Si usas ou usaches algunha vez o transporte colectivo para desprazarte polo país, cousa que desde a Ciberirmandade animamos a facer, é seguro que subiches a algún autobús da empresa Monbus.
Esta empresa orixinaria de Monforte ,1972, aspira a converterse no primeiro grupo de transporte do Estado e para iso recibirá unha axuda do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) de 6 millóns de euros.
A pesar de ter nacido e medrado en Galiza, e ter entre as galegas/os a canteira fundamental de clientes, esta empresa segue sen empregar o galego ou facéndoo moi timidamente, tanto na publicidade como na súa páxina web, onde non existe.
Desde a CIF animámoste a que lles envies o seguinte prego pedíndolles que galeguicen a atención ao cliente, tanto a nivel telemático como presencial.
Unha película que está a xuntar no cine a rapaces e maiores, que enche alá onde se estrea, que leva ao cine a quen había moitos anos que non pisaba unha sala cinematográfica Unha película sinxela, chea da emoción das nosas cousas, dunha Galiza real que poucas veces se vira no cine…e falada en galego de Valdeorras!