Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 560727
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Pedimento ao Parlamento Galego PDF Correo-e
Xoves, 15 de Xuño do 2006
PEDIMENTO AO PARLAMENTO GALEGO DE RESOLUCIÓN A PROL DO GALEGO
NO ESTATUTO DE CASTELA E LEÓN.

A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo, diríxese aos partidos políticos da Comunidade Autónoma de Galicia para que aproben unha Resolución do Parlamento Galego a prol da declaración de oficialidade da lingua galega no Estatuto de Autonomía de Castela e León. Lembramos que a Lei galega 3/1983 , de 15 de xuño, de Normalización Lingüística, no seu artigo 21, recoñoce “protexe-la lingua galega falada en territorios lindeiros coa Comunidade Autónoma”. Non cabe dúbida que esta Lei autonómica fai unha implícita mención aos 4 territorios de Navia-Eo, O Bierzo, As Portelas da Seabra zamorá e Val do Ellas cacereño, polos seus vincallos histórico, cultural e lingüístico con Galiza.

Fala Ceibe indica que o actual proceso de reforma do Estatuto de Autonomía de Castilla e León supón unha axeitada coxuntura política para que o Parlamento Galego manifeste o seu inequívoco apoio á protección do galego periférico de O Bierzo e As Portelas. Non hai mellor forma de protexer o idioma propio destes dous territorios que a través da declaración de oficialidade do galego no propio Estatuto de Autonomía de Castela e León. O Parlamento Galego non pode pasar por alto esta oportunidade histórica de reclamar un maior recoñecemento legal para coa lingua minoritaria destes territorios galego-falantes ante as propias Cortes de Castela e León .

Fala Ceibe insta ao Parlamento Galego a participar activamente no debate político sobre a reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León, pois está en xogo o mantemento futuro desta lingua minoritaria nesta Comunidade Autónoma. Resulta básico para consolidar a protección do idioma galego de O Bierzo e As Portelas sanabresas aumentar o actual recoñecemento estatutario (“gozarán de respeto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen”, artigo 4.2 do Estatuto de Autonomía de Castela e León de 1999), e isto só o podemos conseguir mediante a necesaria declaración expresa de oficialidade desta lingua. Co recoñecemento de oficialidade para co galego se poderá principiar o proceso de normalización lingüística en eidos tales como: ensino, administraciois locais, toponimia, medios de comunicación e demais.

Fala Ceibe trae a colación a actual proposta de recoñecemento de oficialidade do castelán na reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León, para demandar a mesma declaración do idioma galego. Só desta forma se evitará discriminar de novo aos falantes do galego, lingua minoritaria desta Comunidade Autónoma, pois precisa de maior protección legal para conseguir a súa normalización co debido apoio político e institucional. O Parlamento Galego debe amosar a axeitada conciencia solidaria ante esta problemática lingüística que pode devenir en discriminatoria para os falantes galegos de Castela e León, de non acadarse o necesario recoñecemento de oficialidade para o idioma galego no Estatuto de Autonomía desta Comunidade Autónoma.

Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo

Diario de Leon 

Portal Galego da Língua (PGL) 

Vieiros 

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
No Fórum do Sil
Google
AGAL
Sindicación
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5