|
Quén está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|

|
Escrito por apana
|
|
Venres, 09 de Novembro do 2007 |
|
[Diario Digital] A criança deve aprender várias línguas em simultâneo, estimulada por jogos e programas didácticos, segundo um estudo do investigador Alberto Sousa apresentado hoje no âmbito do 1ºcongresso internacional sobre Arte, Cérebro e Linguagens."Considera-se a educação não como uma transmissão do saber, mas como uma formação do ser, onde todas as programáticas são objectivadas para o desenvolvimento das capacidades da criança», referiu Alberto Sousa, investigador da neuropsicologia da linguagem. O método criado por Alberto Sousa, que se baseia na neuro-psicolinguística, sugere a abordagem em simultâneo das línguas portuguesa, francesa, inglesa e alemã." |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Venres, 09 de Novembro do 2007 |
[xornal.com] Na recente enquisa de Bertelsmann, a penas un 20% dos galegos non se identifican con España. O problema é que a enquisa de Clima Social feita pola Xunta hai un ano, o número de galegos que non se sentían españois era do 6,4%. Ainda que as cifras non son exactamente comparables (unha equisa preguntaba pola identificación con España e outra, por si un síntese únicamente galego), si pode servir para ver nelas unha clara tendencia. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Xoves, 08 de Novembro do 2007 |
"Oculta identidade" xorde como un proxecto colectivo entre estudiantes de produción audiovisual do EIS Imaxe e Son da Coruña. Unha trama rebuscada pero impactante. Bruno Nieto será o director xunto a Oscar Pereira, María Galdón e Carmen Álvarez ocuparan os seus postos de produción. Contaremos coa participación de actores como son David Pájaro, Alberto Castro, Marta Vich, Katiana López ou Marcos Martínez entre outros. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Xoves, 08 de Novembro do 2007 |
Os grupos convocantes á manifestación do pasado día 4 de novembro en Corrubedo, e en particular esta Comisión de Veciños, consideramos un éxito absoluto a convocataria tanto en número de persoas como diversidade dos grupos que asistiron e amosaron o seu máis rotundo rexeitamento a este Plan, que non pode ser amañado de ningún xeito con medidas cosméticas. Desde aquí queremos agradecer sinceiramente a tódolas persoas e colectivos participantes o seu apoio á defensa desta nosa terra. Que o bipartito tome boa nota. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Mércores, 07 de Novembro do 2007 |
|
[Avui] Sil Internacional, entidade que xestiona os códigos ISO que fan referencia ás linguas do mundo, rexeita a proposta da Academia da cultura valenciana de crear un código ISO "val" diferenciado do "ca" que identifica á lingua catalana. A unidade da lingua catalana quedou deste xeito reafirmada por un organismo internacional competente. Desapróbase así, o secesionismo bibliográfico que aplica a Biblioteca Nacional española ao diferenciar os libros escritos en catalán da variante valenciana. A profesionalidade dos dirixentes desta biblioteca queda en moi mal lugar. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Martes, 06 de Novembro do 2007 |
|
Os vindeiros días 8, 9 e 10 de novembro terán lugar en Santiago os 'Quintos Encontros Internacionais de Arquitectura', no Pazo de Congresos e Exposicións da Galiza que contará coa presenza de diversos poñentes ben coñecidos do mundo da arquitectura e a asistencia de máis dun milleiro de arquitectos e estudantes procedentes de todo o mundo, ademais dunha mostra paralela de construción de acceso ceibe e gratuito.
No mesmo ámbito informativo en relación coa defensa da nosa Lingua e Cultura, a editorial Verlibros ven de publicar o libro 'Álvaro Siza, conversas no obradoiro' que será presentado o vindeiro sábado, día 10 de novembro ás 13:30 h. na libraría Couceiro tamén de Santiago, en presenza do autor, Manel Somoza e do propio Álvaro Siza. Verlibros é un proxecto editorial de libros de arte, fotografía, arquitectura e viaxes, que combinan o pensamento, a literatura, o diálogo e a imaxe, fixa ou en movemento e que aposta pola lingua galega como medio de expresión. |
|
|
Escrito por apana
|
|
Martes, 06 de Novembro do 2007 |
[La Vanguardia]O dirixente nacionalista reproduce dúas "anécdotas" noxentas. Nunha delas un empresario amigo seu, viu abraiado como o taxista que o levaba parou o taxi e chimpouno fóra, de mal grado e comentando: "No consiento que en mi taxi se hable catalán". Este viaxeiro fixo o que non debía segundo Pujol, isto é, acceder ás pretensións do cavernícola.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 06 de Novembro do 2007 |
Membros da Mesa pola Normalización Lingüística na zona presentaron o 24 de outubro no Rexistro do Concello de Lugo un dossier duns 150 folios no que se detallan toda unha serie de actuacións municipais contrarias á Lei de Normalización Lingüística. O responsábel de zona da Mesa en Lugo, Fernán Xosé Mourenza, denuncia o “silencio administrativo como resposta” por parte desta institución pública diante de todas as reclamacións anteriores presentadas pola Mesa.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 05 de Novembro do 2007 |
 Dende a Plataforma Medioambiental de Corrubedo, un dos moitos colectivos que onte, 4 de novembro, marcharon en Corrubedo contra a desfeita irreversíbel que pode supor o Plano Acuícola da Xunta, queremos manifestar o noso orgullo por formarmos parte da Galiza digna, da mesma que se move polo amor a terra e da mesma que se ergue por fin e para sempre nun berro colectivo contra a violación do mellor de nós, que son as nosas paisaxes, os nosos mares, os nosos cantís, as nosas tradicións, a terra galega toda. Non imos entrar na tradicional danza de cifras post-mobilización porque calquera pode percibir que onte, en Corrubedo, no cabo verde, houbo milleiros de persoas. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 01 de Novembro do 2007 |
|
A Asociación Socio-Pedagóxico Galega convoca outravolta o concurso de relato oral "Tíralle da lingua" na súa oitava edición. Historias de base popular contadas en galego por nenos de varios niveis educativos serán valoradas nos sucesivos procesos de selección até chegaren á final nacional. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Mércores, 31 de Outubro do 2007 |
|
A unha pediatra do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo non lle admiten as solicitudes de probas radiolóxicas porque as pide en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou publicamente dous novos casos de discriminación lingüística dentro do Servizo Galego de Saúde, un organismo sobre o que segundo Carlos Callón, presidente da asociación en defensa da lingua, se están a recibir “reiteradas queixas” por non garantir o dereito dos usuarios a expresarse e a ser atendidos en galego, “a pesar de que é plena competencia da Xunta de Galiza”. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 30 de Outubro do 2007 |
|

A CiberIrmandade da Fala quere colaborar en espalhar esta información colada do blog dos 3 do Eixo e amosar a súa solidariedade con eles: As asociacións veciñais do concello de Santiago convocan unha concentración na dársena de autobuses da Avenida de Xoan XXIII o martes 30 de Outubro ás 19 horas. Queremos mostrar o noso apoio aos tres veciños do eixo no momento do seu traslado á prisión. Para aquelas persoas que queiran acompañalos a Teixeiro, sairán autobuses dende o mesmo lugar. LIBERDADE PRA OS 3 DO EIXO xa!! |
|
| << Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>
| | Resultados 349 - 360 de 617 |
|
|
Obxectivos dende... |
|
|
|