Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1400656
Visitantes
Temos 30 convidados conectados


Demandas no ensino galego no Berzo no curso 2009-2010 PDF Correo-e
Xoves, 29 de Outubro do 2009

DEMANDAS SOBRE O ENSINO DO GALEGO PARA O CURSO ACADÉMICO 2009-2010 QUE FAI A BERZIANA  FALA CEIBE

A Associación cultural Fala Ceibe do Bierzo dirige-se à cidadania berziana, a Consejería de Educación da Junta de Castilla e León, ao Procurador do Comum de Castilla e León e os meios de comunicación para informar-lles da actual problemática escolar do ensino da matéria de Língua Galega no Bierzo. Seguidamente indicaremos os pontos principais e mais conflictivos da aprendizaxe do galego, segundo as variadas demandas da comunidade escolar, pais, mãis, profesorado e alunado afectado.
  1. IMPOSIBILIDADE DE ESTUDO DO GALEGO NO BACHARELATO.

Chegou-nos a queixa dos afectados referida a que certo alunado que tem estudado a matéria de Galego na ESO, depois de finalizar os 4 cursos de que se compom, non pode continuar estudando galego em Bacharelato. Cerca do 77,7% do alunado que tem cursado galego na ESO non se lle permite optar por esta mesma matéria de Bacharelato. Ao alunado que non tem cursado os 4 cursos completos da matéria de Ciências Sociais em Galego non se lle concede o título oficial de Galego coñecido como CELGA 2.

No Bierzo o alunado incorpora-se à matéria de Galego nos diferentes cursos da ESO, sem completar a totalidade dos 4 cursos, devido à falta de información institucional adecuada ao comezar a ESO. A solución a esta problemática escolar é que se permita ao alunado elexer a optativa de Língua e Cultura Galega em Bacharelato sem ter a titulación de CELGA 2 para o alunado que tem superado 4º de ESO e tem aprovado com nível suficiente. O alunado que estuda Bacharelato tem dous cursos para apreender galego e poder apresentar-se às probas para a obtención do título CELGA 2 e, posteriormente, obter tamén o título CELGA 3, ao final do Bacharelato, condicionado à prévia consecución do CELGA 2.

Estamos no período de matriculación para o curso 2009-2010 e os centros educativos do Bierzo com 1º e 2º de Bacharelato non ofertan a matéria optativa de Língua e Cultura Galega por falta de comunicación oficial ao respeito. Esta caréncia da matéria de Galego no Bacharelato prexudica claramente ao alunado que desexa continuar cos seus estudos de Galego desde a ESO. A cláusula 2.3 do Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta da Galiza e a Junta de Castilla e León estabelece que "promover-se-á que os centros que optasem por este ensino lle outorguem continuidade ao programa para garantir que os alunos podam completar os estudos e obter os certificados correspondentes”.

A Consejería de Educación da Junta de Castilla e León tem que resolver de forma definitiva esta problemática da matéria optativa de Galego em bacharelato. Asin debe elaborar un regulamento ao respeito e enviá-lo cuanto antes aos centros educativos para sua execución imediata. Dantes de que comece o curso académico 2009-10  debe-se solucionar este grave problema para que a comunidade escolar posa optar libremente pola matéria de Galego no bacharelato

  1. IRMANAMENTO E TROCAS DE VISITAS EDUCATIVAS.

A cláusula 2.5 do Protocolo Xeral de Colaboración indica que "ambas comunidades potenciaram o irmanamento e as trocas de visitas entre os centros públicos de Castilla e León onde se dá este ensino e os da Galiza de semellante nível educativo". Mas chegam-nos queixas da comunidade escolar afectada sobre os problemas que xurdem para executar este acordo interautonómico sobre irmanamentos com centros galegos e visitas educativas à Galiza. Algum Consello Escolar de Vilafranca manifestou-se contrário a estes irmanamentos entre o seu centro educativo e outros da Comunidade Autonómica da Galiza. Opor-se a eses intercámbios e visitas educativas dos centros berzianos supon um obstáculo ao desenvolvimento pedagóxico pleno do alunado da matéria de Galego, pois os contactos coa Galiza facilitam umha mellor e mais ricaz percepción da Língua e Cultura Galega.

    3. IMPOSIBILIDADE DE ESTUDO DO GALEGO NO BACHARELATO.

    Chegou-nos a queixa dos afectados referida a que certo alunado que tem estudado a matéria de Galego na ESO, depois de finalizar os 4 cursos de que se compom, non poden continuar estudando galego em Bacharelato. Cerca do 77,7% do alunado que tem cursado galego na ESO ncn se lle permite optar por esta mesma matéria de Bacharelato. Ao alunado que non tem cursado os 4 cursos completos da matéria de Ciéncias Sociais en Galego non se lle concede o título oficial de Galego coñecido como CELGA 2.

No Bierzo o alunado incorpora-se à matéria de Galego nos diferentes cursos da ESO, sem completar a totalidade dos 4 cursos, devido à falta de información institucional adecuada ao comezar a ESO. A solución a esta problemática escolar é que se permita ao alunado elexer a optativa de Língua e Cultura Galega em Bacharelato sem ter a titulación de CELGA 2 para o alunado que tem superado 4º de ESO e tem aprobado com nível suficiente. O alunado que estuda Bacharelato tem dous cursos para mellorar significativamente o seu galego natural e poder apresentar-se às probas para a obtención do título CELGA 2 e, posteriormente, obter tamén o título CELGA 3, ao final do Bacharelato, condicionado à prévia consecución do CELGA 2.

No período de matriculación para o curso 2009-2010 os centros educativos do Bierzo com 1º e 2º de Bacharelato non ofertan a matéria optativa de Língua e Cultura Galega por falta de comunicación oficial ao respeito. Esta caréncia da matéria de galego no Bacharelato prexudica claramente ao alunado que desexa continuar cos seus estudos de Galego desde a ESO. A cláusula 2.3 do Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta da Galiza e a Junta de Castilla e León estabelece que "promover-se-á que os centros que optasem por este ensino, lle outorguem continuidade ao programa para garantir que os alunos podam completar os estudos e obter os certificados correspondentes”.

 
A Consejería de Educación da Junta de Castilla e León tem que resolver de forma definitiva esta problemática da matéria optativo de Galego en bacharelato. Asin debe elaborar un regulamento ao respeito e enviá-lo cuanto antes aos centros educativos para sua execución imediata. Antes de que comece o curso académico 2009-10 deve-se solucionar este grave problema para que a comunidade escolar poda optar libremente pola matéria de Galego no bacharelato


    4 PROMOÇIÓN DO PROGRAMA DE GALEGO.

Desde hai anos vimos reclamando uma Campaña de promoção do programa de galego nos centros escoares do Bierzo. Esta caréncia informativa institucional cuase non tem variado curso depois de curso. Asi no “Guia do estudante. Oferta Educativa de León. Curso 2009-10? a información reduze-se a indicar os centros onde se dá a matéria de galego. Nada se fala das vantaxens da aprendizaxe do Galego, as condiois, os cursos, a titulación obtida, etc.

A cláusula 2.5 do Protocolo Xeral de Colaboración determina que “fomentará-se a criazon de um foro site ou aula virtual para favorecer o mútuo coñecimento e intercâmbio de experiências entre os escolares?. Nada disto se cumpriu por parte da Consejería de Educação da Junta de Castilla e León. Por iso exiximos o cumprimento do pactuado en matéria de información do ensino do Galego na internet segundo o Protocolo interautonómico.

É preciso iniciar umha Campanha de información e promoción do Programa de Galego de forma imediata e actualizada en todos os centros do Bierzo ocidental. Ademais há que garantir que todo o alunado receberá no sobre de matrícula a información adecuada e completa sobre a matéria de Galego, coa peticion expresa e clara de autorización polos pais e as mãis da opción pela matéria de Galego.

A Consejería de Educação deve dar instrucións concretas aos centros escolares sobre a información mínima da matéria de Galego que ofertarán as suas comunidades escolares. Concretamente os centros facilitaram a libre eleición do Galego, no sobre de matrícula, mediante duas formas: 1ª com pergunta directa sobre a opción voluntária pela matéria de Galego e 2ª coa correspondente lacuna da matéria de Galego nos impresos de matriculación.

    4. GALEGO NOS NOVOS CENTROS ESCOLARES.

O ensino do idioma Galego no Bierzo tem um mandato legal derivado do próprio Estatuto de Autonomia de Castilla e León. NO seu artigo 5.3 lemos que “gozam de respeito e protección a língua galega nos lugares em que habitualmente se utilize”. Há uma expresa vinculación entre idioma galego e território onde se utiliza. Ademais, o Protocolo Xeral de Colaboración faz questom de “delimitar, de acordo cos estudos sociolingüísticos existentes, a extensión geográfica da área de aplicación do estabelecido no protocolo, concretando tanto os centros como o alunado afectado” (cláusula 3.1.c). Resulta difícil entender o ainda existirem centros escolares en pleno Bierzo ocidental, território histórico galego-falante, que non oferten a matéria voluntária de Galego. Son os casos de Veiga de Valcarce, Quilous, Carracedelo ou Fabeiro. Sabemos da demanda desta matéria que há nestes centros e tamén do rexeitamento por parte das respectivas direccións
 
A Consejería de Educación da Junta de Castilla e León debe garantir a oferta da matéria en todos os centros educativos do Bierzo ocidental para cumprir có mandato do Estatuto de Autonomia. Só asin o alunado poderá exercer seu direito a optar voluntariamente pela matéria de Galego.

Igualmente demandamos que a matéria de Galego se oferte en todos os níveis non universitários. Non se podem dar situaciois lamentáveis como a do centro escolar da Ponte de Domingos Flórez, no cqual nom se oferta a matéria de Galego en secundária. Noutros centros impede-se estudar Galego em bacharelato. Desta forma interrompe-se o progreso educativo do alunado berciano que estuda Galego.

        5. ACTIVIDADES EXTRA-ESCOLARES.

 Segue tendo problemas para que o alunado de Galego posa participar nas actividades extraescolares que se organizan. Estas son mui necesárias para completar sua formación sobre a matéria de Galego. Pedimos que se facilite a participación do alunado en actividades extraescolares relacionadas co idioma galego, casos do Dia dás Letras Galegas, fomento da leitura (Salibrín de biblioteca municipal de Ponferrada), cinema, música, teatro, etc. Entendemos que estas actividades extraescolares non deben depender da autorización dos departamentos de Ciências Sociais senon do próprio profesorado de Galego.


    Ponferrada, 27 maio de 2009.

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2012 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5