Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1400650
Visitantes
Temos 11 convidados conectados


Carta ao Procurador do Comun PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006

CARTA AO PROCURADOR DO COMÚN  SOBRE A FORMACIÓN DO PROFESORADO.

(Ponferrada, novembro 2004)

A Asociación cultural Fala Ceibe formula unha queixa ao Procurador do Común de Castela e León (Defensor do pobo rexional) relacionada coa formación específica do profesorado que imparte clases de galego no Bierzo.


O Acordo de Cooperación para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes (O Bierzo e Seabria), firmado en Vilafranca o 18 de xullo de 2001, polas Consellerías de Educación da Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León, recoñece que a Comisión mixta se encargará de establecer os criterios de selección e formación do profesorado (...) –incluímos xerocopia-. Ademais, o xefe da Unidade de Programas educativos da Junta declaró que no curso escolar 2002-03 se impartiría un curso de gallego de Literatura, Xeografía e Historia do Bierzo, para 35 profesores de Primaria (adxuntamos xerocopia de prensa). Esta promesa non se cumpríu durante os pasados cursos académicos. Fala Ceibe pide que haxa un mayor interese das Consellerías de Educación da Junta de Castela e León e da Xunta de Galicia polo  proceso formativo complementario dos profesores que imparten clases de galego, así como tamén do resto de profesorado que exerce no Bierzo e que desexa coñecer a cultura e a linguas galegas da comarca. Neste sentido, o Centro de Formación e Innovación Educativa (CFIE) de Ponferrada debe organizar e impartir os necesarios cursos de cultura e linguas galegas. Fala Ceibe recorda que por Orde de 23 de novembro de 1992, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, se convocou un curso de formación de profesores especialistas en lengua gallega, a través del Centro de Profesores de Ponferrada. En dita Orde xorde un amplo programa que consta de diversas partes (lingua, literatura, xeografía, historia e programación eduativa), e que ben pode ser utilizado como modelo para programar novos cursos na actualidade. Fala Ceibe considera de interese a creación no CFIE de Ponferrada dun Departamento didáctico de lingua galega que integre a todo o profesorado desta materia no Bierzo. Este departamento serviría para coordinar la formación do profesorado, programar actividades comúns (viaxes, visitas culturais, Día das letras galegas, exposiciois, elaboración de revistas escolares...), realización de materiais pedagóxicos, bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático en galego, etcétera.

Xavier Lago Mestre, Presidente da Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2012 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5