| PLANO DE SITUACIÓN DO FSGAL
Cartaz definitivo do Primeiro Foro Social Galego. Para baixalo en PDF (formato 35 x 50 cm, 550 KB) podes premer AQUÍ. | |
|
|
O FSGal 2008 contará con 12 actividades organizadas por 32 movementos sociais mais 2 plenarios. Asemade, existen espazos transversais de audiovisuais, comunicación (con máis de 10 horas de proxección continua de audiovisuais e até 14 presentacións de iniciativas, publicacións e campañas) e mais unha programación cultural paralela. A inauguración será o venres 5 de decembro, ás 18:30 horas, no AUDITORIO DE GALIZA (Sala Mozart). |
|
O espazo transversal de comunicación contará coa presentación de até 15 campañas, manifestos e iniciativas dos movementos sociais galegos nas aulas 5 e 6 da Facultade de Filoloxía. |
|
Durante o sábado 6 e domingo 7, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, proxectaranse máis de 12 horas, en sesión continua, de audiovisuais de carácter social. As organizacións propuxeron até 17 cintas. |
|
 O Foro Social Galego terá unha programación cultural consistente en diferentes actividades, concertos, teatro, etC que se desenvolveran nos espazos do foro e nalgúns outros lugares de Santiago os días 5, 6 e 7 de decembro. |
| |
|
O Consello do Foro Social Galego busca xornalistas, xa sexan estudantes ou profesionais, para cubrir as actividades do FSGal nos eidos escrito e audiovisual. |
|
|
O Consello do FSGal manifesta a súa disposición a facilitar a organización de charlas informativas sobre o desenvolvemento do Foro. Colectivos e persoas interesadas en levar ás súas localidades esta iniciativa deben autoxestionar a convocatoria da charla e o Consello tratará de buscar xente para explicar calquera aspecto organizativo do FSGal. As convocatorias serán tamén publicadas nesta web. Podes contactar con:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
|
Fai a túa adhesión, propón actividades. O 30 de setembro rematou o prazo para propor actividades!!! |
|
[GAL] [POR] [ENG] [FRA] [CAT] [EUS] [DE] [ESP] O Consello do Foro Social Galego, constituído o día 29 de marzo en Santiago de Compostela por mandato dunha Asemblea de Movementos Sociais celebrada o 26 de xaneiro en Galiza, fai un chamamento para a mobilización de todo o tecido social galego e toda a cidadanía do país, homes e mulleres que dun ou doutro xeito andan na procura dun outro mundo posíbel, para os vindeiros 5, 6 e 7 de decembro de 2008, cando terá lugar en Santiago de Compostela o primeiro Foro Social Galego. |
|
Desde o Consello Dinamizador do FSGal artelláronse inicialmente varias formas de participación: - sendo membro integrante do Consello Dinamizador do FSGal
- mediante adhesión individual ou colectiva ao FSGal
- participando como voluntario ou voluntaria na organización do evento
- ou simplemente, asistindo ás actividades que se ofrecerán no espazo libre de entrada.
|
| |
|
|