Si usas ou usaches algunha vez o transporte colectivo para desprazarte polo país, cousa que desde a Ciberirmandade animamos a facer, é seguro que subiches a algún autobús da empresa Monbus.
Esta empresa orixinaria de Monforte ,1972, aspira a converterse no primeiro grupo de transporte do Estado e para iso recibirá unha axuda do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) de 6 millóns de euros.
A pesar de ter nacido e medrado en Galiza, e ter entre as galegas/os a canteira fundamental de clientes, esta empresa segue sen empregar o galego ou facéndoo moi timidamente, tanto na publicidade como na súa páxina web, onde non existe.
Desde a CIF animámoste a que lles envies o seguinte prego pedíndolles que galeguicen a atención ao cliente, tanto a nivel telemático como presencial.
Soutipedre, pequena aldea do oriente ourensán, pertence ó Concello de Manzaneda, á beira do río Bibei (afluínte do Sil) con cultivos de viñedos en socalcos e grandes soutos de castiñeiros
SS.GG. é um colectivo formado tanto por claques de siareir@s de equipas galegos de futebol e outros desportos como por pessoas que individualmente apoiam as nossas reivindicaçons e respeitam os nossos valores e funcionamento.