|
Apresentazon do Informe socio-linguístico do Eo-Návia |
|
|
|
Martes, 27 de Marzo do 2007 |
PRESENTACIÓN del INFORME SOCIO-LINGÜÍSTICO DEL EO-NAVIAO Eo-Návia é a o território formado por 18 concelhos do ocidente de Astúrias que ten como língua própria o galego, magnificamente estudado na Tese doutoral de Xoan Babarro " O Galego de Astúrias". (publicada pola Fundación Barrié) O galego de Astúrias ten varias modalidades de falas dentro dele, o que o fai mui particular e ten tamén características que son comuns a toda a Faixa-Leste da língua galega. Ainda que goza de grande vitalidade e é usado de xeito mui importante en todo tipo de situaciois no território, neste momento sofre ameazas que son comuns a todo o galego e que nas Astúrias se cruzan con outro tipo de situaciói sociais. A Asociación eonaviega ABERTAL, comprometida na defensa, promoción e posta en valor e dignidade do galego en Astúrias, realizou un interesante e mui valioso traballo socio-linguístico sobre a situación actual da nosa língua nesa espazo, e dito traballo vai ser dado a coñecer este próximo sábado nun formoso acto, a realizar na vila eonaviega de Návia. Todos os ceives e amigos que desxen estar nese interesante encontro, xá saben SÁBADO 31 DE MARZO, ÁS 12 DA MAÑÁ, NA CASA DE CULTURA DE NAVIA
|