Médulas. "Estamos seguros de que é o Monte Medulio", afirmou.


Segundo Carballo, todos os dados coinciden: "a guerra contra os cántabros fora en Bergida, que é o Castro Bergidum, a carón de Cacabelos". Ao seu entender, cando os habitantes dese recinto amurallado fuxiron aos montes viciños "e non ían fuxir a Tui, a 300 quilómetros, ou a Cantabria", polo que avoga pola Serra da Lastra.


"Ten moita vexetación, é chá, inacesíbel desde a parte do Berzo, e ten 23 quilómetros de perímetro, como os da fosa". Aínda ben que os romanos facían alusión a un monte a carón do Miño, esta serra dá ao Sil, que, segundo Carballo "para eles era o Miño".


Outros pontos a favor son os restos de fosos que hai no monte e un romance do século XII "recollido hai século e medio" sobre feitos acontecidos no Medulio que recolle topónimos que aínda perduran na zona, como o monte Biobra (Biobra é unha parroquia do concello de Rubiá, tamén na Serra da Lastra).


Sobre as outras teorías que existen sobre o verdadeiro emprazamento, Tarsicio Carballo, asegura que "moitos estudos apontan xa a que este é o Monte Medulio, ao lado do Miño, que se confundía co Sil. É unha zona onde se ve o foso. Alí caberían 40 mil persoas perfeitamente. E tamén está o Pico Tara, que era o monte sagrado".


Tamén xustifica a súa teoría pola cantidade de covas que existen na serra, e nas que se atoparon restos de asentamentos moi antigos. Carballo anunciou que lles pedirá á Junta e ao Consello do Berzo que lles axuden a limpar o camiño cara á Cidade.


 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2012 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5