|
Quén está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|

|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Xoves, 19 de Xuño do 2008 |
|
AVOGACIA.org - Un grupo de representantes da xudicatura e as forzas de seguridade na comunidade autónoma, proxectaron a posta en marcha dunha asociación que pretende impulsar o uso da lingua galega en todos os órganos xurisdicionais. A posta en marcha da asociación, que se denominará Irmandade Xurídica Galega, terá o seu acto de celebración o vindeiro sábado no mosteiro de Celanova. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 16 de Xuño do 2008 |
|
Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.
Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión. |
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 16 de Xuño do 2008 |
|

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) é unha asociación de carácter non lucrativo de ámbito galego que foi creada en 1996 co obxectivo xeral de procurar paliar as principais eivas no traballo de normalización lingüística en Galiza. Acaban de presentar unha nova web con información sobre o estado da lingua galega e o seu proceso de normalización. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 16 de Xuño do 2008 |
|
VIEIROS - O debate entre a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e o deputado do BNG Bieito Lobeira, centrou a Comisión sobre Educación e Cultura celebrada esta mañá no Parlamento. O deputado nacionalista realizou unha pregunta sobre o apoio do Goberno á dobraxe ao galego de filmes para a súa estrea nas salas comerciais.
Puxo como exemplo de boa xestión o acordo ao que chegou a Generalitat de Cataluña para a estrea en catalán do último filme de Indiana Jones. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 16 de Xuño do 2008 |
|
Chegáronme ao mail estas páxinas tan ilustrativas escritas polo párroco da parroquia de Vedra explicando por que non usa o galego, e lamentándose ao mesmo tempo de que esta lingua non desapareza.
Na folla parroquial pódense ler xoias como "cada año dicen que desaparecen del mundo 50 idiomas. Lástima que no desaparezcan muchas más" ou "Dios entiende todas las lenguas. Pero un gallego no entiende bien la homilía en catalán o en vascuence". |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 12 de Xuño do 2008 |
|
sociedadedainformación O presidente e co-fundador da Fundación Mozilla-Europa, Tristan Nitot, rectificou unhas declaracións sobre a tradución ao galego de Firefox, o navegador libre para a web máis coñecido, nas que afirmaba que non existía unha versión en galego do programa e que non a habería se ninguén se presentaba. A comunidade galega de tradución de software interpelou a Fundación Mozilla por estas declaracións, xa que leva máis de dez anos traducindo software, incluído o navegador Firefox desde as primeiras versións.
Esta interpelación foi respaldada pola Consellaría de Innovación e Industria ao constatar que era a propia Fundación Mozilla quen impedía a normalización do galego na tradución do Firefox ao rexeitar sucesivamente as distintas propostas de coordenación que se lle foron presentando ao longo dos últimos anos. Finalmente foi o proprio presidente da Fundación Mozilla, Tristan Nitot, quen emitiu un comunicado público rectificando as súas declaracións iniciais. |
|
|
Escrito por apana
|
|
Mércores, 11 de Xuño do 2008 |
farodevigo Galicia ou Galiza? Para a Real Academia Galega (RAG) só a fórmula Galicia ten validez normativa e xurídica como denominación oficial da comunidade autónoma. Pero a favor do uso do topónimo Galiza están a Mesa pola Normalización Lingüística e o Bloque, que tanto nos seus comunicados de partido como desde os seus consellerías utilizan esta denominación. Na polémica terciou onte tamén o Consello da Cultura de Galicia, quen contradicindo o ditame da Real Academia Galega considera que ambos os topónimos son correctos, que se poden utilizar indistintamente e que a elección da fórmula oficial responde a unha decisión "política e institucional". Así o expresaron onte, a preguntas dos xornalistas, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o coordinador da Sección de Lingua Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística desta institución, Henrique Monteagudo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Mércores, 11 de Xuño do 2008 |
Vieiros Aínda que Galiza se pode considerar un país de futboleiros, o certo é que as cifras que facilita Sofres sobre as audiencias de televisión no Estado Español amosan que non nos 'tira' tanto a selección vermella coma ao resto do Estado. Así, o noso país, xunto a Cataluña e Euskadi, é a comunidade autónoma onde menos porcentaxe de persoas seguiu o partido de fútbol da Eurocopa entre España e Rusia. E isto non quere dicir que en Galiza non nos interese o fútbol, porque, por exemplo, o partido do luns entre Holanda e Italia tivo no noso país unha cota de pantalla do 27,5%, por riba do 27,1 da media estatal, e enfrontándose ao até agora imbatíbel Padre Casares da Galega. |
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Mércores, 11 de Xuño do 2008 |
 VIEIROS.com - Com o passar dos anos, muito tenhem mudado as circunstáncias em que se desenvolve o nosso principal sinal de identidade: o galego. Ao mesmo tempo, foi mudando a própria língua e a atitude da comunidade galegófona quanto a ela. Fala-se menos e transmite-se muito menos às novas geraçons. Basta só olhar para a língua usada polos filhos e filhas de umha grande parte de militantes nacionalistas, impotentes perante a nova correlaçom de forças idiomática. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Mércores, 11 de Xuño do 2008 |
A Secretaría Xeral de Política Lingüística con data 10 de setembro de 2.007 sacou no Diario Oficial de Galicia un concurso público para financiar un dicionario na rede (debido a que só había -e segue habendo- o da Real Academia Galega, con 15.000 entradas e na normativa anterior). Despois de adxudicarllo a unha empresa tivo que declaralo deserto debido a un gran fallo na redacción das bases. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 10 de Xuño do 2008 |
|
PRAZA DAS LETRAS - O cómic de Art Spiegelman estará nas librarías o 13 de xuño. Ademais, Faktoría K publica “Os cinco narradores de Bagdad”, dos franceses Frantz Duchateau e Fabien Vehlmann. A editorial mallorquina Inrevés saca ao mercado o próximo 13 de xuño o cómic Maus traducido ao galego por Diego García. Esta novela gráfica está considerada unha obra imprescindíbel polos adeptos do cómic. A mesma editora foi a encargada da versión catalá de Maus.
Maus é unha autobiografía na que Art Spiegelman relata a historia do seu pai Vladek, un sobrevivente de Auschwitz. Realiza tamén un retrato do seu pai na actualidade, no momento en que o entrevista para que lle transmita as súas lembranzas da guerra, e da súa tensa relación con el. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 10 de Xuño do 2008 |
|
A NOSA TERRA - Manuel Vilas - A primeira voz electrónica de galego da Historia valeu 660.000 euros e chámase Carmela. Trátase dun sintetizador quen de ler fluída e correctamente calquera texto na lingua do país. Caixa Galicia acaba de incorporalo á súa banca telefónica.
Carmela é o produto de ano e medio de colaboración de Tecnocom, o Instituto da Lingua Galega e a empresa turinesa Loquendo. Esta firma é, canda a norteamericana Nuance, líder no mundo das voces artificiais. Ningunha das dúas compañías traballaba co galego, malia ter dispoñíbel catalán, portugués e castelán. Tecnocom acaba de lograr adaptar a tecnoloxía ao noso idioma. |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 49 - 60 de 524 |
|
|
Obxectivos dende... |
|
|
|