Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.
Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.
Gran banco de datos con información sobre autores e obras en lingua galega. Dispón de recursos audiovisuais, e dános a posibilidade de ler ou escoitar fragmentos dalgunhas obras.
Base de datos bibliográfica desenvolvida desde 1994 no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. É unha bibliografía analítica que ofrece detallada información sobre traballos de investigación, divulgación ou opinión que tratan da lingua galega en calquera dos períodos do seu desenvolvemento histórico. Está implementada cun amplo repertorio de valores de busca que fan posibles pesquisas moi precisas.