|
Quén está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|

|
Escrito por SOS Mourela
|
|
Luns, 14 de Maio do 2007 |
1. A NECRÓPOLE DA MOURELA NOS ESTUDOS E INVESTIGACIÓNS
O conxunto megalítico da Mourela é un dos primeiros xacementos en ser estudado con técnicas científicas en Galiza. A singularidade deste caso vén dada polo propio feito de ser obxecto dun estudo minucioso por parte do arqueólogo Federico Maciñeira e por constituir un campo de medoñas no que se conservaban dous círculos de pedra. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 06 de Maio do 2007 |
|
Semella que algunhas asociacións empresariais non son quén de aplicar sobre si mesmas os criterios de calidade na atención ao cliente que tanto predican entre os seus asociados, esquecéndose da importancia que para moitos cidadáns e potenciais clientes ten o uso do idioma galego. Seguindo a máxima empresarial “unha crítica é un regalo”, failhes un regalo enviando o prego e dicíndo que o galego si importa . |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 26 de Abril do 2007 |
|
Dous dos últimos obxectivos da CiberIrmandade, Caixanova e o Instituto Xeográfico Nacional, deron pasos positivos tras a enorme repercusión das campañas, nas que se lle enviaron centos de correos electrónicos solicitando a galeguización das súas páxinas web e o uso dos topónimos galegos correctos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 16 de Abril do 2007 |
|
A Ciberirmandade da Fala quere sumarse á iniciativa d'A Mesa pola Normalización Lingüística e achegar os nosos parabéns ao Celta por unha nova “vitoria”: o club dá novos pasos no uso do galego. Ao tempo a asociación convida agora ao equipo de fútbol a que inclúa unha versión da web na nosa lingua. Súmate á iniciativa enviándolles un correo! |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 11 de Abril do 2007 |
|
A Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO, coordinadora de diversas asociaciois e entidades afincadas na vila natal do Padre Sarmiento, Vilafranca do Bierzo, pon en marcha unha recollida de sinaturas polo cumprimento do convenio asinado entre os governos de Castela e León e Galiza e que se comprometeron a recuperar a casa do Padre Sarmiento. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 01 de Abril do 2007 |
|
A actual campaña desenvolvida pola CiberIrmandade, na que se demanda a corrección dos topónimos deturpados na páxina do Instituto Xeográfico Nacional, así como a realización dunha versión en galego desta web, está a ter unha repercusión moi importante. Nas dúas semanas escasas que leva funcionando, a iniciativa da CIF non só está a ser espallada pola rede, senón que chegou tamén aos medios de comunicación editados en papel, e mesmo propiciou preguntas no Congreso e no Senado españois, así como no Parlamento Galego. Pero a acción aínda está en marcha. Participa! |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 29 de Marzo do 2007 |
|
Longa Lingua, a publicación galega sobre lingua e sociedade d'A Mesa pola Normalización Lingüística informa da emisión dun programa en Radio Obradoiro desde onde se resolverán dúbidas sobre a lingua. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 17 de Marzo do 2007 |
|
Sabes onde está La Teijeira, El Bollo ou Chandreja de Queija? Nós dicímoscho: no Instituto Xeográfico Nacional . Este órgano do Ministerio de Fomento fai uso destes e doutros moitos barbarismos na súa páxina web: La Bola, Castrelo del Valle, Jinzo de Limia, El Irijo, Junqueira de Ambía, Lobera, Viana del Bollo, Villardevós, Germade, Jove, Otero de Rey, Pedrafita del Cebrero... Envíalles cun correo esixindo o cumprimento da legalidade toponímica . |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 10 de Marzo do 2007 |
|
PROCLAMA a favor dunha humilde e entrañable partícula mergullada nas raíces da realidade vital da lingua. MANIFESTO DOS CENTO SETENTA en defensa da verdadeira conxunción copulativa: a que nos conforta en “pan e viño”, a que nos divirte en “cóxegas e moxetes”, a que nos orballa en “Laiño e Lestrove”, a que nos compromete en “dereitos e deberes”, a que nos anima en “saudiña e que cante o merlo”, a que nos engaiola en “liberdade e xustiza” e a que nos confraterniza en “galegos e galegas”, “galegos e galegas”. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 03 de Marzo do 2007 |
|
A CiberIrmandade comezara en marzo de 2001 unha campaña pola galeguización da páxina web da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, sendo este un dos nosos obxectivos máis veteranos. Tras a corrección dos topónimos deturpados que usaba nun principio, e un longo período "en construción", en marzo de 2006 decidimos reactivar a campaña. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 28 de Febreiro do 2007 |
|
Unha das tarefas das que se ocupa a CiberIrmandade, e que nos últimos anos colleu maior importancia, é a tradución de software. Dende a CIF temos feito traducións de Joomla!, phpList ou phpBB (do que somos os encargados oficiais para a versión galega). |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 24 de Febreiro do 2007 |
|
El Pais vem de pôr em andamento o passado mês de Novembro umha "Edición Galicia" em que o galego fica relegado aos "complementos", nom valendo para a informaçom diária e estando vetado o seu uso nas colaboraçons e nos artigos de opiniom. Fai-lhe chegar a tua queixa . |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>
| | Resultados 469 - 480 de 587 |
|
|
Obxectivos dende... |
|
|
|