Xoves, 21 de Agosto do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ó Chou:
Tell a Friend Mod 1.2.1 (Galego)
Marcador libro-toxo (tras)
Ligazóns ó Chou
Dicionário e-Estraviz 
Mozilla en galego 
OpenTrad 
Vocabulario da Real Academia Galega 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

IX Asembleia do Movimento Defensa da Língua
Escrito por minhoca   
Domingo, 21 de Xaneiro do 2007

Estes dias rematou a IX Asembleia do Movimento Defensa da Língua, que fecha as actividades do seu 10 aniversario, e a CiberIrmandade quere facer público o seu agradecemento pola consideración que recibiu, ao sermos destinatarios dunha das resolucións da Asembleia que "pretendem fazer um percurso não exaustivo pelos acontecimentos de maior relevância destes últimos tempos a respeito da defesa da língua e da cultura galega."

Este recoñecemento é pra toda a xente que colabora coa CiberIrmandade da Fala tanto a nivel organizativo como enviando pregos e facendo doazóns. O traballo constante de todos está fortalecendo a situación da nosa fala tanto na sociedade virtual coma real. Dende a CiberIrmandade esperamos manter este ritmo de traballo no ano 2007 e poder fechar este ano con moitos novos obxetivos acadados.

Ler máis...
 
Nace o primeiro xornal gratuíto en galego: De luns a venres
Escrito por ferreira   
Luns, 15 de Xaneiro do 2007


O pasado 21 de decembro naceu o xornal "De luns a venres", gratuíto e integramente en galego. É unha moi boa nova para o proceso de normalización da lingua galega, xa que contribúe a que se poida vivir en galego cun chisco máis de normalidade, nun entorno onde a presenza dos medios en castelán é abafante.

Desde a CiberIrmandade dámoslle a LV a máis sincera benvida e desexámoslle moitos éxitos nesta andaina. Así mesmo, convidámosvos a que lle fagades chegar os vosos parabéns.

Ler máis...
 
Obxectivo. Caixanova
Escrito por minhoca   
Sábado, 13 de Xaneiro do 2007
Mentres outras entidades bancarias galegas, e incluso foráneas, van avanzando na implantación do uso do galego nas súas actividades, os pasos que está dando Caixanova nesta dirección exclúen o ciberespazo: Caixanova ofrece as súas comunicacións en galego, pero esquéceo na páxina web. Faille saber que o galego tamén existe na rede, envía o teu prego aquí .
Ler máis...
 
Localización da Debian en galego
Escrito por ferreira   
Mércores, 10 de Xaneiro do 2007

Nestes dias creouse unha rolda de distribución na nosa lingua para a localización da Debian debian-l10n-galician en lists.debian.org. Trátase dunha lista de política aberta, de libre subscripción e arquivo público. O seu propósito é afortalar o soporte da distro no noso idioma promovendo a consolidación da comunidade Debian galega.

Dende a CiberIrmandade queremos parabenizar ao promotor e a xente que colaborou no envío de pregos para solicitar a creación da lista. Este é o xeito de acadar un novo status pra nosa lingua na rede global. Un xeito no que un grupo de vinte persoas organizados e mediante o envío de emails pode xurdir unha nova vía de existencia para o galego.

Quen desexe subscribirse pode facelo por si proprio/a dende esta ligazón.

 
Galeguización de nomes e apelidos
Escrito por ferreira   
Venres, 05 de Xaneiro do 2007

O BNG reclámalle aos políticos do país que empreguen a forma galego dos seus nomes e apelidos

Dar exemplo sobre a necesidade de recuperar as formas propias dos nomes e apelidos galegos. Esta é a idea coa que o Bloque Nacionalista Galego presentaba onte no Parlamento unha Proposición non de Lei na que lle solicita á Xunta a posta en marcha dunha campaña que anime a políticos e persoeiros públicos a galeguizar os seus nome e apelidos.

Desde a CiberIrmandade convidámosvos a dar tamén ese paso e recuperar os apelidos que levaron desde sempre as nosas familias antes de ser deturpados, así como os nomes galegos. Nesta nova incluímos unha pequena escolma da lexislación e as indicacións de como facelo.

Ler máis...
 
phpBB e Joomla: Paquetes de lingua actualizados
Escrito por minhoca   
Mércores, 03 de Xaneiro do 2007

Nos pasados dias sairon novas versións para phpBB (2.0.22) e Joomla (1.0.12). E con elo, houbo que incorporar algunha variabel nova aos paquetes de idioma galego. Estes están dispoñibeis dende a zona de descargas da CiberIrmandade. Ir a phpBB-galego (paquete oficial). Ir a Joomla-galego (versión informal).

 
Tradución do mod Anti Bot Question (phpBB)
Escrito por minhoca   
Domingo, 31 de Decembro do 2006

Informamos de que engadimos un novo traballo de tradución á nosa lingua, a parte de administración do Mod Anti Bot Question para o sistema de foros phpBB. Actualmente están en marcha, xunto co anterior, o sistema de foros phpBB3, e o xestor de contidos Joomla! 1.5.

Para participar, abonda con que accedas ao traduCIF , e traduzas as liñas que consideres. E se es validador, non esquezas revisar o traducido e darlle a tua aprobación. Precisamos axuda; contacta connosco

 
"Perez, o rato dos teus soños". Galego 4, castelán 20
Escrito por minhoca   
Mércores, 27 de Decembro do 2006

Malleira de campionato ao galego no cinema. Si, os galegos e galegas que queiramos ver esta película no noso idioma saímos perdendo. Tan só catro das fitas que se proxectarán en Galiza serán en galego. O resto, até 20, en castelán. Fica así o galego, unha vez máis, como algo marxinal, algo reservado para os "obxectores de consciencia", como di a Mesa pola Normalización Lingüística no seu comunicado de denuncia. Calquera que consulte a carteleira, por exemplo, na páxina da Compañía de Radio Televisión de Galicia non conseguirá saber que existe a posibilidade de ver este filme en galego. O mesmo acontece a través da web do Cluster Audiovisual Galego.

Unha vez realizada a dobraxe ao galego a Xunta de Galiza debería asegurar a maior distribución posíbel, maximizando así a repercusión dese investimento. Permitir que unha das pouquísimas películas que se poden ver en galego ao longo de todo o ano fique como algo residual é un desleixo inaceptábel. Desde a Ciberirmandade da Fala convidámosvos aos que acudades ao cinema a que solicitedes información sobre a posibilidade de ver "Pérez, o rato dos teus soños" en galego.

Ler máis...
 
Obxectivo. Yoigo
Escrito por minhoca   
Sábado, 23 de Decembro do 2006

A nova operadora de telefonía móbil Yoigo ignora o galego, mentres ofrece distintos servizos en castelán, inglés, catalán ou euskara. Faille  chegar a túa opinión.

A telefonía móbil é xa un servizo totalmente integrado na vida cotiá da cidadanía galega. Aos poucos o oligopolio destes primeiros anos vaise abrindo, coa aparición de empresas que compiten polo seu nicho, buscando ofrecer productos e servizos cada vez máis acaídos ás demandas dos usuarios. Neste intento de achegamento aos requirimentos da cidadanía, o uso das linguas propias de cada territorio semella unha necesidade evidente. Mais algunhas compañías de telefonía móbil non son conscientes desta demanda, nin teñen a mesma sensibilidade con todos os cidadáns e cidadás do estado español.

Ler máis...
 
Ingreso da cota de socio ou socia
Escrito por minhoca   
Mércores, 20 de Decembro do 2006

Comunicamos aos integrantes da Asociación Cultural Galega Ciberirmandade da Fala, que xa está aberta a conta corrente para para ingresar a cota, establecida en 15 €/ano, que nos permita facer fronte aos gastos de funcionamento (nomeadamente, o pagamento da hospedaxe). Aproveitamos esta información para convidarvos a todos e a todas a participar na asociación e/ou facer doazóns económicas para o sostemento desta organización decana.

Ler máis...
 
Os cativos e cativas aprenderán en galego
Escrito por minhoca   
Domingo, 17 de Decembro do 2006

A Consellaría de Educación vai presentar no Parlamento unha proposta de decreto para regular o uso do galego no ensino non universitario. O borrador que se está a manexar aumenta o mínimo desde o 33% que figuraba no decreto 247/1995 (que nunca chegou a  cumprirse) ata un 56-68% nos distintos tramos educativos. E, o que é máis importante, contémplase que a aprendizaxe da lectoescrita sexa integramente no noso idioma.

A CiberIrmandade da Fala valora positivamente esta proposta de novo decreto, agardando que non fique en auga de castañas como o anterior, e que se forneza os centros dos medios necesarios para unha correcta aplicación, así como que se aseguren as inspeccións pertinentes.

Ler máis...
 
Por unha canle lusófona en R
Escrito por minhoca   
Xoves, 14 de Decembro do 2006

RNestas datas dentro da internet galega non paran de xurdir novas campanhas e iniciativas pra defensa da nosa língua. Unha destas novas campanhas é a promovida dende o blog Nem tele, nem gaitas . Como ben explica Nemtele, esta campanha pretende acadar que a canle de televisión da empresa galega R comeze a emitir a nova canle internacional en lingua portuguesa CLP TV. Participa nesta campanha enviando un correo a R [..]

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>

Resultados 445 - 456 de 544

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com