Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 605145
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


O GALEGO HISTÓRICO DO BIERZO ( I ) PDF Correo-e
Sábado, 19 de Agosto do 2006

O GALEGO HISTÓRICO DO BIERZO ( I ),

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive.

A presenza do galego no Bierzo está constatada desde a Idade Media. Na documentación conservada dos mosteiros bercianos de Sta. Mª de Carracedo, Santo Andrés de Espiñareda, Sta. Mª de Crunego e San Francisco de Vilafranca atopamos multitude de referencias escritas en galego. Os ditos cenobios e os outros máis galegos (Samos, Celanova, Meira ou Sobrado) que tamén tiveron intereses territoriais no Bierzo, utilizaron con total normalidade esta lingua autóctona e propria na súa actividade administrativa, tanto interna como externa. A pesar disto, salientamos que a meirande parte das relaciois sociais, agropecuarias e comerciais en xeral foron ágrafas, xa que a poboación labrega só usaba o galego oral, porque descoñecía a súa codificación escrita, polo que carecemos da correspondente constancia documental.


A documentación monástica ofrece unha variada información que pasamos a analizar. A diversidade lingüística constátase no uso dos dous idiomas territoriais do Bierzo, o galego e o leonés, ademais do latín que, a pesar do seu carácter relixioso e internacional (nas relaciois internas da Igrexa e co Papado), perde importancia local ante o xeneralizado protagonismo das ditas linguas romances, mentres que o castelao gaña progresiva presenza na escrita baixo o abeiro das instituciois da Coroa (caso dos privilexios reais outorgados aos cenobios). Pola outra banda, a tipoloxía documental abrangue trocos de terras, foros enfitéuticos, testamentos, cartas de poboamento, arrendos, doazois, vendas e demais. Toda esta documentación sérvenos para coñecermos mellor a cultura galego-berciana a través de aspectos tales como a toponimia, a relixiosidade, a ordenación agropecuaria (coutos, quiñones, searas, bouzas, viñas, casais, etc), a organización territorial (parroquias, concellos, vilas, lugares, tenencias, etc), sistema de medidas (moios, ferrados...), e demais.

A fin do século XV prodúcese unha serie de acontecementos condicionan a futura relación entre as diferentes linguas romances do Bierzo. A derrota do Conde de Lemos ante o exército dos Reis Católicos supón a perda das súas posesiois territoriais nesta rexión. A Coroa merca Ponferrada, establece nela o corriximento da vila e da Provincia do Bierzo, separando o que até daquela era território da Galiza, o que facilita a chegada de oficiais de Castela. A isto engádese o establecemento da nobreza aliada da Coroa (Os Pimentel e os Alba no marquesado de Vilafranca). A reforma monástica dos cenobios bercianos, dirixida dende Valladolid, determinou a castelanización da documentación interna. Neste sentido as Cortes de Toledo de 1480 fixaron a obriga de uso do idioma castelao polos escribaos, feito que significou o abandono definitivo do galego por parte destes oficiais. Dende entón esta lingua do Bierzo deixou de ter manifestaciois escritas en calquera documentación pública ou privada. Pero isto non significou a desaparición deste idioma porque o galego oral seguiu moi vivo e xeneralizado no seo da poboación durante os séculos posteriores. Mediante a transmisión interxeracional conservamos lendas históricas como a que relata a toma romana de Monte Medulio, romance en galego, orixinario do século XIII, publicado en 1892, que comeza "Do foron homes, fillas e peculio? Intra nostras covas de Monte Medulio (...)". Os propios peregrinos que atravesaron O Bierzo recoñeceron a presenza do galego, caso do coengo Bernardo de Aldrete (s. XVII), "los mas políticos hablan bien el castellano pero los no tanto i mugeres el leonés que tira al gallego; verdad es que la vecindad i los muchos que passan de Galicia son causa desto".




 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
No Fórum do Sil
Google
AGAL
Sindicación
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5