Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1400650
Visitantes
Temos 12 convidados conectados


O Recoñecemento Institucional d'O Bierzo PDF Correo-e
Domingo, 26 de Novembro do 2006

O RECOÑECEMENTO INSTITUCIONAL DO BIERZO

Por Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Cultural Fala Ceive do Berzo

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

No proxecto de Estatuto de Autonomía de Castela e León, en trámite no Parlamento autonómico, recoñecese no seu Preámbulo “la pluralidad y singularidad de sus territorios, entre los que se encuentran realidades como la Comarca de El Bierzo con una prolongada trayectoria institucional (...)”.  Xa que logo resulta mui oportuno facer esta distinción especial para este peculiar territorio periférico, non só polo seu devir institucional senon tamén pola variada caracterización xeográfica, histórica, xeo-funcional, socio-política, cultural e lingüística. Porén, nesta ocasión analisamos somente a especificidade institucional. Non imos facer referencia as vellas instituiciois medievais como o condado, a tenencia ou merindade d’O Bierzo; centrarmonos imos no  seguimento da provincia d’O Bierzo.

A suba ao trono de Isabel a Católica, frente a lexítima herdeira Juana, levou ao non recoñecemento de Isabel por Galiza, e a proclamación como rei da Galiza de Afonso V de Portugal, que a sua vez tiña títulos lexítimos para o reino.  En 1479 producese a trascendental batalla de Toro, onde as tropas galegas e portuguesas son derrotadas, consolidándose Isabel na pose da Coroa de vários reinos, entre eles Galiza ao que lle retira a representación directa nas Cortes e da início, en palabras de Zurita “a la doma y castración del reino de Galicia”. O Bierzo como Galiza toda afirmouse do lado da lexítima herdeira da coroa, Joana.

Nesa altura dábase a desputa pola sucesión do Condado de Lemos, ao cual pertencía a mais grande parte d’O Bierzo; o pretendente ao mesmo, Rodrigo, estivera na postura que afirmaba a non lexitimidade de Isabel para levar a coroa dos reinos, e isso dará lugar a que Isabel (e Fernando) o consideraran rebelde, e nas razias das tropas castellanas sobre Galiza (e O Bierzo) dos anos, 1480, 81 e 82, este desafecto foi derrotado.

Na sua política de centralización e de banimento da poderosa aristocracia galega, criaron o marquesado de Vilafranca e converteron Ponferrada en cidade realenga (1486).

Na nova vila realenga de Ponferrada foi estabelecido o Corrixidor. Na documentación da época o cargo aparece vinculado à provincia d’O Bierzo. A título de exemplo temos a carta de separación dos xudeus (1488), ”a Juan de Torres, nuestro alcayde e corregidor de la villa de Ponferrada con la provincia del Bierzo (...)

O corrixidor de Ponferrada, como autoridade real con competencias na dita provincia, entraba en conflito coa xurisdición dos oficiais señoriais. De aí que estes desde Ponferrada reclamasen extender o seu ámbito de actuación aos ditos señoríos, “junte las dichas abadías y lugares con la jurisdicción de Ponferrada en lo civil y criminal o a lo menos en lo criminal (...) porque esta tierra de Galicia es aparejada para ello más que otra” (1509).

O corrixidor podía intervir de maneira extraordinaria, mediante actuación en comisión real, nos conflitos señoriais d’O Bierzo ou de fora dele, como aconteceu no preito entre o Consello Geral de Llaciana e o conde de Luna (1570).

Os corrixidores de Ponferrada e da provincia d’O Bierzo tiveron tamén numerosos conflitos co “adelantamiento” de León. Neste senso, no 1567 reclamaba que a xustiza dos alcaides mores da audiencia leonesa recaíse no corrixidor de Ponferrada porque “no puede haber justicia de los negocios que ofrecen en El Bierzo por estar lejos de donde suele residir la audiencia y que más conviene que se el cometan los negocios de aquella provincia a el corregidor de Ponferrada que la quiten a el adelantamiento de León (...)”.

Cuando en 1597 fixanse os limites do adelantamiento de León incluense neles a provincia d’O Bierzo, “este fito de piedra tiene cruz en una lado y divide los reinos de León y Galicia, y de allí baja por los fines de la provincia del Bierzo que queda en el distrito deste adelantamiento[i] (...)” Mas ha que resaltar que os territorios dependentes do corrixidor de Ponferrada estaban fora da xurisdición do adelantamiento de León, pois éste só era competente sobre os señoríos.

Durante a Idade Moderna a cidade de León tiña o privilegio da representación nas Cortes de Castilla de tres distritos, a saber, o principado das Astúrias, os partidos de León e de Ponferrada.  Nos sucesivos repartimentos dos servizos aparece a contabilidade fiscal das tres zonas claramente separada. Posteriormente, no repartimento menor especificábase o que correspondía pagar a cada vila e lugar, sendo Ponferrada 0 núcleo receitor das rendas reais da provincia d’O Bierzo. Co que se pode falar da existencia de certa “autonomía fiscal” da provincia no nivel da distribución impositiva e da recadación.

Na documentación histórica aparecen constantes menciois à provincia d’O Bierzo, “Justicia y Regimiento de la Merindad de la Somoza de San Cosmed(e), en la provincia del Bierzo, Reino de León” (1695). O mesmo acontez nas Respostas do Catastro de Ensenada (mediados do século XVIII), dadas polas aldeias, “(...) así es conocido en esta provincia del Bierzo” (Boeza). O coñecido mapa dol partido de Ponferrada, dol xeógrafo Tomás López, indica “que suelen llamar regularmente Provincia del Vierzo” (1786). A relación de cargos do corrixidor de Ponferrada, en 1814, inclue “(...) de esta Villa de Ponferrada y su Provincia del Vierzo.

A existencia da provincia d’O Bierzo, durante o Antigo Rexime, foi un firme antecedente que favoreceu  a criazón dala provincia de Vilafranca, mediante o Decreto de 27 de Xaneiro de 1822. Porém o próprio centralismo liberal do ministro isabelino Javier de Burgos, levoulle a suprimir definitivamente a provincia d’O Bierzo escasos anos depois.

Nembargantes isto, a forte tradizón provincialista dos berzianos estimulou as continuas demandas ante as Cortes a favor da recuperación da secular instituición. Tamén ha que destacar os numerosos proxectos provincialistas para España que incluiron a criazón da provincia d’O Bierzo (Madoz, Caballero, Mallada, etc), ademais de outras várias propostas rexionalistas que comprendían O Bierzo na Galiza (Picavea, Cereceda, etc).

Finalizamos decindo que esta peculiar dinámica institucional d’O Bierzo na historia representouó un claro recoñecemento de sua especificidade territorial. E tras a constatación da secular tradizón provincialista, resulta escasa a actual concesión legal dun simples ente comarcal. Por iso a comentada mención d’Ol Bierzo, no Preámbulo do proxecto de Estatuto de Autonomía de Castela e León, debería ser o punto de partida para un recoñecemento mais acaido, mediante un artígo proprio no Título III dala Organización Territorial, referido expresamente à “entidade territorial singular” d’O Bierzo e o seu órgao de governo, o Consello geral.

Ponferrada, novembro de 2006.

http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.falaceibe.tk
http://bergidense.blogspot.com



[i]  Esta é alguha outra medida do reinado de Filipe II, está na base histórica da incorporación d’O Bierzo desde o reino da Galiza ao reino de León.

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2012 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5