Domingo, 07 de Setembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ó Chou:
Fireboard. Tradución galega para 1.0.4
Idioma galego para o JoomlaXplorer 1.3.3
Ligazóns ó Chou
Fotografias de Alberte Couto 
Galegorelatos mínimos. 
Vocabulario da Real Academia Galega 
anabam 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

24 de agosto: Marcha a Mugardos. ¡Participa!
Escrito por Kiko das Leiras   
Domingo, 19 de Agosto do 2007
Ler máis...
 
"Robin Hood" será un musical galego para Galiza e Portugal
Escrito por apana   
Venres, 17 de Agosto do 2007

 Segundo informa Galicia-Hoxe "Producións Acontrabutaca" acaba de adquirir os dereitos do texto de Robin Hood para preparar un musical galego que se representará en Galicia e Portugal e que se estreará oficialmente na Estrada o próximo 13 de outubro.

Segundo indicou o director da Escola Municipal de Teatro estradense e fundador da produtora teatral, ademais de alma mater da iniciativa, Xosé Lueiro, a idea xurdiu hai uns dez meses cando unha produtora de Madrid para a que traballaba ofreceulle a posibilidade de adquirir os dereitos do espectáculo infantil de Robin Hood.

Ler máis...
 
Asociación da garda civil sen implantación na Galiza ataca a gardas civís galegos e demócratas
Escrito por apana   
Venres, 17 de Agosto do 2007

Segundo recollen varios medios de comunicación a dereitista UFGCS, seica sen militantes na Galiza, tenta amedoñar aos gardas civís galegos que consideran a nosa lingua tamén a súa.  Calificativos como o de "traidores" ou "meras marionetas del BNG"sic non fan máis que reforzar a necesidade de exixir un nivel  cultural maior e controis psicolóxicos máis rigurosos para entrar neste corpo armado.

Ler máis...
 
Estes irredutibles galegos... O BNG apoia a campaña da Mesa e da CiberIrmandade
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 16 de Agosto do 2007

 O voceiro de lingua do grupo parlamentar do BNG, Bieito Lobeira, vén de propor á Secretaría Xeral de Política Lingüística que emprenda accións para posibilitar a edición en galego das aventuras de Astérix.

Bieito Lobeira rexistrou unha iniciativa parlamentar na que lembra que as aventuras destes personaxes son “referencia para unha parte moi importante do público infantil e xuvenil”, de feito están traducidas a 25 idiomas do mundo, “mais, lamentablemente, entre eles non está o galego, si o español e o catalán”. 

Ler máis...
 
Cacerolada nos peiraos de Ferrol, o sexto "Gasero"con destino a Reganosa
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 14 de Agosto do 2007

O sexto metanero con destino a Reganosa, chámase Akwa Ibom. Foi construído no ano 2004 nos estaleiros coreanos Hyundai Heavy Ind., ten bandeira de Bermudas e o seu propietario é Bonny Gas Transport Bermuda Shell. Cunha eslora de 285 metros ten capacidade para transportar 134.487 metros cúbicos de Gas Natural Licuado, descoñecéndose neste momento a carga que trae, o seu desprazamento total é de 118.000 toneladas. Vén en ruta para entrar na angosta ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007 ás 19:23 horas, coa única pleamar diurna, para repetir a ameaza á vida humana durante a súa entrada e descarga, pois este tipo de buques no caso dunha emerxencia, durante a descarga ou na súa navegación por dentro da Ría, non teñen garantida a saída ao mar, con rapidez e polos seus medios, tal e como require a norma EN-1532 que é obrigatoria para Reganosa.

Ler máis...
 
Matricúlate en Galego nas Escolas Oficiais de Idiomas
Escrito por apana   
Martes, 14 de Agosto do 2007
Outro curso vai comezar axiña e non está de máis lembrar que as Escolas Oficiais de Idiomas ofertan a posibilidade de estudar galego cuns horarios a escoller e sen que supoña un gran esforzo para os alumnos e alumnas xa que os días lectivos semanais son perfectamente asumibles incluso para xente que traballa . As clases que non só abranguen lingua (aínda que si é o que se puntúa) senón tamén cultura galega en xeral son unha magnífica posibilidade de aprender todo aquilo que pensabas que sabías pero que realmente non era así.
Ler máis...
 
A Unión de Gardas Civís de Galicia ten a súa web en galego
Escrito por apana   
Martes, 14 de Agosto do 2007
Resulta sorprendente comprobar como unha asociación da garda civil ofrece a súa web no noso idioma. E non como simple opción senón como idioma de benvida. A UGC-Galicia é o mesmo colectivo que criticou os ataques ao galego doutra asociación deste corpo calificándoos como ataques dunha organización unipersoal e sen militantes. Este compromiso co noso idioma por parte dun corpo como o da garda civil amosa a esquizofrenia en que se desenvolven  grupúsculos minoritarios que desde posicións políticas próximas ao PP e extrema-dereita española defenden a aculturación dun pobo en pleno século XXI.
Ler máis...
 
Comunicado da Revira sobre o atentado sufrido no seu centro social
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 14 de Agosto do 2007

Na madrugada da passada sexta-feira o Centro Social A Revira de Ponte Vedra foi atacado mediante um incêndio provocado. Só um rápido aviso d@s vizinh@s da zona aos bombeiros puido evitar uns danos muito mais graves, tanto do ponto de vista material como do pessoal. Lembramos que a Revira está situada na zona velha da cidade, onde a maior parte das casas som muito antigas, com interiores de madeira e, lógicamente, habitadas.

Ler máis...
 
A Mesa pide a renuncia do Valedor
Escrito por ferreira   
Luns, 13 de Agosto do 2007

ImageCase dúas semanas despois de que A Mesa pola Normalización Lingüística pedise publicamente ao novo Valedor do Pobo, Benigno López, que rectificase as súas declaracións nas que cuestionaba o uso do galego no ensino e na xustiza realizadas en entrevistas a distintos medios de comunicación, este aínda non fixo ningún tipo de aclaración ao respecto. Esta asociación non descarta mobilizacións e afirma que “Se non rectifica, ao Valedor só lle quedan dúas opcións: ou renunciar ou ser cesado por incumprimento das súas obrigas”. 

Ler máis...
 
O secretario comarcal da CIG-Ensino é condenado a pagar 200 euros de multa e 5.000 de indemnización
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 13 de Agosto do 2007

 O secretario comarcal da CIG-Ensino recorre a sentenza, nas súas palabras "para defender a dignidade de todos os galegofalantes". Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, foi condenado a pagar 200 euros de multa e 5.000 de indemnización ao xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, logo de que este o denunciase por unhas presuntas inxurias.

Eduardo Álvarez recorreu o fallo esta mesma mañá e solicita a súa absolución ou, subsidiariamente, a nulidade da sentenza coa conseguinte repetición da vista oral, ao térense conculcado gravemente dereitos fundamentais.

Ler máis...
 
Gardas civís galegos saen en defensa da lingua propia de Galiza
Escrito por apana   
Luns, 13 de Agosto do 2007
 "Os gardas civís galegos, como o resto dos cidadáns, sentímonos orgullosos da nosa lingua. Forma parte da nosa cultura, da nosa historia. Por iso non entendemos que move a persoas que descoñecen a realidade galega a intentar dividir aos galegos, cun problema inexistente. É opinar sen coñecementos, é ignorancia, sementar odio onde non hai".
Ler máis...
 
Nova agresión da deputación coruñesa a unha necrópole prehistórica
Escrito por apana   
Xoves, 09 de Agosto do 2007
O arqueólogo Lino Gorgoso López denuncia en Vieiros unha nova agresión sufrida polo noso patrimonio prehistórico a raíz da destrución da parte dunha mámoa no lugar de Padreiro (Santa Comba, Coruña), e o amoreamento de terras preto dunha segunda, durante unhas obras da deputación coruñesa na estrada CP-2904 que une a capital da comarca do Xallas e a localidade bergantiñán de Coristanco.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>

Resultados 361 - 372 de 561

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com