Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 2129256
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Sobre a Toponínia do Berzo no catastro do Marquês da Ensenada PDF Correo-e
Martes, 22 de Setembro do 2009

A TOPONIMIA DO BIERZO NO VECINDARIO DE ENSENADA,

Xabier Lago Mestre*

A toponimia do territorio galego-falante do Bierzo occidental xorde actualmente deturpada por mor dun proceso histórico de contaminación castelán. A falta de recoñecemento social e legal do idioma galego supuxo que os oficiais reais e autoridades relixiosas non tivesen xamais ningún respecto polo mantemento da toponimia na lingua propia do Bierzo oeste. Nesta ocasión imos ver un exemplo disto que comentamos. Trátase do seguimento toponímico que atopamos no chamado Vecindario de Ensenada. Este censo fiscal de 1759 permítenos ver o tratamento toponímico das poboacióis das diversas xurisdicióis do partido de Ponferrada, coñecido tamén como Provincia do Bierzo.

Principiamos polo partido de León, para procurar a chamada gobernación de Cabrera, por suposto coa súa forma própria da Cabreira. Lemos os topónimos Corporales (non Corporais), Castrofinojo (agora Castrohinojo), polo menos xorde A Baña, e non o actual castelá La Baña, pero vemos Villarino (Vilariño), Sotillo (Soutelo) e demais.

Xa no partido de Ponferrada, na xurisdición da vila de Ponferrada, atopamos San Pedro de Devessas, agora castelanizado en Dehesas, con Fuentes Nuevas, Toral de Mirayo (Toural de Meraio). Polo menos conservaron no texto do século XVIII os galego-bercianos Carrazedelo, Paradela de Muzes e Ozuela.

Na xurisdición da abadía de Santo Andrés de Espiñareda lemos Vega de Espinareda, Peranzanes (por Peranzais), Fabero (Fabeiro), Balouta, Subarbol, Fontoría, Fresnedelo, Ponoselo (Penoselo), Villar de Otero (Vilar de Outeiro), Castellanos, Espinareda entre outros. Xunta a este señorío temos o Val Real de Ancares, con Serbeyra (hoxe Sorbeira), Tejedo (Teixedo), Suertes, Villasumil (Vilasumil), Villarbón (Vilarbón) e Espinareda de Ancares.

A meirindade de Cornatelo, xunta ao castelo señorial do mesmo nome, agora castelanizado en Cornatel, amosa a denominación Cornadelo, Borrenes (Borreis ou Borrés), Villavieja, o galego Rioferreyros, Valdecañada (Valdecanada), Lachana (A Chana), Santa Alla (Santalla) e Boces (Voces). Mentres que na xurisdición da Ribeira de Escontra atopamos o castelanizado Las Médulas (As Médulas), Puente de Domingo Flórez (A Ponte D. F.) e Vega de Yeres (A Veiga). Na veciña abadía de Carracedo xorden Villaberde (Vilaverde), Narayola (Naraiola), Paradela, Campo Naraya (Camponaraia), Villamartín (Vilamartín) ou Cobas (Covas).

Polo que toca ao Couto de Valboa, temos El Real (O Real), Villarinos (Vilariños), Balboa (por Valboa), o galego Ruideferros pero acompañado de Chan de Villar (Chan de Vilar), Cantegeira porque o Cantexeira non soaría ben daquela. Mentres que na meirindade de Valcarce, que non Valcárcel, lemos Soto de Parada (actual Soutoparada), Parada de Soto (Parada de Souto), La Braña (A Braña), Herrería de Valcarce (Ferrería), Villasinde (Vilasinde), Villalfeile e Quintela (Vilafeile), Argenteyro e La Treyta (Arxenteiro e A Treita).

A meirindade de Corullón ofrece os topónimos Horta, Villagroy (Vilagroi), Hornija (Hornixa) entre outros. Para o couto dos Corrais temos Villar (Vilar), Corrles (Corrais), Mosteyros. E no couto veciño de Melezna, Cadafresnes (Cadafresnas) e El Mazo (O Mazo). Pola meirindiade de Aguiar, compartida coas terras de Valdeorras, Vega de Cascallana (A Veiga), Villarrando (Vilarrando), Gestoso (Xestoso), Oulego, Requejo (Requeixo), o castelán Puerto (por Porto), Villarubín (Vilarrubín), Arnadelo, Friera (Frieira) e Castelo. Na outra meirindade da Somoza, atopamos Tejeyra (Teixeira), Pobladura (Pobradura), Villar de Azero (Vilar), Zela (Cela), La Veguellina (co costume de castellanizar o artigo galego A Veigueliña), Paradiña, Campo del Agua (Campo de Auga) e Porcarizas.

Na importante xurisdición de Vilafranca, por suposto para os oficiais reais Villafranca. Pero manteñen Vilela e Quilos (Quilóus), Baltville de Arriba e de Abajo (Valtuilles), Bálgoma (Válgoma), Villa de Canes (Viladecáis), Otero (Oteiro), Toral de los Bados (Toural dos Vaos), Arborbuena (Arborboa) e Villa de Palos (Viladepaos).

Lugares con xurisdición de seu son: Cortiguera (Cortigueira), Cabañas del Portiel (Cabanas), Magaz de Abajo (Magaz de Abaixo), Campelo, Sotelo (por Soutelo), Cacabelos, Pradela entre outros máis.

Rematamos dicindo que sabemos dun oficia real encargado de facer o Protocolo de Respostas Xerais para este Censo fiscal de Ensenada.Foi o caso do subdelegado Francisco Antonio Yáñez, o cal atobáse en Vilafranca, dende citou a capitulares e peritos para recabar a información fiscal da meirindade de Aguiar. En fin, claros e variados exemplos que descubrimos da imposición castelán, mediante a administración estatal fiscal, neste caso do século XVIII.


*Xavier Lago Mestre, é o presidente da asociación Fala Ceive

www.obierzoceibe.blogspot.com
 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2014 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5