E O IDIOMA GALEGO DO BIERZO, QUE? Por Xabier Lago Mestre , Presidente de Fala Ceibe do Bierzo. O Psoe de Castela e León apresentou umha proposición nom de lei ante o Parlamento de Valladolid a favor da promoción do leonés. Pede-se nela um plano de medidas encamiñado a sua protección, bem como ditar um regulamento sobre protección, uso e promoción do leonés?. A apresentación desta proposta de resolución fixo-se coincidir coa celebración do 28 aniversário do Estatuto de Autonomia de Castela e León, e coa comemoración das Cortes leonesas do ano 1188.
No entanto, surpreende que esa demanda linguística só se refira ao leonés, ignorando que na Comunidade Autónoma existen outros idiomas minoritários que precisan a mesma protección xurídica. Referimos-nos às línguas galega do Bierzo e eusquera do Condado de Treviño que non se mencionan. Pedir para o idioma leonés e ignorar o resto de idiomas minoritários comentados resulta inaceitável. O Psoe da província leonesa e o Psoe de Castela e León con esta demanda formulan umha política parcial, excesivamente localista e disgregadora, favorecendo os intereses de uns falantes e ninguneando os de outros, caso dos berzianos que falamos galego e dos treviñeses que utilicen o eusquera. O Psoe de Castela e León, por ter un carácter estatal, debe praticar umha política con vision global que beneficie os intereses xerais. Por iso non pode cair neste localismo disgregador, derivado de sua política pactista cos seus actuais aliados leonesistas. Debe formular umha política com sentido de Comunidade Autónoma, como seria propor a protección das três línguas minoritárias descritas, e nom só a leonesa como faz agora coa sua proposta de resolución. O artigo 5 do actual Estatuto de Autonomia de Castela e León refere-se expresamente ao castellano, ao leonés e ao galego. O Psoe de Castela e León, coa citada proposta parlamentar, só pede protección xurídica para o leonés. En que se baseia para ignorar o outro idioma minoritário da província leonesa e da Comunidade Autónoma de Castela e León. A língua galega do Bierzo e a Alta Seabria merece o mesmo tratamento xurídico que o que se poda conceder para o leonés, isto é, un plano de medidas de protección e un regulamento administrativo de uso e promoción. A intervención política e administrativa demandada para o leonés suporia a pasividade institucional para as outras línguas minoritárias, galego e eusquera. Isto significaria umha discriminación legal para os outros falantes mais periféricos, do ocidente e do oriente da Comunidade Autónoma. Esta política cultural e linguística parcial seria contrária ao estabelecido pola própria Constituición Española (artigo 3.3), Estatuto de Autonomia de Castela e León (artigo 5) ou a própria Carta Europeia de Línguas rexionais ou minoritárias. Recordemos que esta Carta ampara expresamente as línguas oficiais e non oficiais da Union Européia. Mellor seria que se debatese nas Cortes de Valladolid a necesidade de protexer de forma global as trés línguas minoritárias de Castela e León, mediante a aprobación de umha Lei autonómica de Idiomas. Isto mesmo xá se fez coas línguas da Comunidade Autónoma de Aragón no ano 2009. Asim o aragonés e o catalam xá têm protección legal, apesar de non posuir declaración de idiomas oficiais. Quando há boa vontade política de favorecer aos falantes das minorias linguísticas pode-se fazer, tenhan seus idiomas recoñecimento de oficialidade ou não. Mas a política bilingüe de Aragón non é exemplo para a classe política de Castela e León, a cal non respeita suas minorias culturais como deberia, tentando unicamente o uniformismo linguístico castelhano. A actual política cultural da Junta resulta contrária a nosa tradición histórica, xá que non ampara a nosa riqueza patrimonial idiomática. O Bierzo non pode perder seu variado património linguístico porque é noso principal signo de identidade social, cultural e territorial. |