Si usas ou usaches algunha vez o transporte colectivo para desprazarte polo país, cousa que desde a Ciberirmandade animamos a facer, é seguro que subiches a algún autobús da empresa Monbus.
Esta empresa orixinaria de Monforte ,1972, aspira a converterse no primeiro grupo de transporte do Estado e para iso recibirá unha axuda do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) de 6 millóns de euros.
A pesar de ter nacido e medrado en Galiza, e ter entre as galegas/os a canteira fundamental de clientes, esta empresa segue sen empregar o galego ou facéndoo moi timidamente, tanto na publicidade como na súa páxina web, onde non existe.
Desde a CIF animámoste a que lles envies o seguinte prego pedíndolles que galeguicen a atención ao cliente, tanto a nivel telemático como presencial.
Trátase do blog de Brais Arias, un blog no que podes atopar cousas diversas, dende literatura, videos ate comentarios de novas e algunhas cousas curiosas
O xornal A Peneira leva 22 anos de información en galego coa cabeceira A PENEIRA (de saída quincenal) e desde hai 24 meses coa cabeceira gratuíta A PENEIRA DA LOURIÑA e A PENEIRA DO CONDADO. Tamén teñen unha web onde se poden consultar o traballo que desenvolven.