| Ateneo Ferrolán |
A PLURALIDADE, a TOLERANCIA, a DIVERSIDADE, ... as portas abertas a tódalas opinións, voces e temas, van acadando e confirman un prestixio e solidez que fan do Ateneo Ferrolán unha entidade en permanente actualización e en constante sintonía cultural, política e social co pobo, en defensa da lingua e a cultura galega especialmente. Nese amplo universo leva movéndose o Ateneo Ferrolán, entidade sen ánimo de lucro e autofinanciándose maioritariamente, nas súas diversas actividades. |
86 |
| Altermundo.org |
Altermundo.org é o embrión dun espazo creado para achegar ese outro mundo posíbel á comunidade galegofalante da rede. É un cornecho de reflexión que, dende Galiza, se abre aos que andan na procura dunha globalización alternativa ao neoliberalismo. |
84 |
| Arredemo |
Arredemo xorde da necesidade dunha rede de acción socio-cultural que comunique os distintos individuos e colectivos que operan en Galiza dispostos a traballar na dinamización social e cultural do país a través de tres mecanismos fundamentais. |
120 |
| ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) |
Sitio web da organización da mocidade revolucionaria galega |
104 |