Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1399015
Visitantes
Temos 16 convidados conectados


O Parlamento Galego apoia o galego exterior PDF Correo-e
Sábado, 16 de Xuño do 2007

APROBADA POR UNANIMIDADE, UNHA PROPOSICION NON DE LEI NO PARLAMENTO GALEGO, EN APOIO DO GALEGO DAS COMARCAS GALEGOFALANTES PERTENCENTES ÀS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DAS ASTÚRIAS E CASTELA-LEON

A proposición non de lei aprobada por unanimidade, nasceu no grupo parlamentar do BNG, e foi consensuada cos grupos do Partido Popular e PSOE.

Nela recoñece-se a competéncia de promoción e defensa dos direitos linguisticos dos moradores das comarcas desta faixa no leste exterior à Galiza, aos governos desas comunidades autónomas.

O impulso que se propón desde a Galiza, é o de apoio a esas autoridades fornecendo-lles materiais e outros médios mediante convénios de colaboración para que sexan esas autoridades às que leven a cabo o que en direito corresponde,  o respeito aos direitos linguísticos dos territórios e das xentes galegófonas, e a sua promoción, tal como ben mandado na orde constitucional e lexislativa na que vivemos.

 

TEXTO INTEGRO DA PROPOSICIÓN NON DE LEI APROBADA POR UNANIMIDADE DO GOVERNO GALEGO


O Parlamento insta ao Goberno a que, nun marco de respecto e colaboración institucionais, se proceda a negociar cos gobernos das comunidades autónomas con territorios nos que se fala a lingua galega, a posta en marcha das seguintes medidas:


1. A sinatura de convenios de colaboración con aquelas comunidades autónomas coas que aínda non están subscritos para impulsar, en aquelas comarcas nas que se fala galego, a popularización social do uso da nosa lingua e a potenciación do seu uso, nomeadamente no ensino.


2. Nos convenios de colaboración xa subscritos ou a subscribir, prestaráselle especial atención, contando co apoio preciso do goberno de Galiza -sempre no contexto do necesario consenso e concertación- ás seguintes materias:

    a) Realización de estudos sociolingüísticos

    b) Oferta de cursos de galego para traballadoras e traballadores da Función Pública.

    c) Fomento da utilización do galego nas administracións locais das áreas galegófonas.

    d) Recuperación das formas propias na toponimia dos territorios de fala galega, a través da constitución de              comisións mixtas.


3. Propiciar a sinatura de convenios para mellorar a recepción do sinal de Radio Galega e TVG nesas comarcas, así como aumentar a presenza das informacións sobre estas zonas na CRTVG criando mesmo, de ser posíbel, programas territoriais propios.

4. Apoio ás organizacións sociais que se esforzan na promoción do galego nestas comarcas.

5. Apoiar e subvencionar o uso do galego escrito ou oral por parte dos medios de
comunicación desas comarcas.

6. Estender a estas comarcas as campañas de fomento da lectura en galego.

 

 

Sobre este acordo do Parlamento Galego, Fala Ceive do Bierzo enviou unha nota a diversos médios de comunicación que pode ser consultada aqui

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2012 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5