Xoves, 28 de Agosto do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ó Chou:
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Corrector linguístico norma AGAL
Ligazóns ó Chou
Chuza! 
ForoGaliza 
Libraría Limiar 
Xián Baby Web 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

O semanario A Nosa Terra comeza unha nova xeira
Escrito por apana   
Sábado, 07 de Xullo do 2007

A Nosa TerraCoa Xunta Xeral de accionistas celebrada hoxe sábado, A Nosa Terra iniciou unha nova andaina. Para iso entraron no consello de administración o ex-socialista vigués e novo presidente Miguel Barros e o socialista do sector galeguista Ceferino Núñez. Respaldando economicamente o proxecto unha importante construtora galega. O expresidente da deputación de Ourense e do Parlamento galego Victorino Núñez tamén vai estar nesta nova andaina.

Ler máis...
 
A ICANN ve con bos ollos os dominios lingüísticos [.gal]
Escrito por Kiko das Leiras   
Venres, 06 de Xullo do 2007

 O bo funcionamento do ".cat" aumenta as posiblidades de que se aproben dominios para as linguas, como é o caso do ".gal" para o galego. Uns 800 expertos de 90 países participaron no 29º Congreso da Corporación de Internet para os Nomes e Números Asignados (Icann) en Porto Rico, no que exploraron a posibilidade de crear novos dominios, proceso que a Icann mantén pechado dende hai varios anos.

Ler máis...
 
Xa podes asinar en galego a petición do NON ó formato de Microsoft Office como estándar ISO
Escrito por manuel meixide   
Xoves, 05 de Xullo do 2007

 Podes asinar en galego a solicitude aos membros do comité nacional de ISO que voten "NON" a ISO DIS 29500 (formato documental Office OpenXML, OOXML). Estas son algunhas razóns para facelo:

Ler máis...
 
Xa dispoñible a tradución ao galego do Drupal 5.x
Escrito por apana   
Mércores, 04 de Xullo do 2007

logotipo de drupalDespois de algúns meses de espera, o Grupo de Tradución de Drupal ao galego arranxou os problemas cos repositorios  que impedían que estivera dispoñible na sección de descargas dende a páxina oficial de Drupal.org. Polo tanto aquí está a ligazón. Agradeceríase que se se atopa algunha incorrección se lles reportara para arranxala. Parabéns ao Galiza Drupal Group.

 
Segue-se a travar a língua galega no Berzo
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 03 de Xullo do 2007

 A Associaçom Cultural Fala Ceive do Bierzo, informavos sobre os novos obstáculos que se estam a pôr ao estudo da língua galega em alguns liceus de Ponferrada. Actualmente, o alunado, os pais e as maes estam a realizar os trámites preceptivos de matriculaçom nos centros educativos do Bierzo. Algumhas pessoas dirigirom-se a Fala Ceive para denunciar irregularidades na matriculaçom, no que se refere à impossibilidade de optar pola matéria de língua galega.

Ler máis...
 
A Mesa di que 'o PP traizoa os seus votantes por un telefonazo de Madrid'
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 03 de Xullo do 2007

A MESAA Mesa pola Normalización Lingüística valorou hoxe en conferencia de imprensa a actitude de “crispación” do Partido Popular perante o novo decreto de galeguización do ensino, que previamente este partido consensuara con PSOE, BNG e a Consellaría de Educación. Para esta organización cidadá, “o PP traizoa os seus votantes para cumprir as ordes que lle chegan de Madrid”. “Esta decisión vailles ter custos, porque nin a súa base social nin a súa base electoral entenden por que o PP está tan radicalmente en contra dun dos principais sinais de identidade de Galiza”, segundo Carlos Callón, presidente da Mesa.

Ler máis...
 
Manifesto da Plataforma Medioambiental de Corrubedo
Escrito por minhoca   
Martes, 03 de Xullo do 2007

Se no litoral incólume de Corrubedo os veciños e veciñas tiveran construído casas e galpóns espallados ao longo da historia, hoxe non verían como a Xunta intenta expropiar todo un cabo para cederllo a unha empresa. A necesidade de grandes espazos libres para instalar industrias contaminantes como as fábricas de peixe fai que manter 7 quilómetros de costa totalmente libres de edificacións se castigue coa expropiación.

Ler máis...
 
Xosé María Álvarez Blázquez será o personaxe ao que se adicará o Día dás Letras Galegas no 2008
Escrito por ghalleiras   
Luns, 02 de Xullo do 2007
O tudense Xosé María Álvarez Blázquez, será o escritor ao que se adicará o Día dás Letras Galegas no próximo ano, segundo acordo adoitado no plenario do pasado sábado pola Real Academia Galega.
Ler máis...
 
Adeus a "La coruña"
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 02 de Xullo do 2007

O Concello da Coruña vai suprimir o topónimo en castelán en todos os seus papeis e impresos. O Concello fará do galego o seu idioma "por defecto" e garantirá a atención en castelán a quen queira expresarse nesa lingua. O Concello suprimirá o topónimo en castelán en todos os seus impresos, rótulos e automóbiles oficiais como paso fundamental no seu plan de normalización lingüística. O proceso para a erradicación da forma "La Coruña" nos documentos será "lento" pola gran cantidade de papeis e cartafois na que consta impreso este topónimo, e será veloz no resto de casos, segundo avanzou onte a edil de Normalización Lingüística, Ermidas Valencia.

Ler máis...
 
'Total encaixe constitucional' do decreto de galeguización do sistema educativo
Escrito por minhoca   
Domingo, 01 de Xullo do 2007

ImageA Mesa pola Normalización Lingüística . Varias sentenzas do Tribunal Constitucional amparan a progresiva galeguización do ensino “para corrixir situacións de desequilibrio herdadas historicamente e evitar que ocupe unha situación secundaria”.

O Observatorio de Dereitos Lingüísticos (ODL), formado por membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüistas, docentes universitarios e profesionais do dereito, posicionouse esta mañá en conferencia de imprensa sobre o decreto de promoción do galego no sistema educativo publicado onte no DOG. 

Ler máis...
 
O galego convértese na primeira lingua do estado en ter un corrector gramatical libre: O Golfiño
Escrito por apana   
Venres, 29 de Xuño do 2007

 O Golfiño, aínda en versión beta, completa ás aplicacións lingüísticas do paquete ofimático OpenOffice.org e permítelle ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades. Máis de 45.000 galegos contan xa co OpenOffice.org, posto á súa disposición a través da iniciativa de promoción do software libre da Consellería de Innovación e Industria, Mancomun.org.

Ler máis...
 
Nace RadioBloGaliza
Escrito por minhoca   
Xoves, 28 de Xuño do 2007
Nace RadioBloGaliza , un proxecto que pretende fomentar a música feita en Galiza. RadioBloGaliza consta dunha páxina web dende a que poderás escoitar música en galego, inda que tamén ofrecen música feita por grupos galegos noutros idiomas, publicada baixo licenzas libres que permitan a súa difusión. Presenta información instantánea sobre a música e programas que están sendo emitidos. Os usuarios poden solicitar unha emisión determinada de entre os mais de mil temas que se ofrecen. A radio traballa íntegramente con software libre e/ou de código aberto. En RadioBloGaliza tes unha ampla variedade de estilos musicais.
 
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>

Resultados 385 - 396 de 549

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com