Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.
Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.
Versão Original é uma colecção de materiais escritos e audiovisuais em qualquer idioma sobre a questão línguística da Galiza, incluindo também alguns documentos sobre as culturas lusófonas em geral.
VIGALICIA (Vida Independente de Galicia), a primeira asociación galega e española de usuarias e usuarios de asistencia persoal. Todos os seus membros son persoas con diversidade funcional e necesidade de asistencia persoal para a vida diaria. A asociación está baseada na filosofía da Vida Independente e na web pódense consultar noticias, documentos ou ligazóns relacionadas coas reivindicacións das persoas con diversidade funcional e a Vida Independente.