Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1086168
Visitantes
Temos 58 convidados conectados


O galego na história d'o Bierzo e a sua importáncia PDF Correo-e
Venres, 13 de Outubro do 2006

IMPORTANCIA DO GALEGO D'O BIERZO NA HISTORIA

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Constátase a existencia do idioma galego n'O Bierzo dende Idade Media. Os nosos mosteiros posúen parte da súa documentación medieval en galego. Tamén conservamos nesta lingua o foro dado a Vilafranca do Bierzo pola Coroa. Estes exemplos demostran a importancia do galego medieval, así como o seu carácter histórico e institucional. A presenza deste idioma con codificación escrita indica que compartía o carácter “oficial” co latín. O uso institucional do galego implicaba efectos xurídicos derivados da regulación de todo tipo de relaciois (compra-vendas, doaciois, foros enfitéuticos, testamentos, arrendamentos e demais) contidas na dita documentación.



Dende fins do século XV a relación entre as linguas castelá e galega d'O Bierzo vese alterada por un maior pulo institucional da primeira. Neste contexto incluímos a reforma monástica (control dende Valladolid, abades foráneos...), establecemento da nobreza castelá no marquesado de Vilafranca (casos de Pimentel e Alba), a expulsión da nobreza galega (condes de Lemos), a chegada de oficiais reais (corrixidores de Ponferrada, soldados, recadadores, etc), a obriga de exame de castelao para os escribáns (Cortes de Toledo, 1480), etcétera. Esta conxuntura procastelanista favorece a perda do uso institucional e mailo escrito do galego e, polo tanto, do seu carácter oficial, pero non así a nivel social, en onde as clases populares continúan empregándolo con plena vixencia de xeito oral.

Nos séculos seguintes o carácter oficial e institucional do castelao determina a inexistencia do galego escrito. Sen embargo teimamos en que pervive o maioritario uso social do galego oral en determinados eidos idiomáticos (veciñal, máxico-relixioso, rural-agrario, comercio feiral, etc). A utilización institucional do galego queda restrinxido secularmente ao dereito consuetudinario (administración de concellos, organización comunal, ordenación territorial, actividades agropecuarias, etc), e isto ten lugar malia a esixencia de editar as ordenanzas concellís en castelao.
Pola otra banda, as tradiciois participan máis intensamente da cultura e a lingua galegas, caso de Os maios, Os antroidos, Os magostos, As fogueiras de S. Xoán, As matanzas y demás. O mesmo acontece coa variada literatura oral (lendas, contos, ditos...), a relixiosidade máxica (responsos, meigallos...), as canciois populares, etcétera onde prima a presenza do idioma galego.

Nos séculos XVIII e XIX prodúcese un interese intelectual respecto ao valor cultural da lingua galega n'O Bierzo. O monxe bieito Martín Sarmiento comparte coa época ilustrada a súa pescuda polos estudos sobre o galego (filoloxía, pedagoxía...). Posteriormente as ideoloxías romántica e rexionalista inflúen na recuperación parcial do galego escrito a través da literatura culta (A. Fernández y Morales, Francisco del Llano y Ovalle, etc). A fins do século XX prodúcese o verdadeiro rexurdimento do galego n'O Bierzo, coa toma de conciencia social progresiva, en relación coa protección e a promoción desta lingua que favorece a mobilización polo recoñecemento dos dereitos lingüísticos (ensino, administraciois públicas, toponimia, medios de comunicación...). O estabelecemento do Estado de Dereito e a consolidación das comunidades autónomas permite un contexto político impulsor da recuperación das linguas minorizadas de España polas instituciois.

http://obierzoceibe.blogspot.com

http://www.ciberirmandade.org/falaceive

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2010 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5