Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1409705
Visitantes
Temos 3 convidados conectados


10 anos do galego no curriculo escolar berziano PDF Correo-e
Venres, 30 de Decembro do 2011

O PROGRAMA PARA A PROMOMOCIÓN DO IDIOMA GALEGO CUMPRE DEZ ANOS,

Polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

 

O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo dirixe-se aos meios e à opinion pública em xeral para informar sobre o ensino do galego. Neste curso 2011-2012 que acaba de comezar cumprem-se dez anos desde a implantazon do Programa para a Promoción do Idioma Galego. Ao longo destes anos produziu-se um notábel acrescemento do número de alunos matriculados em dito Programa na maioria dos centros educativos de secundária que o dam (IES Pai Sarmiento de Villafranca, IES Bergidum Flavium de Cacabelos, IES Europa de Ponferrada e IES Virxe da Aziñeira de Ponferrada), o que demonstra un crescente interese de pais e alunos por este Programa. Con tudo, este incremento vê-se ensombrecido pelo notábel descenso e até auséncia de alunado no primeiro ciclo da E.S.o no IES de Vilafranca.

AS DEMANDAS SOBRE O ENSINO DO GALEGO CONTINUAN.

Diferentes associacions para a defesa do galego no Bierzo fixeram-se eco durante o curso pasado de queixas feitas por pais de alunos nas que se responsabilizaba a membros de equipas diretivos de diferentes centros de ensino no Bierzo de desaconsellarem a eleizon do Programa para a Promoción do Idioma Galego aos alunos, e, asim mesmo, solicitaram que se pesquisasem estas queixas, ben como seu relacionamento com o descenso de alunado en Vilafranca. À vista de que a matrícula no primeiro ciclo da E.S.o do IES de Vilafranca continua sendo significativamente mais baixa que no resto dos centros educativos de secundária, seria necesária que a Junta de Castilla y León pesquisase as causas reais polas que se produz este feito e tomase, de ser necesário, as medidas oportunas para garantir o desenvolvimento do Programa para a Promoción do Idioma Galego con total normalidade.

SUCESO DAS PROBAS OFICIAIS DE GALEGO NO BIERZO.

 

Mencionar tamén que en juño pasado teve local pela primeira vez em Ponferrada as probas libres para a obtención dos Certificados de Língua Galega (Celga), concedidos pela Xunta de Galicia. Alunos pertencentes ao Programa para a Promoción do Idioma Galego de vários IES do Bierzo que se incorporaran tardiamente ao mesmo, se apresentaram a estas probas obtendo resultados positivos na maioria dos casos, non só nos níveis 2 e 3, se non que inclusive as provas do nível Celga 4 foran superadas com suceso por alunos do IES de Villafranca, o que, umha vez mais, demonstra a utilidade do Programa para a Promoción do Idioma Galego.

O IDIOMA GALEGO ABRE AS PORTASDE TRABALLOS.

Todos sabemos das dificuldades para encontrar traballo por mor da crise ecoómica. Convém ter em conta que a aprendizaxe da língua galega pode nos facilitar umha saída de emprego. Referimo-nos a que posuir a titulación de galego facilita tanto o emprego público (Xunta de Galiza, Sergas, Xustiza, concellos...) como privado (xornalismo, hotelaria, comércio?). Recordamos que ter a titulación de galego Celga exime da prova de idioma nas oposicións. Ademais, sempre será mellor emigrar en procura de emprego à próxima Galiza que não ter que o fazer a centos de quilómetros, en afastadas cidades españolas ou ao estranxeiro.

Teñamos tamén presente que a cada curso son muitos os estudantes berzianos que se dirixem às universidades galegas, em cualquer de seus 7 campus (Santiago, A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo). Estes estudantes sempre estaran mellor preparados se coñeceren o galego que se utiliza com normalidade nas citadas universidades. Por último, comentar que o galego facilita a posterior aprendizaxe do portugués, idioma internacional utilizado tanto no estado viciño luso como nas instituicións da União Europeia e internacionaios. Daí seu valor no currículum vitae de cualquer demandante de emprego.


O Bierzo, decembro de 2011.

Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2012 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5