|
Luns, 21 de Xullo do 2008 |
O Consello Comarcal analisa coa Xunta un convenio proposto por Fala Ceive para impulsar o galegoA asociación cultural Fala Ceive realizou unha proposta de colaboración entre a Xunta de Galiza e o Consello Comarcal do Bierzo para a promoción do galego a nivel administrativo nesta comarca. O documento será entregue amañá martes( terza feira) dia 22 ao mediodía, na hospedería de San Nicolás de Vilafranca, a parlamentarios galegos encabezados polo presidente da comisión de Educación e Cultura, Bieito Lobeira, e a un grupo de conselleiros do Ente comarcal, encabezado polo seu presidente, José Luís Ramón. Ao acto tamén asistirán organizacións culturais berzianas para propor medidas que impulsen o galego na comarca, principalmente a través de actividades conxuntas e liñas de subvención que estimulen o seu uso. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 21 de Xullo do 2008 |
Entrevista com Voz PrópriaO Voz Própria, a revista de NÓS-Unidade Popular, entrevista-o no seu último número, para falarem da situaçom lingüístico-cultural, mas também política, do Bierzo. A seguir, vai na íntegra a entrevista, ainda que para algumha gente poda ser mais cómodo e atractivo aceder a ela no formato digital de fácil leitura que oferecem no seu web. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 09 de Xullo do 2008 |
RESISTENCIAS DA DIRECCIÓN DO INSTITUTO BERGIDUM FLAVIUM DE CACABELOS Á MATRICULACIÓN NO IDIOMA GALEGO.
A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo denuncia, ante os medios de comunicación, a Consellaría de Educación da Junta de Castilla e León e o Procurador do Común rexional, as resistencias actuais da Dirección do Instituto Bergidum Flavium de Cacabelos á matriculación da materia de lingua galega. Esta asociación está recibindo numerosas queixas de pais, nais e alunado sobre os obstáculos que pon a Dirección do centro ante o actual periodo de inscrición para o próximo curso 2008-09. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 26 de Xuño do 2008 |
COÑECENDO A NOSA HISTÓRIA: 
A CONFLITIVIDADE SOCIAL NO MARQUESADO DE VILAFRANCA NA IDADE MODERNA, Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Do marquesado de Vilafranca do Bierzo sabemos da forte problemática que tivo a súa creación, a fines do século XV, por mor da sucesión do condado de Lemos, e maila posterior partición deste dominio territorial en dúas partes, a galega e a berciana. Esta conflitividade señorial tivo como protagonistas ás casas de Lemos e Benavente, ademais dos Reis Católicos, xa no século XVI participou tamén nestas liortas a familia dos duques de Alba que dominaron o marquesado de Vilafranca. Pero hoxe non imos ver esta problemática señorial senón que analizaremos algúns fitos da chamada conflitividade social que tivo lugar no dito Marquesado berciano. Por desgracia aínda falta moito por estudar desta conflitividade social contra os señores. Isto é así porque as fontes históricas escritas que conservamos derivan dos poderosos (Coroa, señores laicos, monásticos e eclesiásticos), e non amosan interese por esta peculiar problemática social das clases populares.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 30 de Maio do 2008 |
Participa no concurso para escolhermos a cançom galega do verao: boa música, alegria e festa na nossa língua. Eu, fago a minha aposta, e animo a todo o mundo a votar no Projecto Mourente e o seu "Chuliboi", a melhor. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 30 de Maio do 2008 |
Remédios collage  Esta sexta-feira, 30 de Maio, Reme Remédios inaugura a sua exposición de debuxos e collages “Carpeta Negra - Carpeta Verde”, na Galeria Dosmilvacas.arte, em Ponferrada (Avda. de Astorga, 7). Visitem o seu blog. Ganhem no mínimo um minuto de vida fazendo-o. Paga a pena. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 10 de 115 |