Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Marcador libro-toxo (JPG)
Tradución do Coppermine ao galego (UTF-8)
Ligazóns ó Chou
Colectivo de Cibergaleg@s Unid@s 
Colexio de Enxeñeiros Forestais 
Galego21 
Komunikando 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Por unha canle lusófona en R
Escrito por minhoca   
Xoves, 14 de Decembro do 2006

RNestas datas dentro da internet galega non paran de xurdir novas campanhas e iniciativas pra defensa da nosa língua. Unha destas novas campanhas é a promovida dende o blog Nem tele, nem gaitas . Como ben explica Nemtele, esta campanha pretende acadar que a canle de televisión da empresa galega R comeze a emitir a nova canle internacional en lingua portuguesa CLP TV. Participa nesta campanha enviando un correo a R [..]

Ler máis...
 
Os camiños de ferro: obxectivo acadado.
Escrito por Medulio   
Domingo, 10 de Decembro do 2006
Ao pouco de comezar a campaña pola galeguización completa e polo uso de topónimos deturpados no web de RENFE, así como pola inexistencia do noso idioma no web de ADIF e a megafonía nas estacións, RENFE corrixiu de inmediato os topónimos deturpados.

Fai uns dias, foi ADIF quen deu sinais de vida, respostando con correos nos que informaba de que están nun proceso de renovación do web que, entre outras cousas, incorporará a nosa lingua. Tamén comunican que esperan extender o uso do galego na megafonía das estacións, pero sen comprometer data. A situación actual que motivou a campaña non é para botar foguetes, mais é un paso importante, polo que suspendemos a campaña, manténdonos á espreita.

Lembra que só a participación e a esixencia dos propios dereitos lingüísticos acadarán a atención das diferentes empresas e entidades que habitualmente non consideran importante a presencia do galego nas súas actividades, polo que é imprescindible a túa participación activa tanto na promoción e uso do galego como na demanda dos teus dereitos lingüísticos. En ocasións como a que nos ocupa, podes ver que ao remate os resultados van chegando.
 
 
Voluntariado de Acción Lingüística
Escrito por minhoca   
Xoves, 07 de Decembro do 2006

A Mesa pola Normalización Lingüística e máis a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade presentaron estes días o Voluntariado de Acción Lingüística. Desde a CiberIrmandade queremos facernos eco desta iniciativa e convidarvos a participar nela.

O VAL ten por obxectivos o perfeccionamento da competencia oral en galego, relacionar lingua e cultura de forma práctica e divertida, fomentar a valoración do galego como lingua de uso e como expresión cultural. O funcionamento é sinxelo. As persoas que forman parte do programa asígnaselles unha parella lingüística e as dúas comprométense a relacionarse un mínimo de 20 sesións dunha hora, co compromiso de procurar falar en galego. A persoa voluntaria encargarase de guiar á persoa activa no maior coñecemento da cultura e da lingua galegas. Se queres participar podes facelos desde o web www.valingua.org ou no teléfono do voluntariado 900 400 800.

 
Obxectivo. Academias Cefiasa
Escrito por minhoca   
Sábado, 02 de Decembro do 2006

Procurando traballo, son milleiras as persoas que preparan oposicións a un posto nas administracións públicas, moitas delas utilizando os servizos de academias de estudos.

Os opositores e opositoras casi unanimemente dispoñen do título de galego, polo que non terán que demostrar o coñecemento real do idioma. Non podemos aceptar que as persoas que no futuro tratarán cos administrados/as, non teñan o mais mínimo contacto coa lingua propia da Galiza.

Cefiasa, pertencente ao grupo Adams, son un grupo de academias con presenza na Coruña, Ferrol, Ourense, Compostela e Vigo, que dispoñen dun web permanentemente actualizado, uns foros con 30 mil mensaxes nun ano, venda de material, e inclusive clases virtuais utilizando a rede.

Todo, absolutamente todo no web de Cefiasa está en lingua allea. Convidamosche a que envies un correo a este grupo de academias pregandolles que faciliten versión galega na rede. Convidamosche tamén a que espalles esta campaña, a fin de sumar o maior número posibel de correos electrónicos. Podes enviar o teu correo dende eiquí e agora .

 
DokuWiki en galego
Escrito por minhoca   
Martes, 28 de Novembro do 2006

DokuWikiNa zona de descargas do web da CiberIrmandade, está dispoñibel a tradución galega do DokuWiki.  Este é un wiki escrito en php, cunha sintaxe simple pero compreta. Armacena a información en arquivos de texto, sen necesidade de banco de dados. Se queres ver unha demostración, non tes mais que ir ao dokuCIF

 
Recursos económicos na CiberIrmandade
Escrito por minhoca   
Luns, 20 de Novembro do 2006

Despois de varios meses de debate e renovación da estructutra organizativa a CIF quere presentar un novo xeito de colaborar coa defensa da lingua na rede mediante unha aportación económica.

O noso obxetivo non é nos facer ricos senon pagarmos os dominios e hospedaxes na rede, gastos de constitución en Asociación non lucrativa, ademáis de tentar xerar suficientes recursos como pra imprimer cartaces, autocolantes e máis parafernalia pra repartir entre asociacións, centros sociais e outros colectivos se for posible.

Se queres coñecer máis visita esta ligazón .

 
Tradución do Firefox
Escrito por minhoca   
Xoves, 16 de Novembro do 2006

mancomun.orgMancomun ten en marcha a tradución do Firefox, e solicita colaboración. O traballo dos voluntarios que se rexistraron na ferramenta de tradución colaborativa Entrans conseguiu que tan só queden por traducir un 23% das cadeas da nova versión do navegador web Firefox 2.0. Mancomun precisa de axuda para ter o antes posible esta valiosa ferramenta no noso idioma.

Lembramos que no traduCIF tamén precisamos colaboración para rematar as traducións de phpBB-3 e Joomla!-1.5.

 
Colaboración aberta na traduzón do Joomla 1.5
Escrito por minhoca   
Sábado, 11 de Novembro do 2006

Joomla! 1.5 Beta Xa esta no traduCIF a primeira parte da tradución do Joomla 1.5 (o frontend do xestor de contidos empregado no noso web), para que a comunidade colabore neste traballo. Para rematar este proxecto de tradución necesitamos participación, liña a liña, e así poñernos axiña coa parte de Administración e Instalación desta estupenda ferramenta.

O traduCIF é unha ferramenta de tradución on-line que a CiberIrmandade ofrece para traballos de localización linguística galega, e neste caso, a proposta de colaboración chega dende Dimensiona Consultoría Tecnolóxica e Reverso Servizos Lingüísticos, quenes xa achegan o 40% das cadeas traducidas. Dimensiona e Reverso darán soporte a esta tradución dende o punto de vista técnico e de revisión lingüística.

 
Obxectivo. Os camiños de ferro en galego
Escrito por minhoca   
Luns, 06 de Novembro do 2006

Os camiños de ferro percorren galiza, pero so parcialmente coa nosa lingua. Queremos que RENFE corrixa algunhas deficiencias linguisticas, mentres que ADIF (Administrador de Infraestructuras), incorpore a nosa lingua no seu web e megafonía.

RENFE ten páxina web parcialmente en galego, pois os contidos de documentación da empresa, organigrama, memoria, historia.. so poden ser lidos en español. Ao tempo, é habitual o uso de topónimos deturpados, como "Orense", "Arosa", "Viana del Bollo", "Ujes", "Puentecesures", "Ordenes"...e un longo etc. de despropositos que deberian ser corrixidos.

ADIF non ofrece versión galega no seu web, e aprobeitando o envio de correos, queremos aprobeitar para solicitarlles que fagan uso da nosa lingua na megafonía.

Se consideras que os camiños de ferro deberían facer uso da nosa lingua, convidamosche a participar nesta campaña, consistente no envio de correos electrónicos nominais a RENFE e ADIF.

 
Así nos organizamos
Escrito por minhoca   
Luns, 06 de Novembro do 2006

A CiberIrmandade está nun proceso de reestructuración, co obxectivo de incrementar a participación nos xa numerosos traballos internos. Non podemos permitirnos ficar inactivos se as persoas que mais directamente asumen as tarefas internas, minguan a sua adicación.

Convidamosche a que leas "Así nos organizamos ", facendo fincapé en que pretende ser un documento vivo, sometido a reestructuracións constantes en función dos voluntarios e voluntarias que decidan asumir algunha tarefa.

 
FireFTP en galego
Escrito por minhoca   
Sábado, 28 de Outubro do 2006

Vimos de subir á zona de descargas unha extensión pra Mozilla Firefox. A extensión é a versión galega de FireFTP (versión 0.94.4), que integra un cliente FTP no navegador. O traballo de tradución é de Daniel Muñiz. Descargar .

 
Concello de Cedeira. O web en obras
Escrito por minhoca   
Mércores, 25 de Outubro do 2006

Dende fai uns dias, o web do Concello de Cedeira está en obras, sen que se poida acceder a ningún dos seus contidos. "Nestes momentos estamos traballando para ofrecerlle en breve novos contidos a esta web [...]". Con este anuncio, que pode ser lido en galego e español, e inda que hai unha espectativa de galeguización do web, continuamos a campaña que temos en marcha, e á que se sumou Radio Cedeira . Parabéns a todos e todas.

 
<< Inicio < Ant. 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seg. > Remate >>

Resultados 529 - 540 de 617

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com