FALA CEIVE EXIXE À JUNTA E À XUNTA, UN CONVENIO PARA VERMOS A TVG NO BIERZO. O colectivo cultural Fala Ceive do Bierzo exixe de novo, tanto á Junta de Castela e León como á Xunta da Galiza, a aprobación dun convenio de colaboración para que se poda ver a TVG (Telvison Galega) no pacote TDT no Bierzo. Baseamos esta demanda en que a recente aprobación da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual xa permite a recepción do sinal da TDG (Tv dixital galega) na Comunidade Autónoma de Castela e León.
Este colectivo lembra que o Partido Popular rexeitou nas Cortes de Castela e León, o 24 de novembro de 2009, unha Proposición Non de Lei que instaba a que se pude-se ver a Televisión Dixital Galega no Bierzo. O PP argumentou nesa ocasión que o ordenamento xurídico vixente non ofrecía cobertura legal para poder ver a TDG na comarca. Posteriormente, Fala Ceiveo ordenamento xurídico vixente non ofrece cobertura legal ás actuacións que se uidesen levar a cabo pola Xunta de Castela e León para garantir a recepción do sinal dixital da TVG no territorio de Castela e León” (?). Tamén contactamos co Valedor do Pobo Galego, presentando a correspondente queixa sobre o particular. A resposta da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) referiuse a que é necesario “a previa celebración dun convenio entre as respectivas administracións autonómicas “. dirixiuse ao Procurador do Común de Castela e León en petición de amparo ante a supresión da Televisión Galega no Bierzo. Este defensor do pobo autonómico remitiu-nos unha Resolución, de 9 de marzo de 2010, no que se indica que a Xunta de Castela e León insiste en que “ Agora Fala Ceive esixe de novo que a Televisión Dixital de Galicia se poda-se ver no Bierzo. Demandamos o cumprimento imediato da recentemente aprobada Lei 7/2010, de 31 de marzo, Xeral de Comunicación Audiovisual (BOE, 1 de abril de 2010). Esta Lei estatal determina no seu artigo 40.3 que ”a emisión do servizo público de comunicación audiovisual por ondas hertzianas terrestres dunha Comunidade ou Cidade Histórica noutra limítrofe e con afinidades lingüísticas e culturais poderá ser efectuada sempre que así o acorden mediante convenio, e exista reciprocidad”. Fala Ceive insiste en que xa existe cobertura legal suficiente e necesaria para poder ver a Televisión Dixital Galega no Bierzo. Isto fundamentamo-lo no mencionado artigo 40.3 da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Ademais, dita Lei indica no Capítulo dos Direitos do Público que “Os operadores de servizos de comunicación audiovisual promoverán o coñecemento e difusión das linguas oficiais do Estado e das súas expresións culturais “ (artigo 4.3). E recorremos finalmente ao artigo 40.1 para lembrar que “o servizo público de comunicación audiovisual é un servizo esencial de interese económico xeral que ten como misión difundir conteúdos que fomenten os principios e valores constitucionais, contribuír á formación da opinión pública xeral, dar a coñecer a diversidade cultural e lingüística de España“. Alegamos o cumprimento imediato do contido do articulado da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, tanto á Xunta de Castela e León como á Xunta de Galicia, para que podamos ver canto antes a Televisión Dixital Galega no Bierzo e a Televisom de Castela e Leon na Galiza. Estes dous Governos non poden alegar mais reticencias xurídicas ou políticas, nen atrasos na elaboración e posterior aprobación do necesario convenio de colaboración interautonómico. De novo dirixímonos ao Procurador do Común de Castela e León (nº de expediente 20091735), ao Defensor do Pobo Español (nº de expediente 09022149), ao Valedor do Pobo Galego, ás Cortes de Castela e León e ao Parlamento Galego para que insistan en reclamar aos dous Gobernos autonómicos afectados a posta en prática dos medios xurídicos e técnicos, en base á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, de cara a permitiren a recepción adecuada do sinal da Televisión Dixital Galega no Bierzo. Rematamos reclamando o cumprimento da Resolución do Procurador do Común (de 9 de marzo de 2010) sobre a recepción da Televisión Galega, “coa finalidade de garantir o direito de uma das línguas próprias do Bierzo ser normal e garantir asin, um certo grau a protección à lingua galega nos lugares desta Comunidade onde habitualmente se utiza, ao que se refere o artigo 5.3 do Estatuto de Autonomía. Xá que logo, iniciar as negociacións cos órgaos correspondentes da Administración da Comunidade Autónoma da Galiza dirixidas a facer posíbel a celebración dun convenio de colaboración que permita a emisión do sinal dixital da Televisión Galega nos municipios integrantes da Comarca do Bierzo (León), as zonas da Cabreira (León) e na zona de Alta Seabra da Seabra (Zamora)”. Ponferrada, 8 de abril de 2010. Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|