II ESCOLA DE FORMACIÓN PERMANENTE FERMÍN PENZOLcelebrara-se nas localidades de Cacabelos e Vilafranca Os dias 27, 28 e 29 de outubro de 2006 Por segundo ano, a Universidade de Vigo, coa colaboración da Fundación Penzol (Fermín Penzol foi un galeguista berziano fondamente comprometido coa sua cultura), a Asociación Xarmenta, os concellos de Cacabelos e Vilafranca, o Consello Comarcal do Bierzo, e a Universidade de León, asi como destacados persoeiros de outros territórios da Faixa Leste, como o Eu-Návia, Portelas etc. organizan esta actividade formativa cheia de interese.
Este ano a xornada vai estar centrada dun xeito especial en homenaxear ao grande poeta berziano Fernandez Morales, e en tratar cuestións a ver coa cultura galega e a reforma en andamento do Estatuto da nosa Comunidade autónoma de Castela e León. Fala Ceive, participará na mesa redonda onde se van a expor os problemas das diversas línguas na Comunidade Autónoma de Castela e león
Outra vez, vai ser a ocasión para que muitos mozos e mozas berzianas, que aspiramos a garantir à nosa língua e cultura, o futuro que corresponde e nos pertence, podamos aprofundar en aspeitos da nosa história e cultura, que se nos tenta negar e ocultar
PROGRAMADía 27 de outubro. Local: Teatro Faba (Cacabelos) 16:00 h. Entrega de documentación 16:30 h. Inauguración oficial da II Escola Fermín Penzol: Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universiodade de Vigo Director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo Alcalde de Cacabelos Alcalde de Vilafranca Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta Conselleira de Cultura do Consello Comarcal do Bierzo 17:00 h. ANXO ANGUEIRA VITURRO Poeta, narrador e profesor da Universidade de Vigo “A excepcional obra poética do cacabelense Antonio Fernández Morales” Apresenta Carme López, profesora de língua galega en Ponferrada. 18:30 h. JOSÉ ANTONIO BALBOA DE PAZ Historiador, profesor e membro do Instituto de Estudos Bercianos “Provincialismo e rexionalismo no Bierzo” Apresenta Xosé Álvarez, profesor de língua galega en Vilafranca do Bierzo. 19:00 h. JOSÉ MARÍA SANROMÁN Xeógrafo, profesor da Universidade de León e do IES Martaguisela (Valdeorras) “As interrelacións entre O Bierzo e Valdeorras” Apresenta Rafael Adán, profesor de língua galega no Barco de Valdeorras. 19:30 h. local: Teatro Vagalume (Carracedelo): “Tres pezas breves”. Día 28 de outubro local: Teatro Vilafranquino (Vilafranca do Bierzo) 9:30 h. MARISA CELA (Escola de Gaitas de Vilafranca): A música tradicional no Bierzo e nas Portelas. Apresenta Anxo Angueira 10:00 h. PAULO NOGUEIRA (Treixadura) e MAGOIA BODEGA (ex-Muxicas): Didáctica da música popular na escola. Apresenta Manuel Mañá. 10:30 h. DAVID GONZÁLEZ (Escola de Gaitas “El Acebro” da Caridá, Eo-Navia) A música tradicional no Eo-Navia. Apresenta Héctor Silveiro. 11:00 h. PABLO CARPINTERO A dignificación e modernización da música popular galega. Apresenta Ana Regueira. 11:45 h. MESA REDONDA: PRESENTE E FUTURO DAS LINGUAS DE CASTELA-LEÓN. Modera: Gaspar Méndez. Héctor García Xil. Profesor da Universidade de León especialista en asturleonés. Ricardo González Saavedra, presidente do Consello Comarcal do Bierzo. Felipe Lubián, procurador nas cortes de Castela-León. Xabier Lago, presidente de Fala Ceibe. Manuel Mañá, presidente de Xarmenta 13:00 Homenaxe ao poeta Antonio Fernández Morales no cemiterio de Cacabelos. Coordena a asociación Xarmenta. 16:00. FRANCISCO FERNÁNDEZ REI Académico da RAG, catedrático da Universidade Compostelá e membro do ILG. “25 anos de reivindicación lingüística e cultural no Bierzo”. Apresenta: Héctor Silveiro, académico correspondente da RAG no Bierzo. 17:00. Clausura e conclusións da II Escola Fermín Penzol. 17:30. Gaiteiros eonaviegos. 18:00. Teatro Migallas: “O cantante e as mulleres”. 21:00 h. Magosto da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo. Domingo 29 de outubro de 2006: Excursión cultural. 10:00: Visita guiada ás Medulas 14:00 . V ª edición do “Banquete de Cacabelos” Organización e inscrición: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo Matrícula: Universitarios 10 €, estudantes de bacharelato 5 €, público en xeral 20 €. Nota: no prezo da inscrición vai incluído o magosto do sábado e a visita ás Médulas. O xantar do domingo non está incluído |