Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Ó Chou:
Auto Lang Mod 1.1.1 (Galego)
phpBB 3.0.x: Paquete de imaxes en galego para a Prosilver
Ligazóns ó Chou
Arredemo 
Atnag 
O avisador filintista 
Tesouro Informatizado da Lingua Galega 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

O tribunal supremo admite que o galego é un mérito na elección de destino na xudicatura
Escrito por apana   
Xoves, 06 de Setembro do 2007

[Gznación]   O Tribunal Supremo deulle a razón á Asociación Xuíces para a Democracia no relativo ao recurso presentado por este colectivo contra a decisión do Poder Xudicial de excluír como mérito preferente o coñecemento da lingua oficial e o Dereito Civil especial ou foral propios dos distintos territorios do Estado nun concurso para a provisión de prazas de xuíces do Mercantil.

Ler máis...
 
Cinema en galego: Doraemon e o Dinosauro Pequeno
Escrito por minhoca   
Martes, 04 de Setembro do 2007

ImageA Mocidade pola Normalización Lingüística anima a asistir aos pases do filme de animación Doraemon e o Dinosauro Pequeno, para “apoiar e fomentar as proxeccións en galego” ao mesmo tempo que se goza das aventuras do gato cósmico. A sección xuvenil da Mesa saúda o financiamento da dobraxe por parte de Política Lingüística, que chega logo das campañas sociais, mais considera “claramente insuficiente un filme en galego ao ano”.

Ler máis...
 
O BNG pide medidas contra un hospital coruñés que vulnerou os dereitos lingüísticos dunha crianza
Escrito por apana   
Luns, 03 de Setembro do 2007

[Vieiros] O deputado Bieito Lobeira (BNG) pídelle á  Secretaria Xeral de Política Lingüística que tome máis medidas de presión contra o hospital Modelo da Coruña por ter vulnerado os dereitos lingüísticos dun menor. Dende A Mesa pola Normalización Lingüística denunciaran que unha pediatra deste centro privado esixiulle a un rapaz que se dirixise a ela en castelán. Este gravísimo suceso foi o motivo dunha campaña da Ciberirmandade na que aínda podes colaborar.

Ler máis...
 
A festa dos Axóuxeres nace para animar ás familias a falar en galego
Escrito por Medulio   
Domingo, 02 de Setembro do 2007

Música, maxia e xogos reunirán en espazos públicos de Santiago, Vigo e A Coruña a bebés, cativos e grandes.

(Xornal.com) "A Festa dos Axóuxeres é a festa para celebrar o galego como lingua da casa”. Así definiu a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, a nova iniciativa posta en marcha polo seu departamento para promover a transmisión familiar da lingua galega. Santiago, Vigo e A Coruña acollerán a semana que vén esta festa, que vai poñer nos escenarios a música recompilada no disco Cantos de Arrolar, co que se está agasallando a todas as mulleres embarazadas dentro da campaña Xeración E logo!.

Ler máis...
 
Cultura si, mausoleo non
Escrito por minhoca   
Xoves, 30 de Agosto do 2007

 Plataforma cidadán cultura si mausoleo non. Pola eliminación do Proxecto da Cidade da Cultura e a reconversión das obras e edificacións rematadas en instalacións útiles para a sociedade galega. Pola depuración de responsabilidades penais ante o cúmulo de irregularidades desde o inicio do proxecto. Pola anulación dos orzamentos destinados ao Proxecto da Cidade da Cultura e a súa inversión en Sanidade,Educación e Servizos Sociais.

Ler máis...
 
O Valedor do Pobo non responde a ningunha das queixas contra as súas declaracións sobre o galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 30 de Agosto do 2007

 Movemento polos Dereitos Civís quere denunciar o incumprimento das obrigas dunha institución pública como é o Valedor do Pobo. O pasado 31 de xullo, o propio Benigno López facía unhas incomprensibéis declaracións a diversos medios nas que minusvaloraba gravemente o galego. Este feito fixo que máis de 90 persoas, a iniciativa do MpDC, enviaran as súas queixas ao propio Valedor, e polas que non obtiveron, case un mes despois, resposta algunha.

Ler máis...
 
Intelectuais e artistas pola defensa de Corrubedo
Escrito por minhoca   
Luns, 27 de Agosto do 2007

 Os fillos e as fillas do cabo verde de Corrubedo facemos un chamamento desesperado para liberar a nosa costa das poutas das transnacionais fabricantes do peixe. Unha piscifactoría, fábrica de peixes ao cabo, de 308.000 metros cadrados en territorio virxe é o noso premio por conservar, o castigo a ese cabo do mundo ao que só chegan os salseiros do mar. Corrubedo é aínda Terra Liberada. É xusto que á nosa terra liberada, ao noso litoral incólume, veña agora o poder dunha empresa transnacional para exercer o castigo da destrución? Velaquí as verbas do país

 
"O que non conseguiu Franco non o vai conseguir ninguén"
Escrito por apana   
Luns, 27 de Agosto do 2007
 Anxo Quintana critica a debilidade intelectual da esquerda española e asegura que ninguén prohibirá que se cante o himno galego nas escolas.O portavoz nacional do BNG fixo referencia á polémica en torno á aprendizaxe do himno galego, acusando aos socialistas de moverse no marco ideolóxico que lles marca o PP. "Preocúpanos esa actitude do Partido Socialista, porque tivemos que asistir a episodios esperpénticos como os vividos en torno ao himno galego. Para o Partido Popular, o himno galego é igual que un arroto."
Ler máis...
 
O periódico galego "A Peneira" vetado polo alcalde popular de A Cañiza
Escrito por apana   
Sábado, 25 de Agosto do 2007

Vía Vieiros enterámonos que o periódico  galego A Peneira vén de ser vetado nas dependencias muncipais desta vila así como na Casa da Cultura e  a Biblioteca. "A pesares de que cada mes o xornal distribúe milleiros de xornais da edición do Condado en todos os espazos públicos e en establecementos privados da Cañiza, os lectores non o poderán atopar naqueles lugares nos que o alcalde supostamente prohibiu a lectura ordenando que se retire no momento en que o distribuidor os deixa."

Ler máis...
 
Obxectivo. Froiz, unha empresa galega??
Escrito por minhoca   
Venres, 24 de Agosto do 2007

O grupo "Distribuciones Froiz " presume da fidelidade dos clientes como un dos motores da sua posición no mercado. Queremos parabenizar a Froiz pola sua presenza nas novas tecnoloxías, nomeadamente polo seu servizo de venda dende a rede; mais ao tempo, reclamarlle que faga uso da lingua propia de Galiza, a lingua dunha importante parte dos seus clientes e clientas. A maiores, topónimos como Bayona, La Guardia, Mellid, Noya, Ordenes, Puenteareas, Puentecesures..., que atopamos no seu web, ofenden o noso orguio. Envialles un correo , lembrandolles o noso dereito a elixir ou cambiar de empresa.

 
Comeza o prazo de matrícula nas Galescolas
Escrito por apana   
Xoves, 23 de Agosto do 2007

Segundo informa GZnación entre o 24 e o 30 de agosto formalizarase a matrícula nos 23 centros que comezan a actividade neste curso escolar. Os nenos e nenas de entre 0 e 3 anos que aparezan nas listas definitivas de admitidos xa poden formalizar a súa matrícula nas Galescolas. Vinte dos vintetrés centros abren o prazo este venres 24 de agosto e péchano o martes 28. Son os de Boiro, Cambre, Campo Lameiro, Cerdedo, Coles, Covelo, Crecente, Fene, Fonsagrada, Oia, Ortigueira, Pantón, Pereiro de Aguiar, Portas, Rianxo, A Rúa, Taboada, Vilaboa, Vilamarín e Zas. Os outros tres centros (Xinzo de Limia, Poio e Ponteceso) comezarán o prazo o luns 27 e rematarán o 30.

Ler máis...
 
Tomiño e Vila Nova de Cerveira acollen a primeira edición de “Curtas Minhotas"
Escrito por apana   
Mércores, 22 de Agosto do 2007

Segundo informa InfoRosal durante os días 4 e 5 de setembro realizarase a primeira edición das Curtas Minhotas, en Vila Nova de Cerveira (Portugal) e en Tomiño (Galiza). As Curtas Minhotas son un evento cinematográfico onde serán proxectadas producións portuguesas e galegas ao ar libre. Esta iniciativa, portanto, nace e fundaméntase nun constructivo espíritu transfronteirizo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>

Resultados 373 - 384 de 587

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com