TEATRO EN GALEGO NO BIERZOO dia 14 de Fevereiro às 21:00 horas no teatro Bergidum poderemos ver a Mofa e Befa com a sua obra "SEMPRE LONXE", con Evaristo Calvo, Victor Mosqueira e Piti Sanz, dirigdos por Kiko Cadaval O espectáculo mais que recomendável, garante-nos passar uns momentos extraordinários com estes mágnificos actores, dirigidos polo fantástico Kiko Kadaval. (Dele foi um sucesso a sua experiência como director da academia de Operaçom Trunfo portuguesa. Tele % contactou comn ele para dirigir a Aacdemia da sua Operación Triunfo, ante a posssibilidade de nom continuar Kike Santander. É um mestre chei de genialidade e um mágnifico director de situações. O grupo Mofa e Befa, sempre engaiola ao público e com a sua obra "SEMPRE LONXE" leva por todo lado magníficas críticas dos média e muitíssimo éxcito alí onde se encenou, o público passa momento sorprendentes. Em Ponferrada imos passa-lo bem em muito grata companhia. A Obra encena-se em Ponferrada dentro do programa " Lenguas a escena ", que organiza a Escola de Idiomas de Ponferrada , Aqui podedes ver umha pequena parte do espectáculo. Mais que recomendável!
Os Circuítos Culturais Martín Sarmiento colaboran co ciclo 'Linguas a Escena' [05/02/2007 08:54] Organizado en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas e coa contribución do IGAEM , o Ciclo Linguas a escena que se desenvolverá nos próximos días no Teatro Bergidum pretende servir como apoio didáctico na aprendizaxe de idiomas. O ciclo inclúe unha función en francés, outra en inglés e unha en galego. O ciclo arranca o luns, 5 de febreiro, coa representación en francés da obra Une clef pour deux, de Chapman e Freeman, posta en escena polo grupo Theatre du Lac, que leva colaborando neste tipo de eventos dende hai anos. A función en francés será ás 19:00 horas. O mércores, 7 de febreiro, á mesma hora, terá lugar unha representación en inglés da obra The portrait of Dorian Gray, a cargo da compañía especializada Forum Teatro & Educación. A función en galego será o 14 de febreiro, neste caso ás 21:00 horas pensando nun público no só estudante dese idioma senón máis ben todo tipo de público desexoso de pasar un bo rato coa comedia de Mofa e Befa Sempre ao lonxe. Neste caso o acto organizouse en colaboración cos denominados Circuítos Culturais Martín Sarmiento e o IGAEM.
As entradas para cada unha destas funciois costan 3 euros e poden obterse no mesmo Teatro Bergidum nos días das representaciois. |