Sábado, 26 de Xullo do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ó Chou:
Entrevista Radio Piratona. Dia das Letras 2006
Auto Lang Mod 1.1.1 (Galego)
Ligazóns ó Chou
Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro 
Libraría Limiar 
Xornal A Peneira 
anabam 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

A Mesa denuncia o xuíz decano da Coruña por facer 'apoloxía da desobediencia da legalidade'
Escrito por Kiko das Leiras   
Venres, 27 de Xuño do 2008

A MESA - O xuíz decano, Antonio Fraga Mandián, recoñece no transcurso dun xuízo que el incumpre conscientemente a lei: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo ‘La Coruña’”. A Mesa pregúntase “que será dos cidadáns normais cando determinados xuíces manifestan sen pudor que incumpren as normas que queren”.

A Mesa pide que se aclare se este xuíz tamén “incumpre sen rubor” outras leis.

Ler máis...
 
As Redes Escarlatas premian o alcalde de Lubián pola súa defensa da lingua
Escrito por Kiko das Leiras   
Venres, 27 de Xuño do 2008

 VIEIROS - O Premio Roberto Vidal Bolaño recoñece publicamente persoas e institucións que se distinguen na loita pola emancipación de Galicia e das súas clases populares. Este ano, na súa quinta edición, as Redes Escarlata recoñecen o labor de Felipe Lubián , alcalde do concello zamorano, de fala galega, pola súa defensa da lingua. O Premio entregarase no contexto da II Xeira de lingua e cultura galegas nas Portelas, que se celebrarán na Casa da Cultura de Lubián.

Ler máis...
 
A CTNL denuncia a paralización da creación do Consorcio para a Planificación Lingüística
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 26 de Xuño do 2008

A Secretaría Xeral de Política Lingüística incumpre todos os acordos e paraliza a creación do Consorcio para a Planificación Lingüística despois de ser anunciado en repetidas ocasións, de estar previsto nos orzamentos da Xunta de 2007 e de 2008 e de ser presentado e aprobado no Parlamento. A CTNL informará ao presidente da Xunta do malestar por este feito e pediralles aos tres grupos parlamentarios que controlen a acción executiva da secretaria xeral, Marisol López, ante o incumprimento dun mandato parlamentario e ante a non execución dos orzamentos para o que foron aprobados.

Ler máis...
 
"No sé si se lo escribe su hijo de 2 años o es algún dialecto con el que hablan ustedes en su aldea"
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 26 de Xuño do 2008

A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer un novo caso de discriminación motivado polo uso do galego no ámbito laboral. Na empresa pública de Navantia, un traballador foi recriminado ofensivamente polos servizos informáticos por escribir os seus correos electrónicos en galego: “No sé si se lo escribe su hijo de 2 años o es algún dialecto con el que hablan ustedes en su aldea”. O comité de empresa de Navantia en Ferrol puxo tal situación en coñecemento da dirección ao pouco de se producir esta situación, a comezos de maio, mais transcorrido mes e medio non houbo ningunha medida, motivo polo cal A Mesa porá en coñecemento dos grupos parlamentares esta situación. 

Ler máis...
 
Só o 18,3% da poboación usa software en galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 25 de Xuño do 2008

Vieiros - O informe 'Observación no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, 2007', que presentou o Observatorio da Lingua Galega (OLG), amosa que só o 18,3% da poboación usa algún programa informático en galego. O OGSI faise eco deste estudo.

Os datos do documento determinan que o uso de software en galego aumenta co nivel de estudos da persoa enquisada: pasa do 11,2% da cidadanía con estudos primarios ao 22,2% dos universitarios. Tamén inflúe a lingua habitual do usuario: o 26,5% de galegofalantes fronte ao 11,3% das persoas que falan castelán.

Ler máis...
 
O Centro de Estudos Galegos de Oxford presenta unha escolma de contos traducidos ao inglés
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 25 de Xuño do 2008

Praza das letras.org - O obradoiro de tradución galego-inglés do Centro de Estudos Galegos de Oxford leva traducindo en grupo desde o ano 91, por iniciativa do director do centro, John Rutherford e do primeiro lector que alí estivo, Benigno Fernández Salgado. Logo dese tempo, agora ve a luz un dos seus proxectos: unha antoloxía de relato contemporáneo traducida ao inglés.

Será presentada o 25 de xuño vindeiro en Cork, no Café Panorama do Centro de Estudantes. Participará un dos autores antologados, o poeta, narrador e xornalista Miguel Anxo Murado e mais María Liñeira, do Centro de Estudos Galegos de Oxford, con quen falamos para que conte do delongado proceso que deu lugar a esta obra.

Ler máis...
 
Manifiesto de intelectuales españoles por la Naturaleza Común
Escrito por minhoca   
Martes, 24 de Xuño do 2008

Os intelectuais españois preocupados non pola natureza que é sabido que non ten dereitos, senón para evitaren a discrimación dos cidadáns que ven que cando se desprazan dentro de España cambian as especies e a paisaxe como se esa non fora a nación común e indivisible que proclama a Constitución Española cos graves prexuízos que son moi ben aproveitados polos nacionalistas para enlear e inventarse nacións e países. Para evitar esa dicriminación os intelectuais españois lanzan un Manifesto:

Ler máis...
 
A Policía fala pouco galego; os medios de comunicación, máis ben nada
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 24 de Xuño do 2008

VIEIROS -  Os sectores públicos que utilizan en menor medida o galego son a Policía Nacional, con 25,93 puntos sobre 100, seguida da Axencia Tributaria, con 27,9, e a Administración de Xustiza e mais a Garda Civil, con 9,6 puntos ámbalas dúas. Estes son algúns dos datos que se desprenden do último estudo realizado polo Observatorio da Lingua Galega, pertencente á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O informe baséase no estudo de 7.500 enquisas e 22 paneis de escoita, ademais da análise da rotulación e das comunicacións ao exterior, a utilización do idioma polo persoal, os criterios lingüísticos, o uso interno e a documentación.

Ler máis...
 
O Valedor tramita unha queixa da Mesa polo incumprimento do decreto do galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 24 de Xuño do 2008

A MESA - O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, mantivo esta mañá unha entrevista co Valedor do Pobo, Benigno López, para solicitar a intervención desta institución perante a “preocupante situación” do galego no campo educativo. En concreto, desde a entidade en defensa da lingua de Galiza achegóuselle un informe sobre a educación infantil de 3 a 6 anos, na cal “o galego permanece nun estado realmente calamitoso”. O Valedor recibiu a queixa e confirmou que a tramitará perante a Xunta de Galiza para que avalíe a situación e tome as medidas correctoras necesarias.

Ler máis...
 
A DXT segue a usar topónimos como "Caldas de Reyes" ou "Crecientes"
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 23 de Xuño do 2008

 XORNAL.com - A Dirección Xeral de Tráfico segue a utilizar topónimos galegos castelanizados. O fai, concretamente, na súa páxina web, onde poden lerse nomes como "La Coruña", "Orense", "Caldas de Reyes" o "Creciente". Jorquera reprocha ao Ministerio que "non tome nota" e emprázalle a corrixir este tipo de "deformacións", posto que non é a primeira vez que o Bloque diríxese ao Goberno pola "reiterada vulneración da legalidade lingüística". Especialmente tendo en conta que a administración do Estado debería ser "extremadamente rigorosa" no cumprimento das normas lingüísticas establecidas", especialmente cando se instou ao Executivo "en numerosas ocasións" a corrixir estas "malformacións".

 
Recoñecemento ao galego no Comité das Rexións
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 23 de Xuño do 2008

 A NOSA TERRA - O Comité das Rexións da Unión Europea aprobou un ditame de fomento do multilingüísmo no que finalmente se recollen as emendas presentadas pola Xunta, entre outras institucións, para que se recoñeza a realidade de países nos que conviven varias linguas oficiais, como acontece en España co galego, o catalán e o vasco. Sede do Consello de Europa en Bruxelas O secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Xulio Fernández Mato, defendeu hoxe no pleno do órgano europeo as propostas galegas, entre as que se inclúe a oportunidade de que sexan as administracións locais e autonómicas as que desenvolvan as políticas precisas para fomentar o multilingüísmo entre os cidadáns.

Ler máis...
 
Comissons Linguística e Jurídica da AGAL emitem ditame conjunto sobre o nome Galiza
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 23 de Xuño do 2008
AGAL - A Galiza em Galego só tem um Nome e umha Forma Escrita: Galiza. O Conselho da AGAL disponibiliza para todos os seus membros e para a toda a sociedade galega, «neste momento em que certo filibusterismo mediático joga à confusom», os ditames da Comissom Linguística da AGAL e da Comissom Jurídica da AGAL sobre o nome do nosso país GALIZA, e «para facilitar o acesso a estes importantes documentos», apresentam-se num único comunicado, «tentando sermos úteis à sociedade galega a quem servimos».
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 37 - 48 de 524

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña:
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com