Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1096485
Visitantes
Temos 11 convidados conectados


15 anos do Consello Comarcal do Bierzo. Festa rachada PDF Correo-e
Venres, 23 de Xuño do 2006
O sábado 24, é a festa do Consello Comarcal do Bierzo

O Consello Comarcal do Bierzo cumpre 15 anos e celebra-o con unha festa. Os actos comezan as 10:30 horas nos salois do Ponferrada Park.

É muito o que debemos festexar pola existéncia deste Consello comarcal, e pola pronta incoporación ao mesmo de Palacios de Sil, e pola non mui lonxana incorporación de La Baña e Castrillo de Cabreira.

Alén diso, debemos reclamar que o Bierzo teña un tratamento específico no novo estatuto de Castela e León, que estexa no estatuto novo co relevo que corresponde, que as competéncias do Consello Comarcal teñan polo menos o alcance das do Consello do Val de Aran na Cataluña, e que a língua galega como língua própria do Bierzo, asi como de outras zonas da nosa Comunidade Autónoma (As Portelas) teña o debido recoñecemento. Pois os direitos linguísticos, son direitos básicos das pesoas, e ten que ser debidamente recoñecidos seguindo as recomendaciois para a nosa comunidade do Consello da Europa.

Os Ceives imos participar na festa, que é alegria de todos os berzianos de boa vontade e corazón xeneroso, e imos lembrar que non se pode construir un futuro contra os direitos da xente, do povo galegófono do Bierzo.

Parabens ao Consello Comarcal por estes quince anos, con todo o noso corazón.

Fala Ceive

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2010 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5