Sábado, 26 de Xullo do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ó Chou:
Corrector linguístico norma AGAL
Paquete galego para Dokuwiki (rc2007-05-24)
Ligazóns ó Chou
Dicionario da vestimenta tradicional galega 
Fotografía Dixital en Galego (Paulo Porta) 
O avisador filintista 
Ourense Software Libre 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Perseguidores e perseguidos
Escrito por apana   
Xoves, 24 de Abril do 2008

 [dornaretina]  Interesante artigo dunha blogueira galega de 22 anos que mira a realidade lingüística do pais sen espellos deformantes, ao vivo:

22 anos, case 23, e aínda non consigo que moita xente maior -galegofalante- se dirixa a min en galego. Fano en español, a lingua que lles aprenderon a usar pra ir ao médico, arregrar papeis ao notario, ou pra falarlle aos netos. Non o fan pensando en todo o que significa, non o fan pensando, sequera, sáelles automático. E só cando xa levas un bo cacho falando, salta algo no seu cerebro e voltan á lingua que lles é natural.

Ler máis...
 
Amplo seguimento na folga de estudantes por un ensino en galego
Escrito por apana   
Xoves, 24 de Abril do 2008
 
[avantar] A grande maioría dos institutos de Vigo aparecían sen alumnado nesta xornada de loita pola reivindicación do galego. Grupos de piquetes percorreron os centros de ensino, e logo despois xuntaban voces para berrar polo galego ás 12 na Praza dos Cabalos en Vigo.

O Foro da Mocidade de Vigo convocaba para este 24 de abril unha folga no ensino medio de Vigo polo cumprimento do 124/2007, que é a lei que rexe o emprego do galego no ensino.

Aulas baleiras e unha manifestación de máis de 400 estudantes é o resultado desta primeira mobilización local polo uso do galego no sistema educativo.

 A manifestación partía da Praza dos Cabalos pasadas as doce e media da mañá, e realizaba un percorrido polas principais rúas do centro de Vigo, até rematar fronte á Delegación da Xunta nesta cidade.

Ler máis...
 
Nova web sobre o plurilingüismo en Galiza
Escrito por apana   
Xoves, 24 de Abril do 2008
 
 [uvigo] En xullo de 2007 entrou en vigor a nova normativa sobre a regulación do uso e a promoción da lingua galega no sistema educativo (Decreto 124/2007). Este decreto reforza o programa de educación bilingüe que se vén ofrecendo en Galicia dende 1995. A principal diferenza é que o actual programa marca nun mínimo do 50 % as materias que deben ensinarse en galego, fronte ao teórico e nunca cumprido 33 % do programa anterior. Este cambio é moi necesario unha vez feito o diagnóstico da aplicación do programa durante os últimos 12 anos, que deu uns resultados moi insatisfactorios na adquisición ou reforzamento de competencias lingüísticas do alumnado galego.
Ler máis...
 
Máis de 500 persoas participaron nas concentracións diante da COPE a prol do galego
Escrito por apana   
Xoves, 24 de Abril do 2008
 
[mpdc] Vigo, con case 200 participantes, foi a cidade que máis asistentes rexistrou, seguida por Santiago e A Coruña. Máis de 500 persoas acudiron onte pola as concentracións convocadas polo Movemento polos Dereitos Civís diante das emisoras da COPE das sete cidades galegas. Baixo o lema “A COPE quere amordazar o galego. Non llo imos permitir”, medio milleiro de persoas se congregaron en toda Galiza para denunciar a actitude belixerante da radio dos bispos a respecto do uso do galego, xa que hai unhas semanas presentou unha denuncia contra unha maxistrada de Compostela por permitir e utilizar o a nosa lingua.
Durante a concentración puideronse escoitar consignas tais como “esta emisora é unha represora”, “a radio episcopal trátanos fatal” ou “Rouco Varela contra a lingua galega”, coas que os asistentes trasladaron un claro rexeitamento cara a política lingüística practicada por Radio Popular, S.A. Vigo foi a cidade na que máis cidadáns, arredor dunhas 200 persoas, se reuniron diante da radio para facer valer os seus dereitos lingüísticos, seguida de Santiago e A Coruña.
Ler máis...
 
O Colectivo Urbano Lugrís rememora o 25 de Abril cunha obra teatral na Coruña
Escrito por apana   
Luns, 21 de Abril do 2008

 O Colectivo Urbano Lugrís dirixe o convite á vosa presenza e o pedido de divulgación do acto que está a organizar para asinalar a Revolución do 25 de Abril. Iste ano optámos pola organización dunha obra teatral inédita, escrita propositadamente para o evento polo dramaturgo portugués Jorge Louraço Figueira, que abordará o espírito da Revolución nos nosos días e na sociedade galega, contando coa participación de actores portugueses e da Aula de Teatro da Universidade da Coruña. Unha obra irreverente e interactiva, que pretende suscitar a reflexión.
"Fisterra" terá unha única representación no día 30 de Abril (víspera de festivo), ás 21 horas, no Auditório do Fórum Metropolitano da Coruña, co prezo de entrada de 5 euros, que poden ser adquiridas na taquilla do Auditorio, na tenda "O Tabuleiro" (Rúa do Anxo 9, A Coruña) e en  e en http://www.servinova.com.

 
Dereitos Civís convoca concentracións diante das sedes da COPE pola súa actitude en contra o galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 21 de Abril do 2008
Por mor das últimas actitudes belixerantes que a nosa lingua vén de sufrir, o Movemento polos Dereitos Civís convoca para o vindeiro mércores 23 de abril a toda a sociedade a concentrarse diante das sedes que a COPE ten nas sete cidades, baixo o lema "A Cope quere amordazar a nosa lingua. Non llo imos permitir". Con este acto quérese manifestar un claro rexeitamento contra a política de agresión ao galego practicada polo grupo mediático da Conferencia Episcopal.
Ler máis...
 
Cando A Coruña era monolingüe en galego
Escrito por apana   
Sábado, 19 de Abril do 2008

[AMesapNL] Neste artigo publicado  por Xosé Rei García (A Coruña 1981) licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, amósase ben as claras, a manipulación  que desde a contorna intelectual do ex-rexidor coruñés se ten feito sobre a galeguidade desta cidade (Revista Longa Lingua nº 13):

   "Véñense de iniciar co novo ano os actos conmemorativos do que se deu en denominar o 800 aniversario da cidade da Coruña. Deuse en denominar, dicimos, porque é só esta algunha das pequenas "falacias" -descúlpésenos o matiz negativo da palabra, maila nós a utilizarmos segundo o seu significado etimolóxico, que decote se empregan arredor deste controvertido e dificilmente obxectivabel facto histórico.
Ler máis...
 
Comeza a xira de Narf
Escrito por apana   
Sábado, 19 de Abril do 2008

 [Sonotone] Un tótem é un faro para os navegantes da terra. E Narf, como é máis coñecido o compostelán Fran Pérez, navegou. Abofé: A súa música, que se presenta por vez primeira ao vivo en Compostela, xa paseou por Cabo Verde, Mozambique, Brasil, Cuba, Inglaterra, Portugal… e de todos eses lugares foi recollendo influenzas sonoras, até dicir que TOTEM (falcatruada’07) cheira a flamenco, a bossa, a jazz... e a rock and roll. Nesta primeira actuación da xira de presentación de TOTEM, Fran Pérez (voz e guitarra) estará acompañado pola súa banda: Marcos Teira (guitarra e coros), Pepe Sendón (percusión e coros), Quiné (batería) e Zé Lima (contrabaixo).

Ler máis...
 
Songoku non vai falar en galego no DVD de Dragon Ball
Escrito por minhoca   
Xoves, 17 de Abril do 2008

ImageA Mocidade pola Normalización Lingüística lamenta que Songoku non vaia poder falar en galego no DVD de Dragon Ball GT que sae ao mercado o próximo 30 de abril. A distribuidora Selecta Visión escúsase perante as queixas e solicitudes de información que recibiu nas últimas semanas afirmando que “os prezos das dobraxes da TVG son inasumíbeis” en relación cos das outras televisións autonómicas.

A sección xuvenil da Mesa recorda o compromiso adquirido pola TVG en 2006 de ceder as súas dobraxes “en iguais condicións que a ETB vasca e a TV3 catalá” e pide explicacións ao ente público “polo seu incumprimento do acordado”.

Ler máis...
 
Dia 24 de Abril, o Foro da Mocidade de Vigo convoca umha Greve local do ensino en defensa do galego
Escrito por apana   
Xoves, 17 de Abril do 2008

[galizaindymedia] O vindeiro dia 24 de Abril, o Foro da Mocidade de Vigo convoca umha Greve local do ensino meio e universitario, assim coma umha manifestaçom prevista para ás 12:00, com saida da “Praça dos Cabalos”. O objectivo da greve é exigir o cumprimento do decreto 124/2007, referente ao emprego da nossa lingua nas aulas, coma um passo cara um ensino galego.

POR UM ENSINO GALEGO !!  24 TODAS E TODOS A RUA!!!

Para mais informaçom ou contacto co Foro: www.forodamocidadevigo.blogaliza.org ou   Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Ler máis...
 
O OpenOffice.org 3 xa está dispoñible na súa versión Beta en galego grazas aos voluntarios do XGN08
Escrito por apana   
Xoves, 17 de Abril do 2008

[mancomun]  OpenOffice.org 3 Beta en galego xa está dispoñible para descarga. E ademais conta cunha interface totalmente traducida ao galego grazas ao traballo de todos aqueles voluntarios que durante o Xuventude Galiza Net 08 colaboraron na tradución da interface a través da aplicación web Entrans.

Esta versión é unha Beta polo que non se recomenda a súa instalación a usuarios sen experiencia xa que non é unha versión estable.

Hai xa unhas semanas falamos das futuras características do OpenOffice.org 3, aínda non están todas implementadas; pero van camiño de facelo e aínda quedan uns meses para a súa versión final...

 
Pradolongo, unha película que emociona
Escrito por apana   
Xoves, 17 de Abril do 2008

[radiofusión]  A película Pradolongo está a reventar as taquillas nos cines de toda Galicia. Engaiola a adolescentes, xovenes e adultos. Leva ao cine a persoas que levaban moitos anos sen entrar nas salas. Tanto as zonas do interior como da costa síntense identificadas coa trama da película, co triángulo amoroso entre 1 rapaza e 2 rapaces, pero tamén coas peripecias dos seus pais e dos seus avós.

O director Ignacio Vilar e os actores Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto visitaron esta mañá os estudos de Radiofusión. Amosáronse moi satisfeitos pola resposta da xente á peculiar promoción da película que están a realizar por entidades culturais, asociacións de veciños e centros educativos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 109 - 120 de 524

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com