|
Quén está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|

|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 28 de Xuño do 2007 |
Nace RadioBloGaliza , un proxecto que pretende fomentar a música feita en Galiza. RadioBloGaliza consta dunha páxina web dende a que poderás escoitar música en galego, inda que tamén ofrecen música feita por grupos galegos noutros idiomas, publicada baixo licenzas libres que permitan a súa difusión. Presenta información instantánea sobre a música e programas que están sendo emitidos. Os usuarios poden solicitar unha emisión determinada de entre os mais de mil temas que se ofrecen. A radio traballa íntegramente con software libre e/ou de código aberto. En RadioBloGaliza tes unha ampla variedade de estilos musicais. |
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Xoves, 28 de Xuño do 2007 |
|
O estudo periódico sobre os niveis de competencia lingüística no ámbito da UE non inclúe o galego e sí outras linguas oficiáis. Francisco Rodríguez (BNG) cualifica esta situación de discriminatoria para a nosa lingua xa que “non hai nengunha razón obxectiva que xustifique esta exclusión". O portavoz del BNG no Congreso dos Diputados, Francisco Rodríguez, vén de rexistrar unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pede ao Goberno que se dirixa á Comisión Europea para reclamar a inclusión do galego no próximo Eurobarómetro sobre os niveis de competencia lingüística no ámbito da UE. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Xoves, 28 de Xuño do 2007 |
|
O 23 de xuño de 2007 a Galipedia, a versión en galego da Wikipedia, alcanzou a cifra de 25.000 artigos. Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a todo o interesado en contribuír.
A Galipedia botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 25.092 artigos... |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 27 de Xuño do 2007 |
|
Delegados/as da CIG-Autonómica imputados penalmente pola fiscalía dun delito contra as institucións do estado. Son xa dez os delegados e delegadas da CIG, todos eles persoal funcionario e laboral da Xunta, así como unha afiliada, citados a declarar nos xulgados de Coruña, Compostela e Pontevedra, imputados penalmente pola fiscalía dun delito contra as Institucións do Estado (art. 503.2 do Código Penal), tipificado cunha pena de entre 2 e 4 anos de cadea. Falta por saber se tamén haberá imputados noutros partidos xudiciais. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 25 de Xuño do 2007 |
|
Asociación pola Defensa da Ría . O vindeiro XOVES 28 ÁS 20,30 H no Salón de Actos de Belas Artes, terá lugar a estrea en Pontevedra do documental "O SALARIO DO SILENCIO" que recolle a problemática da planta regasificadora de REGANOSA na Ría do Ferrol así como da loita pola defensa da Ría e contra da súa presencia. Farán a presentación do documental ENRIQUE BANET, director de fotografía e realizador de televisión, que se encargou da dirección, guión, cámara e edición deste traballo, e MABEL RIVERA, coñecida actriz, que se ocupou da documentación, produción executiva e da voz en off deste documental. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 25 de Xuño do 2007 |
O DokuWiki dispón dunha nova versión e coa mesma os arquivos de idioma galego quedaron anticuados. Está dispoñibel na zona de descargas da CIF, a tradución galega do dokuWiki, actualizada á versión rc2007-05-24. DokuWiki é un wiki sinxelo, de código libre baixo licenza GPL, pensado para grupos de traballo en xeral, de doado uso e sintaxis sinxela, e non require bases de dados. Por certo, sacamos peito pola nosa lingua, pois o galego está actualizado antes que outras linguas tamén importantes. |
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 25 de Xuño do 2007 |
|
 A MESA Comezaron a instalarse en distintos puntos senlleiros da vila sinais rotulados unicamente en castelán. O goberno municipal xustificou a escolla “para que entendan a cartelaría os moitos visitantes portugueses que veñen de visita”. A sinalización con información turística que dende hai unhas semanas se vén instalando en distintos puntos senlleiros do casco vello tudense aparece exclusivamente en castelán, segundo denuncian os socios e socias da Mesa do grupo comarcal do Baixo Miño, que recordan que non é o primeiro caso de exclusión da lingua galega por parte do Concello de Tui. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 21 de Xuño do 2007 |
|
Despois de 25 anos subvencionando con importantes sumas a fondo perdido a presenza do galego na prensa escrita, evidénciase que esta liña non funciona. Resulta sospeitoso que se manteñan as axudas a través de convenios "bis a bis" difíciles de verificar, sen esixir uns mínimos resultados de cantidade, calidade, evolución porcentual e consolidación do galego nos medios beneficiarios dos diñeiros públicos, que non se cuestione a continuidade deste tipo de "tratos" e se supriman definitivamente unha vez amosada a sua ineficiacia. Pola nosa lingua, segue lendo e participa. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 21 de Xuño do 2007 |
|
Está a circular na rede unha patética montaxe de banda deseñada contra nosa lingua. Eses debuxos, roubados doutra banda deseñada que se repartiu entre nenos de escolas americanas para manipular aos cativos e cativas coas teses creacionistas e ensinarlles a rexeitar a mestres que explicaban a teoría da evolución natural, é agora utilizada contra a nosa lingua. A primeira nova da que temos coñecemento xurde dun pai ou nai que asegura ter recibida a montaxe dende unha rolda de distribución da ANPA dun colexio de Vigo ou arredores. Rápidamente houbo resposta. Non o perdas, que está moi ben. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 21 de Xuño do 2007 |
|
As Mocidades da Mesa pola Normalización Lingüística denuncian que non será posíbel ver en galego o filme Shrek Terceiro, unha das estreas de animación máis esperadas do ano que mañá chega ás salas de todo o país. Mentres, en Catalunya Shrek e a súa dona Fiona falarán en catalán con toda normalidade: será grazas á campaña “Dóna corda al cinema en catalá”, impulsada pola secretaría de Política Lingüística da Generalitat. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 19 de Xuño do 2007 |
|
A Mesa denuncia a desprotección dos pacientes perante este tipo de situacións na sanidade privada. A Mesa pola Normalización Lingüística tivo coñecemento dun novo caso de grave discriminación por razón da lingua empregada. A denunciante foi unha muller que acudiu con seu fillo, un rapaz de 13 anos, a unha consulta pediátrica ordinaria no Hospital Modelo da cidade da Coruña, de titularidade privada. Esta cidadá non puido saír do seu asombro cando presenciou como a médica lle exixía ao rapaz “que se dirixise a ela en castelán” visibelmente alterada e con moi maos modos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 18 de Xuño do 2007 |
|
Ofrecemosche o audio da entrevista feita á CiberIrmandade polo programa "as quimbambas" da Radio Galega o 29 de maio, co gallo da posta en marcha da campaña reivindicando a publicación de Asterix en galego , complementando as movilizacións de varios centros educativos e doutras organización, nomeadamente A Mesa pola Normalización Lingüística. O arquivo, que ocupa 3,5 M, podes descargalo nesta ligazón. Se che interesa, dispós doutras entrevistas anteriores. |
|
| << Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>
| | Resultados 397 - 408 de 550 |
|
|
Obxectivos dende... |
|
|
|