Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Todas as descargas  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Descargas

Páxina Inicial de Descargas » Software » Joomla! »  Linguaxe galego

CategoríasArquivos

folder icon Versións anteriores
1

DocumentosData na que foi engadido

Ordeado por : nome | data | visualizacións [ descendente ]
file icon Joomla! 1.0.9. Frontend galego formalpopular!
14.06.2006

Tradución do frontend (parte pública) do Joomla! ao galego na súa versión 1.0.9, funciona tamén na versión 1.0.10 e 1.0.11. Este arquivo é un versión "formal" (tratamento de vostede) feita por Dimensiona Consultoría Informática SL e Reverso Servizos lingüísticos

Para dúbidas ou comentarios pásate polo nosos foros do Joomla en galego .

Visualizacións: 2657
file icon Joomla! 1.0.13. Frontend galego informalpopular!
03.01.2007

Tradución do frontend (parte pública) do Joomla! ao galego para a versión 1.0.13. Arquivo fusionado partindo do traballo de Pablo Costas, Raúl Araya, Dimensiona Consultoría Informática SL e Reverso Servizos lingüísticos, e revisado e adaptado á versión "informal" (tratamento de ti) pola CiberIrmandade da Fala.

Se queres saber máis ou axudarnos aos demáis a saber máis, facer comentarios, participar nas traducións, etc. pasa polos nosos foros do Joomla! en galego .

Visualizacións: 830
file icon Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]popular!
18.01.2008

Paquete coa tradución ao galego para a portada do Joomla! 1.5.0 Estable que saiu o día 22 de xaneiro de 2008. A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na web de (ciberirmadade.org), e completada, revisada e coordinada por Daniel Muñiz membro do grupo Trasno (trasno.net).

Aínda queda un pouco de traballo de revisión, polo que calquera suxestión, consulta ou dúbida será benvida (podes para elo acudir aos nosos foros).

Visualizacións: 642
file icon Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)popular!
07.05.2008

Paquete coa tradución ao galego para a o Panel de Control (administración) do Joomla! 1.5.2 A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na web de (ciberirmadade.org). Esta é a primeira vez que, grazas a este paquete, podemos dispor do panel de control totalmente en galego. Revisado 12/05/2008.

Visualizacións: 377



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com