Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1400653
Visitantes
Temos 30 convidados conectados


O Presidente de Fala Ceive dirixe-se às cortes de Castela-Leon PDF Correo-e
Mércores, 18 de Agosto do 2010

CARTA PARA O PRESIDENTE DA COMISION DE INTERIOR E XUSTIZA DAS CORTES DE CASTELA E LEÓN

(Pz. De las Cortes de Castela y León, nº 1, 47014 Valladolid).

Está a tramitar-se nas Cortes de Valladolid a reforma da Lei da Comarca do Bierzo. O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo dirixe-se à Comisión de Interior e Xustiza para apresentar umha Emenda de Adición relacionada com o recoñecimento da língua galega en dita norma.

O Estatuto de Autonomia de Castela e León determina que “gozará de respeito e protección a língua galega nos lugares en que habitualmente se utilize” (artigo 5.3). Por outra parte, outro mandato estatutário indica que “umha lei das Cortes de Castela e León regulará a comarca do Bierzo, tendo en conta as suas singularidades e sua traxectória institucional” (art. 46.3). Todos entendemos que entre as singularidades do Bierzo encontra-se a presenza do idioma galego con a sua correspondente comunidade linguística. Neste sentido, traemos a colación as palavras do deputado do Congreso, Villarrubia Mediavilla, que no debate de reforma do Estatuto de Autonomia de Castela e León, asegurou que “umha lei das Cortes de Castela e León regulará -preceptivo, por tanto, non poder-se-á regular, senon que regulará- a comarca do Bierzo, tendo en conta as suas singularidades e a sua traxectória institucional. Na miña interpretación de boa fé non oferece neñumha dúvida que umha das singularidades é a língua galega, cuxo uso en dita zona é umha de suas singularidades, depois terá que se regular e se proteger?”(Diário de Sesois, Congreso dos Deputados, 17 de outubro de 2007, página 15).

Recordamos que a língua galega non tem neñum recoñecimento expreso na actual Lei da Comarca do Bierzo, e também non no projecto de reforma desta Lei que se tramita nas Cortes de Valladolid. Esta situación é totalmente anómala e inxusta. Por conseguinte, resulta lexítimo reclamar o recoñecimento da língua galega na Lei da Comarca do Bierzo, ignorar esta demanda social seria um grave erro político.

O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo apresenta a seguinte Emenda de Adición ao projecto de Lei de modificación da Lei 1/1991, de 14 de março, segundo o seguinte texto:

Artículo. USO DE LAS LENGUAS DE EL BIERZO.

“1. El castellano es la lengua oficial del Estado. El gallego es idioma propio de El Bierzo occidental. El gallego representa una singularidad cultural que conforma la comunidad lingüística a proteger.

2. El Consejo Comarcal fomentará la utilización institucional del gallego en base al criterio de información bilingüe, según determine el reglamento de uso de lenguas.

3. El Servicio Lingüístico Comarcal apoyará el uso del gallego por los ayuntamientos y las juntas vecinales, así como estimulará su utilización por la ciudadanía.

4. Se fijará la toponimia de los municipios occidentales en lengua gallega en su variedad territorial berciana.

5. Se regularizarán las relaciones administrativas con instituciones de Galicia para ejecutar programas de colaboración lingüística y cultural”.


FUNDAMENTACIÓN DO APARTADO PRIMEIRO DA EMENDA.

O castellano é idioma oficial do Estado, segundo se determina no artigo 3.1 da Constituición. Por sua vez, a língua galega do Bierzo non tem recoñecimento de oficialidade no Estatuto de Autonomia de Castela e León. Tal declaración de cooficialidade só se pode fazer através de dito Estatuto de Autonomia e non através de outra lei autonómica (art. 3.2 CE). A protección legal do galego do Bierzo se concreta na própria Constituición, “a riqueza das diferentes modalidades linguísticas de España é um património cultural que será objecto de especial respeito e protección” (art. 3.3). Mandato constitucional que exige seu cumprimento por todas as administrações públicas.

O idioma galego xá posui o recoñecimento legal no Estatuto de Autonomia de Castela e León (art. 5.3). Por iso mesmo non entender-se-ia que a futura reforma da Lei da Comarca do Bierzo ignore de novo a referéncia expresa à língua galega en seu conteúdo.

FUNDAMENTACIÓN DO APARTADO SEGUNDO DA EMENDA.

O Consello Comarcal deve tomar o protagonismo na protección do idioma galego. Fai-se necesário iniciar o uso institucional parcial deste idioma no seio da administración local. A falta de recoñecimento de oficialidade do galego do Bierzo restrinxe muito ese uso institucional, no entanto pode-se intervir a favor dese idioma neste ámbito. Falamos da utilización do galego polos servizos de información. As sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León (1 de fevereiro de 2002) e do Tribunal Supremo (3 de marzo de 2004 e 2 de fevereiro de 2005), en relación a duas contenciosos contra vários acordos de prefeituras do Condado de Trebiño pelo uso do idioma eusquera, permitem a utilización desta língua en base ao critério de información cidadã que é un servizo público próprio da autonomia local.

Non se pretende criar servizos plenamente bilingües, xá que os cidadaos non temos recoñecido legalmente o direito a exixir información oral e escrita en galego. Trata-se de facilitar información oral e escrita en galego, de maneira progresiva e proporcionada, segundo a capacidade dos recursos pesoais, económicos e materiais da administración local. Esta información parcial en galego oferecer-se-á através da documentación bilingüe (impresos, bandos, ordens), rotulación, cartelaría, folletos informativos, páxinas dixitais, publicidade institucional e demais. Toda esta intervención administrativa concretará-se no próprio regulamento de uso de línguas do Consello Comarcal.

FUNDAMENTACIÓN DO APARTADO TERCEIRO DA EMENDA.

O Consello Comarcal deve compensar a caréncia de meios persoais, económicos e materiais en matéria de normalización linguística por parte dos entes locais, prefeituras, mancomunidades e xuntas veciñais. Neste sentido fai-se necesária a criazon do Servizo Linguístico Berciano (SLB) para apoiar e asesorar ao resto de administrazois nas actividades de promoción idiomática.

O Servizo Linguístico Berciano poderá organizar o ensino non regrado do galego, mediante cursos para o persoal administrativo e e de rexime laboral, mestros e demais. Igualmente o SLB impulsionará o uso das novas tecnoloxas da información en galego entre toda a cidadania (elaboración bilingüe de páxinas dixitais municipais, bandos, ordens...).

FUNDAMENTACIÓN DO APARTADO QUARTO DA EMENDA.

A recuperación da toponimia en língua galega, nas suas formas da variedade territorial própria do Bierzo ocidental, é fundamental. Como o galego ten un claro carácter histórico, tradicional e territorial no Bierzo ocidental, e tem que ser a única língua de sua toponimia. Asim deveron ser recoñecidos os seus orotopónimos (relevo), litotopónimos (formazois pétreas), hidrotopónimos (rios), zootopónimos (animais), fitotopónimos (vexetais), agrotopónimos (formazois agrogandeiras), odotopónimos (espaços viarios) antrotopónimos (nomes de persoas), etcétera.

Por Decreto da Junta de Castela e León delegou-se no Consello Comarcal a matéria de nome e capitalidad de municípios. Também a recuperación toponímica, na variedad linguística galego-berciana, deve ser función do Servizo Linguístico Berciano, para iso ten que contar co apoio da Comisión Toponímica de Galícia e de outros centros de investigación públicos (Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega e universidades).

FUNDAMENTACIÓN DO APARTADO QUINTO DA EMENDA.

O Consello Comarcal non pode levar a cabo o labor de promoción linguística sen o apoio de instituizois da Comunidade Autónoma de Galícia. Xá se asinaram protocolos de colaboración, entre a Xunta de Galícia e a Junta de Castela e León, caso do programa de ensino da língua galega. Convén que se negocien novos convénios, neste caso coa participación acrescentada do Consello Comarcal, para o desenvolvimento de programas de ensino non regrado do galego, asesoramiento ao Servizo Linguístico Berciano, aceso às novas tecnoloxias da información, cobertura da televisión e rádios digitais de Galiza, doazon de libros a bibliotecas municipais e escolares, pesquisa histórica e filolóxca, programación musical e teatral, promoción turística de espazos naturais comuns (Serra dos Ancares, do Courel e da Lastra, Camiño de Santiago e de Inverno, Via Nova romana, ribeira do Sil, etcétera.

Ponferrada, agosto de 2010.

Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

Xabier Lago Mestre, presidente ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver )

www.obierzoceibe.blogspot.com

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2012 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5