Mércores, 14 de Maio do 2008
 
  Inicio  
Ultimas novas da CiberIrmandade
Obxectivo. Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego (28.04.2008)

Audasa e Autoestradas de Galicia, ambas pertencentes ao grupo Sacyr Vallehermoso, son as empresas responsábeis da construción, conservación e explotación das autoestradas feitas no noso país desde o ano 1975. Nunha sociedade que depende na meirande porcentaxe do coche e ten que empregar estas autoestradas sen alternativa, estas empresas teñen o negocio asegurado cós 206 km da autoestrada, AP9, que unen Ferrol con Tui (16 € por turismo), presumindo, ademais, de xestionar o eixo que da servizo a 5 das 7 urbes galegas e a máis de 1 millón e medio de cidadáns. O feito de que se lucren en territorio galego non os fai sensíbeis á cultura galega, como amosa o feito da ausencia da nosa lingua na atención directa ao cliente ou na súa páxina web. Animámoste a que envíes o seguinte prego pedíndolles respecto a nosa lingua , e a reenviar esta mensaxe a amigos sensibilizados có idioma. 

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ponygallery 2.0: tradución galega
Ó Chou:
Cartace escuro CiberIrmandade. Xuño 2006
Analise juridico da proposta estatutaria do BNG no campo da lingua
Ligazóns ó Chou
A nosa fala 
Comparsa Animodo 
Imaxes de Ferrol 
Vieiros 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 2 convidados conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

'Onde está a imposición?', artigo de Carlos Callón
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 14 de Maio do 2008

 Non hai correspondencia entre o número de persoas que utilizan o galego no seu día a día e a presenza deste idioma nos diferentes ámbitos: medios de comunicación, ensino, xustiza, comercio etc. Esta contundente exclusión da lingua de Galiza, por secular e abafante, está interiorizada como natural. Denunciar esta situación e pórlle remedio son os dous eixos da manifestación convocada para o próximo 18 de maio.

A posibilidade de equilibrar minimamente a balanza, garantindo o dereito a comunicarse en galego alí onde se exclúe, é descrito polos sectores máis inmobilistas da sociedade como “imposición”. Trátase dunha mentira, dun discurso cínico e irracional, aínda que reiterado mil veces e desde lugares de inmenso poder. Así, o oprimido na realidade faise ver como opresor.

Ler máis...
 
Nace “BLOGUES POLA LINGUA” a rede de blogueiras/os en defensa do Galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 14 de Maio do 2008

 Galiza, 14 de maio de 2008.- No día de hoxe ven de apresentarse publicamente a Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego. O colectivo baixo a denominación de “Blogues pola lingua” (BpL) está impulsado por un grupo promotor formado por seis autoras/es de blogues galegos.

O colectivo nace coa intención de defender e promover a lingua galega dende e na Rede, aproveitando as potencialidades da web 2.0 na que os blogues ocupan un papel destacado.

“O nacemento de Blogues pola Lingua é un novo paso na liña do compromiso que ten o blogomillo co noso idioma” sinalan dende a comisión promotora. “Nun momento no que os ataques cara o galego non se disimulan, pensamos que era o intre de dar un paso adiante na defensa do idioma” recalcan.

Ler máis...
 
Caixa Galicia asocia as novas tecnoloxías en Call Center ao idioma galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 14 de Maio do 2008

XORNAL.COM I Caixa Galicia, a raíz dun proxecto de desenvolvemento propio, vén de implantar na súa Banca Telefónica unha nova tecnoloxía baseada no recoñecemento de voz de linguaxe natural para a realización de consultas e operacións de maneira automatizada por parte dos seus clientes.

A Banca Telefónica de Caixa Galicia articúlase a través da tarxeta Caixa Activa e lánzase no ano 1998. Na actualidade conta con máis de 100.000 usuarios que realizan mensualmente unha media de 400.000 operacións e consultas o que supón, xunto ao servizo de banca electrónica, máis do 25% do total das transaccións de clientes da Entidade galega. Arredor do 15% das chamadas recibidas na súa banca telefónica realízanse en galego. 

Ler máis...
 
Joomla! e WinMergue
Escrito por minhoca   
Luns, 12 de Maio do 2008

Informamos de que dende a zona de descargas da CiberIrmandade podes descargar o paquete coa tradución ao galego para a o Panel de Control (administración) do Joomla! 1.5.2 A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na web de (ciberirmadade.org), coordinado por Daniel Muñiz de Trasno . Esta é a primeira vez que, grazas a este paquete, podemos dispor do panel de control totalmente en galego. E aprobeitamos para animar a completar a tradución do WinMergue que está no TraduCIF .

 
Manifestos para manifestaçom do día 18. Assina.
Escrito por 6ª matriuska   
Domingo, 11 de Maio do 2008

Tanto A Mesa Pola Normalización Linguísitca como a  AGAL (Associaçom Galega da Língua), venhem de publicar sendos manifestos em defessa da lingua de Galiza e dos nossos direitos linguísticos individuais e colectivos e convocando as súas bases sociais á manifestaçom que terá lugar o día 18 de maio ás 12:00 na Alameda de Compostela.

O manifesto feito público pola Mesa leva por título;  "POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO" e pode ser assinado por entidades, colectivos, associaçons e organizaçons a través da página web desta da Mesa, www.amesanl.org.

O manifesto publicado pola AGAL leva por título;  "A NOSSA LÍNGUA É INTERNACIONAL" consta de seis pontos e pode ser assinado por colectivos e pessoas a título individual a través do Portal Galego da Língua, www.galego-portugues.net

Desde a Ciberirmandade queremos animar a toda gente sensível coa nossa língua a manifestarse o vindeiro día 18 e a assinar ambos manifestos que ficam expostos a continuaçom.

Ler máis...
 
A COPE recibe subvencións por fomentar o uso do galego!!
Escrito por apana   
Sábado, 10 de Maio do 2008

[elpais] A Cope recibiu 20.000 euros en 2005 e 2007 por "alentar a defensa e a identidade de Galicia, a promoción dos seus valores e a normalización da lingua". Este ano, porén, a cadea denunciou á maxistrada Ana López-Suevos por ditar unha sentenza en galego "o un dialecto distinto del castellano". A sentenza tiráballes a razón polo despido nulo da xornalista da emisora Isabel Quintairos.A Xunta non  tomará medidas en relación ás axudas que proporcionou a esta cadea para fomentar o uso do galego. Así deuno a entender onte co seu silencio o secretario de Presidencia, Santiago Roura, ante a pregunta do parlamentario Bieito Loberia.

 
Xuventudes Socialistas califican a Belén Iglesias de "galegofóbica" e piden a sua expulsión do PP
Escrito por apana   
Sábado, 10 de Maio do 2008

[OurenseDixital] Xuventudes Socialistas sinala non entender como "a estas alturas da autonomía galega, o PP de Ourense pode vomitar un libelo dun ultradereitismo tan abstruso", sinala referíndose ao comunicado emitido o xoves pola concelleira popular Belén Iglesias no que cuestionaba o convenio sobre normalización lingüística asinado polo Concello coa Universidade. Sinala Xuventudes Socialistas que "usa-la expresión propaganda plurilingüe, non demostra xa unha incríbel belixerancia contra a normalización, senón contra a mera pluralidade lingüistica". Algo que os xóvenes socialistas califican de "extremista, incívico, anticonstitucional e depótico" e que "excede incluso ás provacións de certos grupos reaccionarios marxinais".

Ler máis...
 
A Mesa acusa a Touriño de "presionar" para frear o galego no ensino
Escrito por apana   
Xoves, 08 de Maio do 2008

[Xornal.com] Uns 200 equipos de normalización lingüística ameazan con dimitir se a Xunta non fai cumprir esta norma. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, acusou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, de 'presionar' á titular de Educación, Laura Sánchez Piñón, para que evite o pleno cumprimento do decreto de galeguización do ensino. Callón argumenta, ademais que, "de feito, Política Lingüística depende directamente do presidente".

Ler máis...
 
Galiza: a falacia da "comunidade pobre"
Escrito por apana   
Mércores, 07 de Maio do 2008

[GZnación] O sistema de financiamento autonómico e a súa reformulación está enriba da mesa. Ou debería. Así se desprende dun informe elaborado pos Xosé Díaz e ao que tivo acceso GzNación, un completo estudo do sistema de financiamento estatal que aborda as cifras do exercicio do 2005, último ano do cal se posúen datos. Devandito sistema, critica Díaz, é unha resulta “do peculiar modelo de descentralización do estado español, consecuencia directa da nunca ben ponderada, inequívoca, incontestábel e incombustíbel Constitución de 1978”. Que contempla este mecanismo de distribución tributaria? Pois que, tendo en conta o carácter de nación do Estado Español na Carta Magna, tanto o texto xurídico como o sistema de financiamento non recolle a “realidade plurinacional” española.

Ler máis...
 
Os intolerantes de galicia-bilingüe, relato dun mozo que pensou debater razoadamente
Escrito por apana   
Mércores, 07 de Maio do 2008

Chámome Lois, e escribia nos foros de Galicia "bilingue" baixo o alcume de "Marat" (o cal non é meu, ...pois Galicia Bilingue non me activa os DOUS que me fixen "lois" e "l0is", po-lo que figuran pero non os podo usar, motivos?, que cada un saque as suas conclusións, se vostede pon un nome de usuario "non galego" ten a activación moi axiña, se é galego, pásase meses coma min, que o de "lois" é de xaneiro, e sigo agardando, e avisei os responsabels sen resposta, asi pois, un amigo deixoume o seu nick pra poder debater.) 

Ler máis...
 
Medio cento de berciáns entre os 5.000 rapaces do Correlingua na Coruña
Escrito por apana   
Mércores, 07 de Maio do 2008

[elpais.com] Oito mozos de quince anos evolucionan no escenario, no máis puro estilo high school music mentres o público, unha multitude de rapaces da súa idade, chimpan, baten palmas e corean a cantarela: "Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos...". O tema que aproveita os versos de Rosalía chámase Historia dunha meiga e o grupo, Relúa, formado por alumnos do Instituto Pastoriza, está actuando nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña porque gañou a fase comarcal do concurso A mocidade coa nosa língua.

Este universo un tanto paralelo ao habitual é o inicio de Correlingua 2008, a duodécima edición desta aposta reivindicativa do uso do galego entre os máis novos. Aquí hai preto de 5.000 alumnos de 40 centros, desde escolas de primaria a institutos, de toda a comarca coruñesa, que se concentraron a media mañá na Torre de Hércules.

 
O desprezo á cooficialidad do idioma é frecuente nalgunhas institucións
Escrito por minhoca   
Luns, 05 de Maio do 2008

[El Pais ] Xulgados, hospitais e empresas discriminan aos gallegohablantes. Na quizais máis soada das inserciones publicitarias da Radio Galega, un fillo mostraba o seu extrañeza polo testamento que había dictado a súa nai. "E logo, non che parece ben?", inquiría ela, preocupada. Non era o reparto, senón que o documento non estaba en galego. O herdeiro mostrouse máis compresivo de coñecer os traballos maternos para realizar o trámite na vida real. A cooficialidad do idioma galego xera oficiosamente no cotián un auténtico rosario de obstáculos, que van do esperpento ao acoso laboral.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 12 de 436

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Activa Galicia - activa o galego 
As augas galegas que murchan a lingua 
Non esquezas..

Colaboración económica 

A CiberIrmandade ten gastos ecomicos, e necesita colaboración económica .

 
Solidariedade civil
Campaña:
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com