|
Quén está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|

|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 12 de Xuño do 2007 |
|
Acabase de anunciar a apertura do proceso de tradución de Ubuntu 7.10 ("Gutsy"). A páxina para as traducións ao galego están nesta ligazón . Na información recibida anúnciase que vai existir de novo o "Daily language pack", un repositorio de onde se podan descargar os paquetes de idioma actualizados ao día (coas traducións que estean na interface web). Deste xeito os tradutores poden ver como queda o seu traballo na aplicación final. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 12 de Xuño do 2007 |
|
LongaLingua, publicación galega sobre lingua e sociedade, editada pola Mesa pola Normalización Lingüística, faise eco de dous exemplos do menosprezo que, dunha banda a xudicatura, e doutra a administración, teñen cara nosa lingua. Son o caso dunha oposición do Hospital do Salnés no que non se ofreceu o texto en galego e o caso da anulación dunha oposición do Concello de Carballo por ser o exáme de galego eliminatorio. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 08 de Xuño do 2007 |
|
A campaña de recollida de sinaturas individuais para respaldar a iniciativa da Asociación PuntoGal non deixa de medrar. Desde que se iniciou a campaña de procura de apoios individuais para PuntoGal, o 17 de xaneiro de 2007, son xa máis de 6.000 as persoas que coa súa sinatura apoian a reivindicación dun dominio propio para a lingua e a cultura galegas. En cinco meses, no rexistro de sinaturas individuais figuran 6.046 entradas o que significa unha chegada constante de apoios. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 06 de Xuño do 2007 |
|
Varios artistas galegos danse cita este venres, día 8, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, nunha festa de apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo. A festa ten por obxectivo recadar fondos para o novo proxecto do Portal de Comunicación Arredemo, portal de información libre e independente ao servizo do tecido socio-cultural do país, e contará coa presenza de Quico Cadaval, Narf, Chévere, Clara Gayo, Pista Catro, Os da Ría, e Carlos Santiago. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por mdl
|
|
Mércores, 06 de Xuño do 2007 |
Continua a campanha Conhece o teu Mundo que desenvolveremos durante o ano inteiro por toda a Galiza. Segunda paragem: Vigo, no CSA A Revolta, com a palestra "Estamos na Net" em que participarão Celso Alvarez Cáccamo, Jose Ramom Flores das Seixas e Vítor Lourenço. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 06 de Xuño do 2007 |
|
Diante da decisión do xulgado de Ferrol de confirmar a prisión incondicional sen fianza do patrón maior da confraría de mariscadores de Ferrol, a Asociación Pola Defensa da Ría manifesta a súa máis profunda solidariedade con Bernardo Bastida e esixe a súa inmediata posta en liberdade. O “delito” de Bastida é loitar, xunto con milleiros de cidadáns de Ferrol, pola defensa dos recursos naturais da Ría de Ferrol e a seguridade da súa poboación. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por SOS Mourela
|
|
Martes, 05 de Xuño do 2007 |
|
Sen facer públicos os estudos dos arqueólogos no Circulo Lítico, sen estudar as tres mámoas que nestes dias serán derruidas, e sen termos constancia de se a Dirección Xeral de Patrimonio deu o visto bo, a CPTOPV decide arrasar hoxe [5/6/07] o alto da Necrópole, enclave crucial do patrimonio megalítico. SOS Mourela . |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 04 de Xuño do 2007 |
|
O domingo, día 10 de xuño, os responsabeis do phpBB3, popular sistema de foros (ver foros da CiberIrmandade ), van facer unha limpa de tódolos paquetes de idioma "sobrantes" do que hai agora como descárregas dispoñibeis no web oficial. A data límite para envia-la tradución completa é o domingo día 10 ás 12 do mediodía, e a nosa lingua ten que estar aí. Axúdanos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 02 de Xuño do 2007 |
|
A Mesa pola Normalización Lingüística está a asesorar ao pobo mapuche na recuperación da súa lingua, o mapuzugun, presente nos estados chileno e arxentino. Froito desta colaboración, Celeste Carilao, do partido mapuche Wallmapuwen, está a visitar a Galiza desde o pasado 31 de maio e até mañá, recollendo toda a información posíbel sobre o caso galego. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por ferreira
|
|
Mércores, 30 de Maio do 2007 |
|
Salvat-Bruño, a editorial responsábel da non publicación das aventuras de Astérix no noso idioma ten unha curiosa reacción ás campañas que tanto a Ciberirmandade como outros colectivos vimos facendo desde hai xa tempo: "Lo estamos estudiando. Muchas Gracias". |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 29 de Maio do 2007 |
|
Nestes días retiramos as sindicacións que permitían aos visitantes da CiberIrmandade, ler os titulares doutros webs dende o noso. Durante as últimas semanas puidemos observar como o web da CIF ía excesivamente de vagar. Era algo habitual que o web tardase 30 segundos en comezar a cargar e, en demasiadas ocasións, ficaba baleira. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 26 de Maio do 2007 |
|
Como se de umha manobra de ocupaçom (cultural) do exército romano sobre a pequena aldeia da Gali(z)a se tratasse, a editorial responsável da traduçom das histórias de Asterix e Obelix, Salvat-Bruño, nega-se a publicar umha versom da famosa banda desenhada na língua da Gali(z)a. Perante esta manobra do invasor, desde esta pequena naçom no confim do ciberespaço, povoada pol@s irredutíveis galeg@s, pensamos em duas opçons: |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>
| | Resultados 409 - 420 de 544 |
|
|
Obxectivos dende... |
|
|
|