Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 555819
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


O galego Proibido de Lubian PDF Correo-e
Mércores, 21 de Xuño do 2006

A Mesa agasalla unha caixa de DVDs e banda deseñada aos escolares de Lubián e exíxelle á Junta de Castilla y León que finalice a 'intolerábel prohibición' do galego

A Junta de Castilla y León avala a prohibición de falar galego na escola de Lubián

No 2002, un neno e unha nena recibiron o castigo no colexio de escribir 200 veces “No hablaré gallego en clase”

Na escola de Lubián, concello galego-falante pertencente á provincia de Zamora, os nenos e as nenas teñen prohibido falar galego. A situación non é nova, pois xa no ano 2002 unhas familias denunciaran aos medios de comunicación que un neno e unha nena recibiran o castigo por parte do profesor de escribir duascentas veces “No hablaré gallego en clase”.


Na actualidade, a prohibición de utilizar o galego continúa e é xustificada como unha “medida pedagóxica” por parte do director do centro. A Mesa considera “aberrante” que un profesor poida considerar pedagóxico “minusvalorar e prohibir a lingua propia”, pois “ademais de antipedagóxico, supón unha vulneración de dereitos fundamentais”.

O pasado 6 de xuño, o procurador (deputado) do PSOE Felipe Lubián preguntoulle ao Goberno da súa comunidade autónoma por esta situación. Nese Pleno de las Cortes de Castilla y León, o Consejero de Educación avalou e defendeu a prohibición do uso do galego: “En la escuela se habla castellano y el gallego se habla fuera o en los recreos”.

O Presidente da Mesa, Carlos Callón, dirixiuse por carta ao Presidente da Junta de Castilla y León, Juan Vicente Herrera Campo, e ao Consejero de Educación, Francisco Javier Álvarez Guisasola, para lles reclamar que “finalice esta intolerábel prohibición do galego” e se cumpra o artigo 4.2 do Estatuto desta comunidade que di: “Gozarán de respecto e protección a lingua galega e as modalidades lingüísticas nos lugares en que habitualmente se utilicen”. Ademais, Callón lembra que esta interdición supón ir “contra dereitos humanos elementais, recoñecidos en tratados internacionais subscritos polo Estado español”.

A Mesa vai agasallar unha caixa con DVDs, banda deseñada, camisetas, etc, a cada neno e nena de Lubián, para que coñezan diversas producións culturais que se realizan en galego e para que se “sintan orgullosos da lingua que lles prohiben falar”.

 Fala Ceive, vai denunciar o caso e mostrar toda a sua solidariedade, neste caso quemostra cal é o tratamento que as autoridades de Castela e León lle dan aos direitos linguísticos das persoas daqueles terriotórios onde a língua galega é a nosa fala

 

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
No Fórum do Sil
Google
AGAL
Sindicación
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5