-->
SOS Círculo Lítico Da Mourela:

A Mourela 3000aC-Xuño 2007

Dossier A Mourela

Diario Necrolóxico do Círculo Lítico da Mourela

galeria.jpg

Hemeroteca do Círculo Lítico da Mourela

Últimos artigos da categoría SOS Mourela:

21 de Agosto, 2008

[La Voz de Galicia] La Xunta ha comenzado ya los procesos de contratación para iniciar las excavaciones en 36 monumentos. Antes de que termine el año arrancarán los trámites, que no podrán durar más de veinte meses. Son mámoas, dólmenes, menhires... Yacimientos que reflejan la impronta que dejó en Galicia el megalitismo. La Consellería de Cultura ha iniciado un plan para proteger y poner en valor los principales monumentos de esta época que llevará a declarar bien de interés cultural (BIC) 48 yacimientos.

Máis... | Publicado por jatomiau ás 8:18 AM | Comentarios (0)

10 de Xullo, 2008

[La Voz de Galicia] La Consellería de Cultura y Deporte pondrá en breve el proceso administrativo para declarar Bien de Interés Cultural (BIC) un total de 48 yacimientos megalíticos que se encuentran esparcidos por toda la geografía gallega.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:20 AM | Comentarios (0)

19 de Xuño, 2008

[Diario de Ferrol] El desprendimiento de un talud en el tramo de la autovía AG-64 As Pontes-Cabreiros obliga a la Xunta a aplazar su apertura hasta el mes de noviembre. Inicialmente, Política Territorial había barajado los meses de verano para la inauguración de unas obras que se encuentran en fase de ejecución desde el 2005.

Máis... | Publicado por jatomiau ás 9:04 AM | Comentarios (0)

9 de Xuño, 2008

[La Voz de Galicia] El enlace por autovía del tramo entre As Pontes y Cabreiros, el penúltimo escalón de la AG-64 para conectar Ferrol y el corredor del Cantábrico por Vilalba, sufrirá una ligera demora sobre el plazo previsto. A la vista está que no será este mes de junio cuando se pueda recorrer el trazado de apenas ocho kilómetros que acercará un poco el núcleo vilalbés.

mourela_5-6-08.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:48 AM | Comentarios (2)

7 de Xuño, 2008

[El Progreso de Lugo] La conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, destacó este jueves en Vilalba el "notable incremento" de las denuncias presentadas por daños al patrimonio cultural gallego. Según datos de los dos últimos años, se pasó de las 202 denuncias en el 2006 a las casi 500 del año pasado, lo que supone un aumento de más del 140%.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:05 AM | Comentarios (1)

6 de Xuño, 2008

[La Opinión de A Coruña, por Nuria Rodríguez] El departamento de Cultura le ha enviado dos escritos en los que le pide que documente y ponga en valor los restos arqueológicos si la seguridad de la obra impide conservarlos.

Máis... | Publicado por jatomiau ás 8:30 AM | Comentarios (3)

5 de Xuño, 2008

A ambigüidade do discurso
Restan xa poucas horas para que se cumpra a primeira efeméride da destrución do Círculo Lítico da Mourela e aínda nada sabemos deses informes que restaban importancia á conservación da necrópole e que falaban de cabanas medievais e outras lerias, deses mesmos informes que aconsellaban a destrución do círculo e que daban o visto bon á grave alteración dun conxunto funerario milenario. Onde están eses informes? Por que logo dun ano non foron feitos públicos?

Levamos doce meses asistindo aos avatares da mala planificación dunha obra pública que día a día está a pór en perigo a integridade do noso patrimonio cultural e imos xa fartos e cansos de que a administración ignore os nosos consellos, que con todo o cariño que lles gardamos como administrados que somos deles, non chegamos a comprender que é o que se pretende facer no lugar. Entristecerianos moito ver un túnel ocupando o furado da Mourela.

Hai que lembrar que no mes de xuño do pasado ano, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural levantaba a cautela sobre os restos da necrópole megalítica e establecía unha serie de áreas de exclusión de obra no perímetro das mámoas. Esta decisión política excluía a necesidade de garantir a máxima protección dos elementos que aínda quedaban, ignorando a proposta plantexada pola Plataforma e por ADEGA para a construción dun túnel baixo o xácigo, que nun principio fora apoiada por Patrimonio.

Desbotada esta alternativa por parte da Consellería de Política Territorial, alegando a inviabilidade técnica e económica do proxecto, iniciáronse as tarefas de desmonte para a construción dunha gabia. Gabia que ben podería figurar no récord Guiness cos seus sesenta metros de profundidade como a máis fonda do mundo, aínda que tamén podería ser proposta a récord da ineptitude na planificación dunha obra pública.

Parece que a decisión de trazar unha autovía por medio dun campo de mámoas impide que a gabia conte cun sistema de terrazas laterais que neutralicen os desprendementos de terreo, que regulen a escorrentía das augas e que deixe pasar a luz do sol. É por isto que a día de hoxe as obras seguen paradas.

Unha mámoa ao bordo da gabia
En contínuas comunicacións dirixidas ao Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias Vilas, informábaselle sobre o risco de afectación das áreas de exclusión de obra que a súa dirección establecera no mes de xuño de 2007 e solicitábaselle a paralización das obras que estaban a afectar á área de exclusión de obra da mámoa catalogada co código GA15070127.

A día de hoxe a mámoa atópase a uns tres metros do bordo do talud, lonxe dos 40 metros de distancia establecidos por Patrimonio. Ao noso entender a situación actual impide a súa documentación se temos en conta a perigosidade de acometer a escavación deste elemento, por mor dos desprendementos. Das comunicacións ao director xeral nada sabemos, ninguén se sentiu aludido ao parecer. Mágoa que as oracións e as plegarias nada serven contra a forza da gravidade.

Intoxicación informativa
Como guindiña para este pastel administrativo tivemos a sorte de coñecer a semana pasada na televisión local das Pontes, unhas declaracións da Consellería de Política Territorial nas que se nos “informaba” aos ponteses do retraso nas obras da autovía por mor das choivas. Nada se dicía dos contínuos desprendementos de terra na Mourela, que obligaron a modificar os plans de actuación na zona, que engadiron máis tempo á finalización da obra e que están a por en perigo a integridade dos elementos patrimoniais que ainda quedan na Mourela. Tampouco se informaba das contínuas fendas na estructura de gunitado na parede Norte da gabia, que tiveron que ser feitas de novo en repetidas ocasións.

A choiva tivo algo que ver, pero non son os fenómenos ambientais os que planifican as obras públicas.

Reflexión final
Certo é que nos últimos meses preocupámonos moito ou demasiado por todo o que aconteceu na Mourela e dende algún sector local criticouse a nosa inoperatividade noutros temas a nivel patrimonial que afectan aos elementos arqueolóxicos das Pontes. Mais o caso da Mourela é un caso real e actual que exemplifica perfectamente cal é o interese e a atención que se lle presta ao patrimonio, tanto dende a corporación local como dende o goberno da Xunta. Por isto, a nosa teima de defender o que ninguén defendeu, a nosa teima por esclarecer o que ninguén esclareceu e a nosa ilusión por ver algún día o que é noso, respectado.

mourela_5-6-08.jpg

PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES

Publicado por plataforma ás 9:00 AM | Comentarios (13)

1 de Xuño, 2008

Hoxe na Fox ás nove do serán poderemos desfrutar do documental sobre as escavacións de Stonehenge que sacan á luz novas hipóteses ate o de agora descoñecidas. A similitude coa necrópole da Mourela é clara. No trailer do documental pódense apreciar estructuras similares ás aparecidas na Mourela: fosas, furados de postes, tumbas en estela, e outras estructuras que nos lembran o patrimonio megalítico local, hoxe desaparecido.

As escavacións realizadas en Stonehenge tiveron lugar ao mesmo tempo que as da Mourela, coa diferencia de que os resultados do caso británico están xa publicados e os da necrópole pontesa non existen. Ademais o cromlech británico e as estructuras que o rodean aínda permanencen no lugar, mentras que os restos da necrópole pontesa foron aniquilados para deixar paso ao “progreso”.

National Geographic revela que Stonehenge foi empregado como cemiterio durante longo tempo. É o resultado da investigación arqueolóxica liderada polo profesor británico Mike Parker Pearson, na que tamén se descubriron obxectos cotidianos empregados polos homes do Neolítico.

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM | Comentarios (4)

30 de Maio, 2008

Novas relacionadas:

2 de maio do 2008 : UN DESPRENDEMENTO NAS OBRAS DA AUTOVÍA FENDE A ESTRUTURA DE REFORZO DO TALUD
21 de abril do 2008 : COMUNICADO DA PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES
3 de febreiro do 2008 : ESTA PASANDO... MIRA POR EL
13 de decembro do 2007 : A MOURELA, VÁISELLES

E moito máis en SOS Mourela

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM | Comentarios (2)

21 de Maio, 2008

[La Opinión de A Coruña, por Isabel Bugallal] El catedrático de la Universidad de Santiago José Carlos Bermejo denuncia el método de investigación arqueológico del equipo de Felipe Criado Boado, que inspira la política de inversiones y ayudas públicas.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:59 AM | Comentarios (0)

8 de Maio, 2008

Podemos defini-lo patrimonio cultural dun pobo como o conxunto de bens, materiais e inmateriais, de recoñecido valor que reflicten as tradicións e a forma de vivir e pensar ó longo do tempo.

O termo patrimonio, en sentido estricto, significa <o que herdamos dos pais>, polo tanto, podemos dicir que o patrimonio cultural de Galiza é o conxunto de elementos materiais e inmateriais que conforman as características específicas da nosa cultura e caracterízase pola súa abundancia, variedade e ampla dispersión xeográfica así como a vinculación á paisaxe que os rodea.

A noción de ben cultural queda subordinada á posibilidade do gozo público, o que, á súa vez, se vincula ó deber de conservación, e iso con independencia de que a súa titularidade sexa pública ou privada.

Así pois, xa que os bens culturais teñen un valor de testemuña histórica e de civilización, os propietarios e as diversas administracións deben preservar ese interese xeral que é o noso patrimonio histórico. No exercicio dese cometido estes entes públicos precisan a colaboración das institucións e, sobre todo, dos cidadáns, no coidado, defensa, protección, conservación e custodia de tódolos bens que forman parte do noso patrimonio cultural.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:30 AM | Comentarios (0)

3 de Maio, 2008

Felipe Arias Vilas, Director Xeral de Patrimonio Cultural na Consellería de Cultura
Entrevista publicada na Revista del colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Galicia. Xaneiro 2008, nº 6, pp. 18-19, A Coruña

FelipeArias.jpgFelipe Arias é licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago. A súa tese de final de carreira sobre as “Murallas romanas de Lugo” recibiu o Premio Extraordinario de Licenciatura e foi publicada un ano despois. Arias Vilas exerceu coma profesor de Historia e Arqueoloxía, actividade que conxugaba coma bolseiro de investigación na Universidade de Santiago. Entre 1976 e 1984 foi director-conservador do Museo Provincial de Lugo. Dende 1983 dirixiu o Museo do Castro de Viladonga e os traballos arqueolóxicos neste xacemento castrexo e galaico-romano. En agosto de 2005 fíxose cargo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Felipe Arias é autor de máis de duascentas publicacións e colaboracións (só ou en obras colectivas) sobre temas de Arqueoloxía, Historia Antiga, Museoloxía e Patrimonio Cultural, e ten participado en máis de duascentas cincuenta conferencias e mesas redondas sobre estes temas dentro e fóra de Galicia.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:55 AM | Comentarios (4)

2 de Maio, 2008

23 de Abril, 2008

A continuación transcríbense as comunicación remitidas á Dir. Xeral de Patrimonio cultural da Xunta de Galicia, por mor dos continuos desprendementos de terra que se están a producir no entorno de protección do elemento catalogado GA15070127, así como das obras que tiveron lugar no entorno dos elementos GA15070129 e GA15070130.

Máis... | Publicado por mourelo ás 9:57 AM | Comentarios (13)

Defensa do Patrimonio das Pontes advierte del peligro de excavar el túmulo, que ha quedado a tres metros del talud de A Mourela.
[La Opinión A Coruña] La Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes advierte de que un nuevo desprendimiento de tierra en el talud de A Mourela amenaza un túmulo megalítico. Tras el incidente, el monumento funerario ha quedado situado a tres metros de las obras de autovía que unirá las localidades de Ferrol y Vilalba, la AG-64.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:43 AM | Comentarios (0)

La plataforma de As Pontes alertó a la Xunta de los daños que causan las obras

[El Progreso de Lugo] La Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes denuncia que un desprendimiento de tierras, sucedido la semana pasada, en el margen norte de las obras de la autovía AG-68 a su paso por la Mourela, en As Pontes, amenaza una mámoa, de las tres que hay catalogadas en la zona.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:35 AM | Comentarios (0)

21 de Abril, 2008

Un corremento de terra na gabia da Mourela ameaza unha mámoa
O monumento megalítico atópase a tan só tres metros do talud

A pasada semana producíase un corremento de terras no marxe Norte das obras da autovía AG-64 ao seu paso polo lugar da Mourela no concello eumés das Pontes de García Rodríguez. Ao redor duns quince metros de terreo, víñanse a baixo producindo un considerábel desprendemento de firme que ía a parar ao fondo da gabia.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 10:00 AM | Comentarios (14)

16 de Marzo, 2008

La distancia entre Vilalba y Ferrol tomando como referencia la rotonda de Grandisca, salida de la A-8 y acceso a la LU-861, y la salida de de la AG-64 es actualmente de 58 kilómetros. La conclusión de la autovía, que por ahora acaba en As Pontes, rebajará la distancia en casi dos kilómetros.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:47 AM | Comentarios (0)

1 de Marzo, 2008

[La Opinión de A Coruña, por Nuria Rodríguez] El colectivo pontés denuncia que los desprendimientos en el talud de A Mourela han reducido a diez metros la distancia entre la zanja y uno de los enterramientos.

Máis... | Publicado por jatomiau ás 8:56 AM | Comentarios (0)

29 de Febreiro, 2008

As obras da autovía AG-64 Ferrol-Vilalba que arrasaron no mes de xuño do ano pasado os restos do círculo lítico da Mourela, están de novo a por en serio risco a conservación e integridade de varios elementos.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 10:30 AM | Comentarios (0)

9 de Febreiro, 2008

La consellería dio a conocer ayer los quince dólmenes que formarán el Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte, un proyecto nacido en el 2000 cuya materialización se ha demorado hasta ahora. La Xunta tendrá que adquirir 14 de esos yacimientos, que se encuentran en terrenos privados. El último es Dombate, donde, según parece, estará el centro de interpretación, aunque ello no es todavía oficial.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:36 AM | Comentarios (1)

8 de Febreiro, 2008

[A Nosa Terra] Así de rotundo se amosa o profesor da Facultade de Historia da USC, Antón Rodríguez Casal, quen asegura que non só a Costa da Morte é rica en patrimonio megalítico.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:41 AM | Comentarios (0)

[A Nosa Terra] A Consellería de Cultura prepara un informe para declarar como Bens de Interese Cultural (BIC) a mámoas e dólmenes de Galiza, especialmente, da Costa da Morte. Estes monumentos arqueolóxicos seguen, deste xeito, o camiño comezado en castros e petroglifos.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:39 AM | Comentarios (1)

6 de Febreiro, 2008

A exposición que leva por título As Mulleres na Prehistoria, atópase ubicada no edificio da Facultade de Humanidades do Campus de Esteiro en Ferrol e permanecerá aberta en horario lectivo ate o 27 de febreiro.

mujer_prehistoria.jpg

Máis... | Publicado por plataforma ás 8:58 AM | Comentarios (0)

4 de Febreiro, 2008

Según comentaba algún por aquí
A historia de As Pontes, xa vai en Madrí
Xa vai en Madrí, xa vi en Madrí
Según comentaba algún por aquí

Un vaso campaniforme,
Na Vilabella aparceu;
Coidaronno en Santiago
E xa desapareceu

RETROUSO

Só se conserva a Ara,
Que había na Vidueda;
¿Qué será de todo aquilo,
Que habia onde estaba ela?

RETROUSO

As Pontes tiña un castelo,
Que estaba preto do río;
Foronlle quitando pedras,
Pa algún que outro caserio.

RETROUSO

Tamén había en Illade,
Unha fermosa capela;
Que tiña varias imaxes,
Que se esfumaron con ela.

RETROUSO

No círculo da Mourela,
Furaron moito a destaxo;
Pero nadie sabe aínda,
O que se atopou debaixo.

RETROUSO

O de antes e o progreso,
Non fixeron matrimonio;
Por iso o pobo de As Pontes,
Foi perdendo Patrimonio.

Música: Vivir na Coruña
Letra: Os Tunantes Folklóricos (Asociación de Veciños A Choupana)

Publicado por plataforma ás 3:41 PM | Comentarios (3)

3 de Febreiro, 2008


Nova relacionada : A MOURELA, VÁISELLES

Publicado por plataforma ás 9:10 AM | Comentarios (6)

20 de Xaneiro, 2008

La Voz de Galicia. (...)

El año pasado, la dirección xeral de Patrimonio de la Xunta ha incoado un total de 90 expedientes en la provincia, de los cuales, 62 han sido resueltos. Se trata de destrozos provocados por el vandalismo o por la climatología, robos o deterioro.

Sobre qué bienes son afectados, destacan los pertenecientes a la arquitectura, que suman un total de 36. En cuanto a restos arqueológicos, la dirección xeral de Patrimonio detectó un total de 21 casos de deterioro por diversos motivos. También se abrieron 4 expedientes por irregularidades en bienes etnográficos, mientras que en el Camino de Santiago, a su paso por la provincia coruñesa, solo ha sufrido un ataque.

Máis... | Publicado por alismile ás 11:13 AM | Comentarios (0)

13 de Xaneiro, 2008

El departamento autonómico recuerda que Industria todavía tramita la autorización del parque eólico de A Valiña. Asegura que, de realizarse, hará un seguimiento de la obra.

bidueiral1.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:01 AM | Comentarios (5)

10 de Xaneiro, 2008

[Diario de Ferrol] La Consellería de Cultura analiza las posibilidades que pueden existir a la hora de reubicar los restos arqueológicos actualmente almacenados en la estación de autobuses de As Pontes. Además de hacer constar que parte del material acumulado todavía está pendiente de catalogación, desde la administración autonómica se confirma la intención de buscar un emplazamiento más apropiado a una riqueza cultural que es patrimonio de todos los ponteses y, en general, de todos los gallegos.

Máis... | Publicado por jatomiau ás 8:38 AM | Comentarios (6)

9 de Xaneiro, 2008

[Diario de Ferrol, reportaje de P.C.C.] El gobierno de As Pontes, que preside el socialista Valentín González, reconoce que se trata de “una de las muchas patatas calientes” con las que se ha encontrado al ponerse al frente del Concello, pero lo cierto es que la situación requiere una solución urgente.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM | Comentarios (8)

6 de Xaneiro, 2008

DF-RestosArqueol.jpg

Diario de Ferrol. El gobierno de As Pontes, que preside el socialista Valentín González, reconoce que se trata de "una de las muchas patatas calientes" con las que se ha encontrado al ponerse al frente del Concello, pero lo cierto es que la situación requiere de una solución urgente.

Máis... | Publicado por alismile ás 11:28 AM | Comentarios (16)

Diario de Ferrol. La existencia de un círculo lítico en As Pontes sólo cobró realmente actualidad cuando éste interfirió en la construcción del tramo de autovía que discurre entre As Pontes y Cabreiros. Si bien en un primer momento, el asunto sólo se observó bajo la óptica de la investigación y el rico pasado arqueológico de As Pontes, sería a partir de la enero del año pasado cuando la Xunta tomó la decisión de intervenir para evitar nuevos retrasos en la construcción de la vía rápida Ferrol-Vilalba. Fue entonces cuando un grupo de 30 arqueólógos trabajó intensivamente en el yacimiento, que fue prolífico en lo que a vestigios del pasado se refiere, ya que, al margen de lo ya sabido, los investigadores también descubrieron los restos de una cabaña medieval en la zona del círculo prehistórico de A Mourela. El conjunto de tales hallazgos ya forma parte del pasado. Desde el año 2007, la traza de la autovía pasa por el lugar.

Publicado por alismile ás 11:28 AM | Comentarios (3)

30 de Decembro, 2007

Edición impresa de El Progreso, ayer. EP-CirculoBidueiral.jpg

Publicado por alismile ás 12:09 PM | Comentarios (1)

29 de Decembro, 2007

La Opinión de A Coruña. La construcción del parque eólico de A Valiña en la parroquia de O Freixo pone en peligro la conservación del círculo lítico de Bidueiral, según la Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes, que teme que este monumento megalítico corra la misma suerte que el anillo de A Mourela y la necrópolis, que fueron destruidos por las obras de la autovía Ferrol-Vilalba.

Máis... | Publicado por alismile ás 12:47 PM | Comentarios (0)

27 de Decembro, 2007

Logo da recente desaparición do anel lítico da Mourela e da destrución da necrópole prehistórica pola Autovía Ferrol-Vilalba AG-64 e pese ás denuncias que levamos feitas ao respecto da situación de indefensión dos elementos patrimoniais do concello, atopámonos hoxe ante un novo intento de dinamitar o noso legado cultural.

O círculo lítico do Bidueiral, situado na parroquia pontesa do Freixo é o novo monumento megalítico do concello das Pontes que se ve afectado este ano. Un suma e segue que está a por en evidencia as actuais políticas, autonómica e local, sobre a xestión dos nosos recursos patrimoniais. Un parque eólico, propiedade da empresa Eólicas del Noroeste S.L., é a nova infraestructura que ameaza este ben.

O círculo, que ten unhas dimensións aproximadas de nove metros e medio de diámetro máximo e está formado por rochas e pedras de seixo e cuarcita, así como laxes de pizarra soterradas verticalmente na terra, presenta ademais un par de aliñamentos paralelos de pizarra soterrados, a xeito de entrada ao círculo. Ao seu carón existe un túmulo prehistórico, que ao igual que o círculo non está catalogado, tal e como puidemos comprobar no Inventario Arqueolóxico do Concello das Pontes.

A esta, xa de por sí, descontrolada situación hai que engadirlle o feito de que ámbolos dous elementos se atopan dentro do polígono de afectación do Parque Eólico da Valiña, promovido pola empresa Eólicas del Noroeste, S.L.. Unha nova infraestructura, que pon en serio risco a conservación do noso patrimonio cultural.

O Estudo de Impacto Ambiental (EIA) do parque, data de setembro de 2001 e recolle a existencia do círculo lítico, mais non así a da mámoa. Ainda que estes elementos atópanse incluidos dentro do polígono de afectación do parque, o EIA establece que non se verán afectados polas obras.

Nembargantes, tendo en conta que para estos casos as Normas Subsidiarias e Complementarias do Planeamento da provincia da Coruña, establecen unha protección de 200 metros para elementos arqueolóxicos, dende a Plataforma consideramos que a construción dunha zanxa de cableado que unirá este parque coa subestación de San Xoán, próxima ao lugar, invadirá a zona de protección arqueolóxica dos elementos e provocará fondos prexuizos na conservación dos restos que poidan existir no entorno dos mesmos.

Diversos autores sinalan a este círculo lítico, como o único que se conservaría na actualidade na Galiza, logo da recente destrución dos restos do círculo da Mourela. Así o confirma tamén o EIA, que sinala o seguinte:

“se trata según algunos autores del único círculo lítico que se conserva en Galicia (…) Tiene unos nueve metros y medio de diámetro máximo y está formado por rocas y piedras de cuarzo y cuarcita y laxes de pizarra enterradas verticalmente en la tierra. Según algunos autores tendría un par de alineamientos paralelos de pizarra enterrados, a modo de entrada al círculo, orientados en sentido E-O (…). Por todo ello la fragilidad en este sentido cabe considerarla como baja”.

Os veciñ@s das Pontes que integramos a Plataforma, cremos que a situación con respecto ao Patrimonio da comarca do Eume, non mudou nada nos últimos meses, semella que a destrución do noso anel da Mourela, deulles pulos aos iñorantes para seguir a desfacer o noso gran legado cultural. Namentres os que venderon a súa identidade ao mellor postor, tratan de amosarnos unha parcial realidade a través de mostras e exposicións, que o único fin que pretenden é lavar a cara das institucións que erraron na planificación dunha infraestructura clave para o desenrolo da nosa comarca.

O círculo lítico do Bidueiral merece un trato diferente ao que recibiron os aneis da Mourela e ás mámoas destruidas. O seu carácter exclusivo como elemento susceptíbel de ser estudado, documentado e recoñecido o seu valor cultural, lévanos a plantexar a necesidade da elevación deste elemento á categoría de BIC Ben de Interese Cultural.

Cremos asemade na necesidade de que o Concello das Pontes tome conciencia da inxente cantidade de recursos patrimoniais que están espallados polo termo municipal e acometa a finalización da catalogación que estaba a levar a cabo o LIA Laboratorio de Investigacións Arqueolóxicas, así como a organización do fondo arqueolóxico depositado nos locais da estación de autobuses que agarda dende hai máis dun ano a que se lle tome en consideración.

Publicado por CyberMODE ás 10:00 AM | Comentarios (19)

23 de Decembro, 2007

Necesita Flash Player 8 / Flash Player 8 is required
get_flash_player.gif

Publicado por CyberMODE ás 9:06 AM | Comentarios (6)

15 de Decembro, 2007

Nesta ocasión Frodo Bolsón sae a dar un paseo pola Mourela.

Publicado por jatomiau ás 9:00 AM | Comentarios (5)

[La Opinión, por Nuria Rodríguez] La Plataforma na defensa do patrimonio das Pontes lamenta que se rechazase construir un túnel que evitaría la paralización de las obras y las labores de asentamiento del terreno.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:23 AM | Comentarios (0)

14 de Decembro, 2007

A CPTOPT está a acometer unha actuación de emerxencia na gabia da Mourela debido á inestabilidade dos terreos

Hai xa semanas que varias máquinas e traballadores afánanse na estabilización dos taludes da Mourela realizando operacións de gunitado, mediante as que tratan de evitar que a altura excesiva da gabia, remate con parte da Mourela derrubada.

Dende a Plataforma cremos que si ben a construción da gabia significaba a destrución da necrópole megalítica, esta operación non foi correctamente concebida en base á inestabilidade dos terreos, o que podería por en serio risco a integridade dos vehículos que algún día cheguen a transitar pola autovía. Os desprendementos que agora tratan de evitar poden producirse nun futuro non moi lonxano e as condicións ambientais rigurosas no inverno, poden propiciar asemade que debido ao excesivo da altura dos taludes, o marxe de penumbra da gabia sexa tan elevado que cando se produzan as xeadas de inverno, máis de un vehículo poida verse afectado mentres circula.

En previsión disto e tratando de garantir a conservación do conxunto funerario da Mourela, o Nadal pasado propúxose dende a Plataforma e ADEGA unha solución viábel, a construción dun túnel co que se compatibilizaba o paso da autovía coa conservación do lugar arqueolóxico e do círculo lítico. Era algo sinxelo, algo que se lle ocorrería a calquera e que mesmo recibiu o apoio inicial da Dirección Xeral de Patrimonio.

A solución que era técnica e económicamente executábel foi desbotada logo dun informe arqueolóxico, que aínda non foi feito público. En todo caso dende a Plataforma cremos que a teima da Administración por desbotar a solución do túnel, respostou máis a criterios economicistas que a condicionantes técnicos ou arqueolóxicos.

Hoxe, ao subir ao lugar da Mourela e ver o que alí está a acontecer, cuestionámonos:

Canto custou o desmonte da Mourela ?

Canto custou calar a boca da constructora por estar máis de un ano parados naquel punto ?

Canto custou montar ese paripé arqueolóxico para xustificar a destrución do conxunto megalítico ?

Canto custou que Patrimonio mirase para outro lado e permitise a destrución da Mourela ?

Canto lle custará ao pobo perder outro anaco máis do seu pasado ?

Canto custa que os veciños da parte de Momán teñan que dar un rodeo porque a alguén se lle ocorreu eliminar unha ponte do Proxecto Inicial ?

Canto lle custará ao pobo que o tráfico procedente do sur, a nosa comunicación con Castela e con Europa, chegue ao pobo por un camiño en pendiente que morre nun stop no medio dun polígono industrial ?

Canto están a custar as actuacións de emerxencia para a estabilización dos taludes excesivamente altos,  maiores incluso que os do Proxecto Inicial ?

Canto custaría facer un túnel co que se avanzaría nas obras do tramo, non se paralizarían os traballos durante máis dun ano e medio e permitiríase a salvagarda da necrópole megalítica da Mourela ?

Canto Máis ?

Publicado por CyberMODE ás 12:00 PM | Comentarios (5)

[La Voz de Galicia] La Casa Dopeso de As Pontes acoge desde hoy la exposición A memoria da terra. Unha aproximación arqueolóxica ó noso pasado. La inauguración será a las doce de la mañana. Se trata de un recorrido por la historia del patrimonio arqueológico de As Pontes, los yacimientos localizados en los últimos años y un análisis de los objetos más representativos hallados desde la Prehistoria hasta la época romana.

Defensa del patrimonio

Por su parte, la asociación socio-cultural Choiva Ázeda, informó de que la Plataforma en Defensa do Patrimonio de As Pontes critica la gestión de la cultura en la villa. Aseguran que no están en contra de «ensinar a cultura ao pobo», pero sí «do engano e a mentira. O tempo bule e aquí a única memoria que garda a terra é a da destrucción sistemática do seu patrimonio». Lamentan que la muestra que se inaugura hoy «cóstanos aos galegos máis de 21.000 euros», mientras que «sete meses despois da destrución dos restos do anel lítico da Mourela, os que se din profesionais da arqueoloxía en Galicia, presentan unha exposición sobre algo que xa non existe e que eles mesmos axudaron a destruir». Por eso, califican la exposición de «lavado de cara» de la Xunta ante la decisión de «destruir os restos da necrópole prehistórica polas obras da autovía».

Publicado por CyberMODE ás 8:56 AM | Comentarios (0)

[Diario de Ferrol] La Plataforma Choiva Ázeda acusa a la Xunta de tratar de lavarse la cara con la exposición "A memoria da Terra" que hoy se abre al público en la villa de As Pontes.

Las críticas del colectivo vienen por el hecho de recordar que fue la Consellería de Cultura la que autorizó la destrucción del yacimiento de A Mourela y la que ahora también aporta los 21.000 euros necesarios para financiar la muestra. Así, desde la plataforma se considera que "agora, sete meses despois da destrución dos restos os profesionales da arqueoloxía presentan una exposición sobre algo que xa non existe", a lo que se añade, además, que "a mostra é simplemente unha defensa da postura irracional que o goberno da Xunta tomou coa decisión de destruir da necrópole prehistórica". Asimismo se entiende que fue una decisión política "mal tomada".

Publicado por CyberMODE ás 8:38 AM | Comentarios (0)

13 de Decembro, 2007

[La Opinión de A Coruña, pro Nuria Rodríguez] La Plataforma na defensa do patrimonio considera que la iniciativa trata de defender la decisión de la Xunta de permitir la destrucción de la necrópolis prehistórica de A Mourela.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:55 AM | Comentarios (2)

12 de Decembro, 2007

Ante a apertura da exposición A Memoria da Terra instalada no edificio de usos múltiples pontés Casa Dopeso, dende a Plataforma queremos manifestar que non estamos en contra de ensinar a cultura ao pobo. Mais sí en contra do engano e a mentira. O tempo bule e eiquí a única Memoria que garda a Terra é a da destrución sistemática do seu Patrimonio Cultural e Natural.

A mostra que prentende facer un repaso pola Historia e presentar os resultados dos diferentes traballos arqueolóxicos levados a cabo no municipio, está financiada pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia e cústanos aos galeg@s máis de 21.000 €.

Se temos en conta que o número de profesionais que traballaron nas tarefas de escavación da Mourela superou o centenar, sen resultado coñecido polo momento. E que a autorización de Patrimonio para proseguir as obras, viña respaldada pola idea de que non quedaba nada, cando menos susceptíbel de ser conservado. Agora, sete meses despois da destrución dos restos do anel lítico da Mourela, os que se din profesionais da arqueoloxía en Galiza presentan unha exposición sobre algo que xa non existe e que eles mesmos axudaron a destruir cos seus informes. E nós como veciñ@s das Pontes temos que tragar coas súas lerias e pantomimas. Canto máis?

Dende a Plataforma, consideramos que esta exposición é simplemente unha defensa da postura irracional que o goberno da Xunta tomou coa decisión de destruir os restos da necrópole prehistórica. Unha exposición programada xa antes da destrución, para lavar a cara de quen errou na planificación da autovia. Unha exposición en fin, da mentira e do engano para xustificar e correxir o que foi unha decisión política mal tomada e que supuxo a perda dun lugar excepcional do Megalitismo galego.

Agora unha exposición que revisa a historia. Unha historia pragada de roubos, atentados e destrucións sistemáticas do noso Patrimonio. Máis de 80 mámoas e 3 castros devorados por escavadoras na mina de carbón. Casas, cabazos, pontes, cruceiros, muiños derrubados, parroquias enteiras cos seus lugares postergados ao esquecemento da sinrazón. A colección de materiais do Castro de Espiñaredo, desaparecida en mans escuras. O Portorroibo paleocristiano devorado sen compasión. O vaso campaniforme da Vilavella, desaparecido dunha das vitrinas da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago. O Chamoselo romano, soterrado baixo coches, casas, rúas e polución. As pontes que nos definen fendendo polos petrís. E un longo etc. Se a exposición reflicte todas estas situacións reais que padeceu e padece o Patrimonio das Pontes, os nosos parabéns para a organización.

Se pola contra atopámonos ante a manipulación da verdade, ante a omisión dos datos e das opinións que testemuñan a situación de desamparo legal que padecen os nosos recursos culturais e ante a declaración pública da ineptitude dos nosos administradores en favor dun malentendido progreso, non nos queda máis que loitar. Loitar para que a verdade da Mourela continúe viva, para que a moura conspiración que aniquilou o noso herdo pague a débeda que mantén coa nosa terra.


Canto Máis?

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM | Comentarios (41)

circulo_litico.jpg

[La Voz de Galicia] El Ayuntamiento de As Pontes ha puesto en marcha una iniciativa original y novedosa para dar a conocer la historia local. Este viernes a las doce se inaugura en la Casa Dopeso una exposición bajo el título A memoria da terra.

Máis... | Publicado por jatomiau ás 8:53 AM | Comentarios (0)

22 de Outubro, 2007

bidueiral1.jpg

Máis... | Publicado por mourelo ás 9:46 AM | Comentarios (4)

1 de Agosto, 2007

[La Voz de Galicia] Lo bueno vino al final. Tras dos horas de recorrido por los tramos en obras de la autovía Ferrol-Vilalba, la conselleira de Política Territorial, María José Caride, dio dos noticias. Una buena y otra mala. La buena es que su departamento acaba de adjudicar a la unión temporal de empresas integrada por Corsan-Corviam (con sede en Madrid) y Sercoysa (de Pontevedra) la construcción del tramo final de la autovía hasta Vilalba. Caride señaló que a finales de septiembre podrían arrancar ya las obras en esos últimos 13,4 kilómetros-contratadas por 37,4 millones-, que se prolongarán durante un plazo oficial de 22 meses. O sea, que a finales del 2009 viajar de Ferrol a Vilalba (56 kilómetros) y tomar la autovía del Cantábrico (A-8) será coser y cantar: se llegará en menos de media hora a una velocidad límite de 120 kilómetros por hora.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:42 AM | Comentarios (4)

7 de Xuño, 2007

La Opinión de A Coruña - Redacción - As Pontes

Hume exige dimisiones por la destrucción de A Mourela
Preme na imaxe para ampliala

Cortesía Moncho do Orzán

Publicado por redaccion ás 12:03 PM | Comentarios (15)

Zona de Respeto. Tendrá carácter cautelar y podrá establecerse en cualquiera de las clasificaciones de suelo. Su ámbito es el delimitado en cada caso en los planos de ordenación. En el caso de no aparecer grafiado, se aplicará el artículo 30 de las Normas Complementarias y Subsidiarias de Planeamiento Provinciales, en donde se establece una franja con una profundidad, medida desde el elemento o vestigio más exterior del bien que se protege de:

– 50 m., cuando se trate de elementos etnográficos inventariados como hórreos, palomares, cruceiros, etc.
– 100 m., cuando se trate de elementos de arquitectura religiosa (iglesias, capillas, santuarios, cementerios) arquitectura civil o militar.
– 200 m., cuando se trate de restos arqueológicos, de dolmenes, castros y ciudades.

mourela.jpg

En lo que se refiere a la autorización de obras en el entorno de los monumentos declarados bienes de interés cultural, el artículo 47.2 determina que "Una vez aprobado definitivamente el plan especial de protección, los ayuntamientos serán competentes para autorizar las obras que lo desarrollen, incluidas las de los entornos de los monumentos declarados, y deberán de dar cuenta a la Consellería de Cultura de las licencias concedidas en un plazo máximo de diez días. En todo caso, las intervenciones arqueológicas requerirán la autorización de la Consellería de Cultura".

Publicado por redaccion ás 9:00 AM | Comentarios (9)

Máis novas relacionadas en S.O.S. Mourela

Necesita Flash Player 8 / Flash Player 8 is required
get_flash_player.gif

Publicado por redaccion ás 8:47 AM | Comentarios (1)

[CulturaGalega.org] Era un dos poucos círculos líticos do megalitismo documentados no país. O erudito local Federico Maciñeira localizouno a finais do século XIX, pero as súas pedras foron empregadas na construción dunha estrada. Só despois de ser aprobado o trazado da autovía AG64 entre Ferrol e Vilalba, que atravesaba polo medio do xacemento, se puideron comezar as excavacións na zona, que demostraron a existencia do círculo lítico e unha posterior edificación medieval. Onte a Consellaría de Cultura levantou a zona de cautela sobre o xacemento, tras recibir un informe da Consellaría de Obras Públicas desestimando un cambio no trazado da autoestrada. As escavadoras xa comezaron a levantar a terra. Un activo movemento local e veciñal defendeu durante estes anos a escavación, a preservación dos restos e o desvío do trazado da autoestrada.

Publicado por CyberMODE ás 8:44 AM | Comentarios (0)

6 de Xuño, 2007

Chamamos “progreso” a medrar cultural e humanamente, no respecto e coñecemento polas propias raíces, tradicións e valoración do patrimonio herdado.

Non podemos comprender “progreso” coma tecnicismo puro e duro, que arrase sen piedade e sen atrancos con todo o que nos foi legado, sen procurar ningún tipo de diálogo ou compatibilidade entre o pasado e o futuro.

A Asociación de Estudos Históricos e Sociais “HUME” de As Pontes, queremos denunciar a impunidade coa que os nosos responsables de patrimonio, poden tomar decisións sobre a destrución e desaparición do mesmo. Non podemos comprender cómo as pezas que dan identidade e historia á nosa vila (Vaso Campaniforme, achádegos varios de pasadas prospeccións arqueológicas) poden desaparecer sin ningún tipo de explicación nin de asunción de responsabilidades.

Non podemos quedar calados ante o despropósito e manipulación dos medios de comunicación e as diversas entidades políticas que se viron involucradas, ben co seu goberno ou ben co seu silencio, na desaparición dun dos espazos máis significativos da nosa vila, e no xacemento que máis expresaba de nós mesmos: “A Mourela”.

Unímonos á Plataforma Cidadá para a Defensa do Círculo Lítico da Mourela ó tempo que reclamamos a dimisión de quenes, con decisións coma as que se viñeron tomando, se autoproclaman garantes do noso patrimonio.

Reclamamos asimesmo unha mirada diferente cara ás nosas raíces e o noso legado, entre o que se atopan varias das pontes que lle deron nome á vila, e que sobreviven nun estado deplorable entre o tráfico rodado que soportan, as embestidas dos camións, as humidades non tratadas e a vexetación que as vai cubrindo.

logo_hume.gif
ASOCIACIÓN DE ESTUDIOS HISTÓRICOS E SOCIAIS HUME

Publicado por redaccion ás 1:09 PM | Comentarios (2)

Máis novas relacionadas en S.O.S. Mourela

Necesita Flash Player 8 / Flash Player 8 is required
get_flash_player.gif

Publicado por redaccion ás 9:38 AM | Comentarios (5)

Máis novas relacionadas en S.O.S. Mourela

Necesita Flash Player 8 / Flash Player 8 is required
get_flash_player.gif

Publicado por redaccion ás 9:14 AM | Comentarios (2)

[La Voz de Galicia] «Atentado patrimonial». Así calificaron ayer Adega y la plataforma en defensa del círculo lítico de A Mourela la destrucción del yacimiento por parte de las excavadoras. En un comunicado, las entidades anuncian movilizaciones de protesta contra la decisión de la Dirección Xeral de Patrimonio.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:53 AM | Comentarios (1)

[La Opinión de A Coruña] Las máquinas que trabajan en la construcción de la autovía que unirá Ferrol y Vilalba, la AG-64, arrasaron ayer en superficie el yacimiento arqueológico de A Mourela, en As Pontes. La Consellería de Política Territorial reanudó las obras en el tramo entre la localidad minera y Cabreiros después de que la Dirección Xeral de Patrimonio confirmase el levantamiento de la cautela que pesaba sobre los restos arqueológicos.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:51 AM | Comentarios (0)

[La Voz de Galicia] La Dirección Xeral de Patrimonio anunció ayer que los restos hallados en A Mourela, como piezas de cerámica y material lítico diverso, permanecen bajo la custodia del Concello de As Pontes. Formarán parte de la exposición A memoria da terra, que Patrimonio y el Ayuntamiento planean abrir este año en Casa Dopeso. Ambas instituciones han firmado ya un convenio para montar la muestra con una aportación de 21.000 euros por parte de Patrimonio.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:44 AM | Comentarios (0)

[La Voz de Galicia] Tendría que haber entrado en servicio en febrero, pero los vehículos no podrán transitar por el tramo As Pontes-Cabreiros de la autovía entre Ferrol y Vilalba (AG-64) hasta un año después. La Consellería de Política Territorial informó ayer de que la construcción del penúltimo trecho de la AG-64 «estará concluída a finais deste ano ou principios do 2008».

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:43 AM | Comentarios (0)

[Diario de Ferrol] La Consellería de Política Territorial ha decido reanudar la obra de construcción de la autovía (AG-64), en el tramo comprendido entre As Pontes y Cabreiros, después de que Cultura confirmara el levantamiento cautelar arqueológico que afectaba al círculo lítico de A Mourela.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:36 AM | Comentarios (0)

[El Pais] La Dirección Xeral de Patrimonio Cultural levantó ayer la cautela arqueológica que pesaba sobre los restos del denominado círculo lítico de A Mourela, situados en el municipio de As Pontes y afectados por la autovía Ferrol-Vilalba. Cultura autoriza la continuación de las obras, tras documentar desde junio de 2005 los restos del círculo y tras recibir un informe de la Consellería de Política Territorial que desestima la posibilidad de alterar el trazado.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:28 AM | Comentarios (0)

5 de Xuño, 2007

A Asociación Ecoloxista ADEGA e a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes, expoñen:

Hoxe, día 5 de xuño, día mundial do medio ambiente o Director Xeral de Patrimonio Cultural da Galiza borrou dun plumazo o Círculo Lítico da Mourela, no concello das Pontes de García Rodríguez. A media mañá de hoxe varias máquinas entraron no xacemento destruindo o mesmo en superficie. Ademais a situación na que quedan as tres mámoas da necrópole é insostíbel, dado que unha gabia de máis de 50 metros de profundidade atravesará este conxunto pola metade.

Ante esta situación, cremos que se repetiron os erros do pasado e non se fixo ningún intento por parte da Administración por dar transparencia a esta destrucción.

Ignorouse ademais a alternativa da execución dun túnel presentada polas nosas organizacións, que no mes de novembro de 2006, contaba co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio, que confiaba nesta alternativa como solución á destrucción.
Hai que sinalar que a Lei do Patrimonio Cultural Galego, esixe a formulación e o estudo de tódalas alternativas existentes denantes de destruir o patrimonio. Cremos que no caso da Mourela a Lei non estivo vixiante.

A decisión de construir un túnel que salvagardara a necrópole megalítica non era unha cuestión económica nin legal, era unha decisión política, polo que consideramos que a Administración tomou o camiño equivocado.

Por isto dende ADEGA e a Plataforma, pedimos a demisión do Dir. Xeral de Obras Públicas D. Manuel Morato, por non estudar a alternativa existente e coaccionar á Dir. Xeral de Patrimonio, na toma desta decisión.

Logo de apoio público da Dir. Xeral de Patrimonio á alternativa do túnel lamentamos profundamente que o seu director xeral D. Felipe Arias, non tivese a entereza suficiente para esixirlle á Dirección Xeral de Obras Públicas a valoración e o estudo da alternativa do túnel e en consecuencia pedimos que os responsábeis desta situación, demitan.

Ademais aproveitamos este comunicado para anunciar a activación dun dispositivo de loita activa contra a especulación do noso Patrimonio arqueolóxico, que inclúe medidas de carácter social e legal.

Durante a xornada de mañá anunciaremos as diferentes movilizacións que se producirán durante os vindeiros días como repulsa a este Atentado Patrimonial.

Hoxe é un día triste para a arqueoloxía en Galiza, mais tamén o é para a Cultura Galega. Os veciños das Pontes non aturaremos máis destruccións do noso Patrimonio, coas nosas mans conseguiremos virar o rumbo desta nave da sinrazón e por a nosa proa na dirección axeitada, que remate dunha vez por todas coa especulación do noso patrimonio cultural.

mourela4.jpg

Máis... | Publicado por redaccion ás 8:05 PM | Comentarios (5)

Xunta de Galicia - Consellaría de Cultura e Deporte - Información aos medios

• Cultura prorrogou sucesivas veces as escavacións desde 2005 para documentar exhaustivamente os restos

•A Consellaría remitiu hoxe o levantamento da cautela tras recibir notificación da Consellaría de Obras Públicas da imposibilidade de alterar o trazado da autovía Ferrol-Vilalba

• O estudo de impacto ambiental do ano 1999 non detectou a existencia destes restos, que se viron afectados polo proxecto da devandita autovía

• Na zona próxima aos restos do círculo lítico existen tres mámoas ás que non lle afectarán as obras da autovía

Descargar nota de prensa en PDF

Ánxela Bugallo e Felipe Arias Cultura Galega?

Máis... | Publicado por redaccion ás 7:45 PM | Comentarios (2)

Sen facer públicos os estudos dos arqueólogos no Circulo Lítico, sen estudar as tres mámoas que nestes dias serán derruidas, e sen termos constancia de se a Dirección Xeral de Patrimonio deu o visto bo, a CPTOPV decide arrasar hoxe o alto da Necrópole, enclave crucial do patrimonio megalítico.

patrimonio.jpg

Publicado por redaccion ás 3:06 PM | Comentarios (26)

Segundo acaba de denunciar a "Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes", a CPTOPV (Conselharia da Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda) está nestes momentos a destruir o patrimínio megalítico presente na Necrópole pré-histórica da Mourela, para a construçom da estrada AG-64 que une Ferrol e Vilalva.

Estes factos gravíssimos, de serem confirmados, viriam a supor um salto qualitativo na política do actual governo bipartido à frente da Junta, ao agredir directa e impunemente o património nacional de todos os galegos e galegas, um património único do nosso passado megalítico, sobre cuja existência o referido colectivo pontês tem advertido repetidamente nos últimos anos.

Em nengum caso pode justificar-se a destruiçom do património histórico e cultural de um povo, mas é ainda mais injustificável que semelhante agressom seja feita polas próprias instituiçons públicas que devem salvaguardá-lo. Sobretodo se o motivo é a construçom de umha estrada para cujo traçado existiam alternativas viáveis, como a construçom de um simples túnel proposta por "SOS Círculo Lítico da Mourela", que permitiram pôr em valor o conjunto arqueológico.

Enquanto noutros países com património semelhante se realizam planos de conservaçom e estudo para a sua transmissom às geraçons vindouras, na Galiza, as instituiçons autonómicas desprezam a nossa história, dando prioridade a um progresso mal entendido que nos reduzirá a um ermo sem mais identidade que a queira atribuir-nos a manipuladora historiografia espanhola.

PSOE e BNG estám a assumir umha grave responsabilidade com a decisom de fazer desaparecer o Círculo Lítico da Mourela. É preciso denunciarmos alto e claro essa responsabilidade, incluídas as acçons penais a que puder dar lugar a acçom das máquinas que, ao que todo indica, estám a destruir um pedaço do nosso património nacional.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos

Publicado por redaccion ás 3:05 PM | Comentarios (2)

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes reanuda as obras de construción da Autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), no treito entre As Pontes e Cabreiros logo de que a Consellería de Cultura confirmara o levantamento da cautela arqueolóxica que pesaba sobre o xacemento da Mourela e que mantivo paralizada ata hoxe a construción desta autovía.

Máis... | Publicado por redaccion ás 3:03 PM | Comentarios (0)

4 de Xuño, 2007

Para mellorar a vixilancia dos nosos bens culturais, a Consellaría de Cultura e Deporte organiza cursos de formación especializada en patrimonio cultural para as forzas de seguridade. A conselleira, Ánxela Bugallo, abriu hoxe na Coruña estas formacións, que se celebrarán ao longo desta semana nas catro provincias.

g5p44f1.jpg

Máis... | Publicado por redaccion ás 9:37 AM | Comentarios (3)

3 de Xuño, 2007

[La Opinión de Coruña] La Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes y Adega organizaron este fin de semana en A Coruña el acto Repensando A Mourela.

Máis... | Publicado por mourelo ás 6:38 PM | Comentarios (0)

1 de Xuño, 2007

Máis novas relacionadas en S.O.S. Mourela

Necesita Flash Player 8 / Flash Player 8 is required
get_flash_player.gif

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM | Comentarios (0)

27 de Maio, 2007

[La Voz de Galicia] A través de un convenio con el Concello de As Pontes, la Consellería de Cultura financiará con una aportación inicial de 21.000 euros la elaboración de un proyecto expositivo titulado A memoria da terra. Esta muestra, que estará ubicada en Casa Dopeso, compendiará «todo o traballo arqueolóxico que se fixo en As Pontes, que percorrerá a historia do municipio», en palabras del primer teniente de alcalde, Francisco Dasilva.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:13 AM | Comentarios (3)

26 de Maio, 2007

REPENSANDO A MOURELA, é a frase escollida para presentar esta actividade, que conta coa colaboración da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia.

acto_72.jpg

Máis... | Publicado por mourelo ás 9:00 AM | Comentarios (9)

25 de Maio, 2007

[Diario de Ferrol] El Consello de la Xunta autorizó un gasto de cinco millones de euros que se invertirá íntegramente en obras complementarias de la autovía Ferrol-Vilalba. En concreto, el dinero irá a parar a actuaciones que se llevarán a cabo en el tramo que discurre entre la villa minera y Cabreiros.