Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1086146
Visitantes
Temos 36 convidados conectados


Petizon de axuda a todos os amigos e amigas PDF Correo-e
Luns, 18 de Setembro do 2006

PEDIMENTO DE AXUDA PARA UN MAIOR RECOÑECEMENTO ESTATUTARIO DO GALEGO. 

Contamos convosco e as vosas colaboraciois 

A Asociación cultural Fala Ceibe, diríxese á cidadanía d'O Bierzo e da Galiza en pedimento de axuda para demandar ante as Cortes de Castela e León unha maior protección da lingua galega na reforma do Estatuto de Autonomía desta Comunidade Autónoma. Pretendemos máis recoñemento legal para o galego de O Bierzo e da Alta Seabra que permita a necesaria normalización lingüística, que debe acompañar o recoñecemento de un direito básico constitucional, como son os direitos linguísticos, nestes dous territorios. Neste sentido a declaración de oficialidade do galego debe ter lugar no devandito Estatuto de Autonomía, o cal permitiría o uso administrativo deste idioma nas instituciois públicas. Ademáis é lexítimo e xusto que todas as comunidades galego-falantes do noroeste peninsular (Galiza, Navia-Eo, O Bierzo e A Alta Seabra) teñan recoñecidos iguais dereitos lingüísticos, para salvar as discriminaciois que sofren os habitantes dos tres territorios estremeiros con idioma galego sen declaración de oficialidade.    

Fala Ceibe lembra que xa a presión social e política tivo os seus resultados positivos en 1998, cando se conseguiu a inclusión da lingua galega no actual Estatuto de Autonomía de Castela e León, que quedou recollida da seguinte forma: “Gozarán de respeto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen” (artículo 4.2). Agora temos que esixir unha redacción alternativa que mellore a protección do galego cun novo artículo, e rercoñecendo a língua galega como patrimonio orixinal e próprio da nosa Comunidade Autónoma.

Esta actual conxuntura política de reforma estatutaria debe ser aproveitada pola cidadanía para participar activamente, mediante a oferta de propostas favorables ao recoñecemento de máis dereitos, caso dos lingüísticos. Estamos ante unha oportunidade histórica para conseguir unha maior protección legal do idioma galego que precisa da mobilización social e política. E isto é así porque cremos firmemente que no fundo deste debate político está en xogo a propia existencia futura do galego, tanto no Bierzo coma na Alta Seabra.

Fala Ceibe anima de novo á cidadanía de O Bierzo e, tamén a do resto de territorios onde a língua e propria, como a Galiza ou o Eo-Návia e ás súas instituciois (Parlamento, Xunta, Consello da Cultura Galega, universidades, fundacióis cukturais, aos partidos políticos, os sindicatos, as asociacióis (culturais, mocidade...), os medios de comunicación e demais para que remesen as súas cartas e declaraciois oficiais á Comisión de reforma do Estatuto de Autonomía, das Cortes de Castela e León, en demanda dunha maior protección legal para a lingua galega de O Bierzo e da Alta Seabra. Os escritos dirixiranse a: Comisión de reforma del Estatuto de Autonomía, Cortes de Castilla y León, 47194 Fuensaldaña. A ditas cartas deberán chegar ao seu destino antes do 29 de novembro de 2006, data en que se aprobará definitivamente o Estatuto polo pleno das Cortes de Castela e León. ¡Grazas a todos e todas pola vosa axuda solidaria!.

 Tamén podedes remitir modelos e proposta de escritos e cartas, que achedes de interese, a http://ciberirmandade.org/falaceive para procedermos a difundilas e a invitar a xente a se somar nelas.

Ponferrada, setembro de 2006.
Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo
http://obierzoceibe.blogspot.com        

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2010 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5