A ASOCIACIÓN BERZIANA XARMENTA, IRMÃ DE FALA CEIVE, ACORDOU OS SUS PREMIADOS 2006Nesta segunda edizón dos premios da asociación Xarmenta do Berzo, fixéronse públicos os galardoados na cuarta 13 de Decembro no Hotel AC de Ponferrada polo xuri integrado pr: O presidente e secretario da Asociación Xarmenta, o Consello Comarcal do Bierzo, institución premiada na primeira edición, o Concello de Cacabelos, o Concello da Ponte de Domingos Flórez, a Comisión Cultural Martín Sarmiento, e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Este premio entrégase cada ano a unha persoa e unha institución para recoñecer o seu compromiso co galego no Berzo.
A institución premiada este ano foi a Real Academia Galega RAG, en plena celebración do seu centenario, e entre os méritos salientábeis están: que a RAG recoñeceu estatutariamente a relación entre o galego e o Berzo. No artigo 4 dos seus estatutos sinala, que o galego é "o idioma proprio da Galiza, así coma as súas variantes faladas nos territorios exteriores (Asturias, León e Zamora)". Ademais, no Día das Letras do 2002 escolleron ao vilafranquino Padre Sarmiento como homenaxeado, e no 2004 nomearon ao Berziano Hector Silvério académico correspondente da RAG no Berzo. Pola sua banda Fala Ceive, amosase esperanzada de que as suas suxestions e propostas à RAG, para que entre os futuros homenaxeados se conte con cultivadores das nosas letras ligados ao noso espazo xeográfico, e nese sentido estamos seguros que no ano 2008 o homenaxeado será o extraordinário poeta berziano Fernandez Morales. A pesoa premida do premio Xarmenta, foi o cantautor Amancio Prada escollido polo seu carácter de exportador da música en galego polo mundo. Dende o Berzo, espallou os poemas de Rosalía e outros autores musicados por el mesmo, recuperou cantigas medievais, como algunha de Martin Códax, e compuxo outras proprias. A gala de entrega de galardois terá lugar no ponferradino Teatro Bérgidum a cuarta 24 de xaneiro de 2007. Nela escoitarase a música da cantante galega Uxía Senlle , o grupo leonés de música sefardí Sirma, o quitento folk leonés Rapabestas , e o proprio Amancio Prada, ademais do grupo de teatro Vagalume. Os premios serán entregues pola Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, e o Director Xeral de Criazón e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura, Luís Bará, e representantes do Consello Comarcal do Berzo e da Junta de Castela e Léon. |