| Asociación Amizade |
A Asociación Amizade é unha asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra que ten como misión principal conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade. |
1 |
| A Botica da expresión |
A botica da expresión é un blog onde o boticario fala dos dereitos das persoas e dos animais. Tamén se toca o tema da lingua galega. |
1 |
| Ateneo Ferrolán |
A PLURALIDADE, a TOLERANCIA, a DIVERSIDADE, ... as portas abertas a tódalas opinións, voces e temas, van acadando e confirman un prestixio e solidez que fan do Ateneo Ferrolán unha entidade en permanente actualización e en constante sintonía cultural, política e social co pobo, en defensa da lingua e a cultura galega especialmente. Nese amplo universo leva movéndose o Ateneo Ferrolán, entidade sen ánimo de lucro e autofinanciándose maioritariamente, nas súas diversas actividades. |
96 |
| Altermundo.org |
Altermundo.org é o embrión dun espazo creado para achegar ese outro mundo posíbel á comunidade galegofalante da rede. É un cornecho de reflexión que, dende Galiza, se abre aos que andan na procura dunha globalización alternativa ao neoliberalismo. |
93 |
| Arredemo |
Arredemo xorde da necesidade dunha rede de acción socio-cultural que comunique os distintos individuos e colectivos que operan en Galiza dispostos a traballar na dinamización social e cultural do país a través de tres mecanismos fundamentais. |
129 |
| Apelidos de Galicia |
Páxina de apelidos galegos con información sobre a súa orixe, distribución, datos de arquivos, toponímia, etc. |
1 |
| ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) |
Sitio web da organización da mocidade revolucionaria galega |
112 |