Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 572627
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Recuperemos os nomes certos PDF Correo-e
Luns, 05 de Febreiro do 2007

OS NOMES DOS CONCELLOS BERCIANOS,

Por Xabier Lago Mestre.

O ano 2007 comeza coa delegación da materia de alteración do nome e troco de capitalidade dos concellos por parte da Junta de Castela e León na Comarca d´O Bierzo. Resulta lóxico que o Consello comarcal berciano, no que están representados todos os concellos, asuma parte das funciois relacionadas coas administraciois locais da nosa rexión que ata agora son competencias das instituciois superiores. Baseamos esta demanda no achegamento entre as nosas administraciois (comarca, concellos e pedanías), o que permite un trato directo e unha máis estreita cooperación, e en que comparten o mesmo espazo territorial e poboación.

A importancia da xestión desta dita materia delegada deriva de que agora os bercianos poderemos fixar os nomes dos nosos concellos raxando cun pasado de imposiciois lingüísticas. N´O Bierzo existen varios idiomas proprios dende a Idade Media, ástur-leonés e galego. Sendo tamén certo que a lingua ástur-leonesa se asentaba secularmente no oriente da nosa rexión, mentres que o galego fai o mesmo no occidente. Estes dous idiomas muito íntimamente relacionados, a pesar da súa comentada vinculación territorial, foron obxecto de minorización continuada por mor da progresiva imposición política do castelao que foi a língua xunguida ao poder estatal frente as línguas propias que non posuían recoñecemento legal pois non eran tidas en conta polas instituciois.

 

 

Esta situación discriminatoria para os idiomas rexionais non sempre foi así. Como ben podemos constatar na documentación dos nosos mosteiros bercianos, o galego e mailo ástur-leonés tiveron un uso social e institucional normal durante a Idade Media. Por iso atopamos neses papeis antigos nomes de vilas e lugares como: Curillón, Valboa, S. Pedro de Devesas, Quilous, Toural, Teixeda, Canteyxeyra, Cobellos, A Veiga, Fabeiro, Vila de Paos, etc ou de comarcas: Valcarce, Cabreyra, Berizo, Aguiar, Fornela, Cornatelo, etc. Seguro que todos podemos identificar sen dificultade estas denominaciois con localizaciois actuais do noso mapa rexional d´O Bierzo. Estes nomes viven aínda na lingua galega e son comuns para muitos bercianos, e con outros moitos, os que forman parte da toponimia menor, denominaciois de montes (orónimos), de augas terrestres (hidrónimos), de persoas (antropónimos), de plantas (fitónimos), de animais (zoónimos) e demais, enriquecen o noso variado patrimonio lingüístico berciano.

Está claro que a lingua galega, tan presente no territorio occidental, ten dende logo carácter de propia d´O Bierzo porque forma parte esencial do patrimonio idiomático dos seus falantes hai séculos. Sen embargo, tamén houbo falta de valoración, cando non desprezo, cara ao galego pola banda das instituciois. Así o galego só tivo consideración de dialecto ou fala do pobo iletrado fronte ao idioma xeral ou nacional do Estado, o castelao. Manifestación desta discriminación lingüística foi a falta de recoñecemento legal do galego ata a recuperación da democracia co Estado de dereito. O galego, ao non ter valor xurídico, careceu de uso administrativo polas instituciois públicas.

Os funcionarios locais ou estatais aplicaron unha política lingüística uniformizadora na súa actuación a diario por obriga legal. Así por exemplo, se había que facer os nomenclátor, é dicir, as listaxes das diversas poboaciois d´O Bierzo (concellos, vilas, pedanías, barrios, lugares...) ou dos nomes das rúas e ruelas, pois adoptabanse progresivamente formas que semellaban mais acaidas ao castelao e con cada nova revisión aprofundabase niso ¿razois?. Primeira, porque os oficiais públicos descoñecían o galego (e o astur-leonés), e ademais a sua política era a de apagamento dos mesmos; o que se ignora non se valora nen recoñece como tal. Segunda, os nomes galegos carecían de significado axeitado para os funcionarios castelao-falantes, por iso procuraban denominaciois próximas ao castelao (por grafía ou fonética). E terceira, o galego non existía legalmente, ao non ser idioma oficial, polo tanto carecía de efectos xurídicos  no dereito público.

Hogano os bercianos temos a oportunidade de recuperar a denominación dos nosos concellos na lingua propia d´O Bierzo occidental (e oriental). Neste sentido hai que ter conta da Lei de Réxime Local de Castela e León que manda que "la denominación de los municipios habrá de ser en lengua castellana (...)" (artigo 24.1), ainda que este artigo en realidade non quer dicir muito, pois que son formas castellanas?, acaso Soria ou  Salamanca como outros muitos nomes de Castela son castelaos, en realidade o que dis o artigo citado é que se aceitan como formas castelás as consagradas pola tradizon administrativa, acaso Porto de Zamora e mais castellano que Vilafranca?. Logo esta imposición idiomática obriga a adoptar nomes bilingües para os concellos bercianos. Deste xeito tamén daremos cumprimento ao establecido pola Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias -ratificada polo Reino de España en 2001- que propón o "emprego ou a adopción e, en caso de que proceda, conxuntamente coa denominación nas linguas oficiais, das formas tradicionais e correctas dos topónimos nas linguas rexionais ou minoritarias" (artigo 10.2.g).
Desexamos que os políticos locais inicien axiña os procedementos administrativos para incorporar as denomicaciois dos concellos en galego-berciano ( Peranzais, A Veiga de Espiñareda, Fabeiro, Vilafranca, Cabanas Raras, A Veiga de Valcarce, A Ponte Domingo Flórez, Valboa, Barxas, Camponaraia, Viladecais e, Borreis) (e en astur-leonés). Esta tramitación legal debe compaxinarse cunha campaña informativa do Consello d´O Bierzo entre a poboación afectada, sobre as denominaciois bilingües dos concellos, a cal sen dúbida facilitará a concienciacion social favorable a esta pequena modificación idiomática.

Ponferrada, xaneiro de 2007.

http://obierzoceibe.blogspot.com

http://www.falaceibe.tk

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
No Fórum do Sil
Google
AGAL
Sindicación
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5