Início arrow Novas arrow No pasamento de Eva Gonzalez
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 639275
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


No pasamento de Eva Gonzalez PDF Correo-e
Martes, 26 de Xuño do 2007

DEIXOU-NOS A ESCRITORA BERZIANA EVA GONZALEZ

Foi-se tan silenciosa como tiña vivido, aos seus 89 anos, no seu Palácio de Sil natal, Eva González, con certeza a voz cimeira das letras asturo-leonesas berzianas.

Eva Gonzalez a comezos da década dos oitenta do século pasado impulsada polo cámbio político tido no estado, e que fixo vir a luz a vindicación linguística de direitos muito negados como os dos falantes de asturo-leonés, deu-se a coñecer como poeta e como recolledora das tradizóis orais berzianas.

O asturo-leonés é como o galego-portugués língua orixinária e própria do Berzo, ademais as duas línguas son mui próximas entre sin, nasceron xuntas do latin galaico e comparten  grande parte do seu vocabulário e estruturas gramaticais; para os berzianos e berzianas dumha ou outra língua, esta nunca foi elemento de separación, cada un falaba na sua galega ou asturo-leonesa sendo para todos absolutamente transparente a comunicación, sen sentimento de separazón. A introduzon polo estado dumha língua alleia, a castellana,  produciu efeitos perversos de minorización e negación linguística.

EVA GONZALEZ A SUA OBRA

As narracióis de Eva Gonzalez mostran claramente a universalidade común berziana e asturo-leonesa pois son estórias comuns ao espazo galego-portugués e asturo-leonés e muito diferentes de aquelas que coñecemos da tradizon castelá.

A  sua língua mama das palavras que xorrecen da terra e nas que se desenvolvia todo o mundo cando era ela cativa. Porén o asturo-leonés non tivo a sorte do galego de posuir unha grande tradizón literária nen a existéncia de un país como Portugal onde o galego é oficial, e non chegou a elaborar un modelo, unha koiné linguística comum a todo o espazo da língua desde o Cantábrico a Miranda (Portugal), o que fixo que a incoporación de termos sempre se facer a traves do castellano, e a língua falada adoptar en cada sítio un forte cor local (no caso de Eva, as falas de Palácios de Sil e Llaciana). E se galego e asturo-leonés sempre conviveron intimamente vivificando-se,  o darense  de costas modernamente botou mais ainda se cabe, o asturo-leonés nas gadoupas do castelán dando para muitos dos seus falantes à sua fala o ar dunha variante do castellano, o que acelerou o seu proceso de substituizon e de negazon dos direitos linguísticos dos seus falantes.

"Xeitus: poesías ya cuentus"

"Poesías ya estorias na nuesa tsingua"

"Xentiquina: poesías ya cuentus”

"Poesías ya cuentus na nuesa tsingua",

"Bitsaron: cousas pa nenus ya pa grandes na nuesa tsingua"

"Brañas d'antanu ya xente d'anguanu"

A sua poesia foi recollida nun só volume pola “Academia da Llingua Asturiana” no ano 1991, edizon que infelizmente non ten o rigor crítico que se esperaria dumha publicación académica, a pesar do coidado que se aguardaria ao ser o antoloxista Roberto González-Quevedo, fillo da nosa cara autora.

Eva Gonzalez,  coas tuas criazóis  que enriquecen o mundo cultural berziano e o universo das nosas letras asturo-leonesas e galegas, vas estar sempre ben viva no corazón de todos os  Ceives.

 
< Ant.   Seg. >
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5