|
Quén está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|

|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 21 de Outubro do 2006 |
|
Dende fai varios dias, a CIF está a ter problemas para o seu correcto funcionamento. Estes dias está resultando moi dificil visualizar tanto o web como os foros. Esperamos solucionalos axiña. Ao tempo, queremos informar de que levamos xa algún tempo cunha participación moi cativa, polo que estamos a discutir o noso funcionamento, pretendendo mellorar a nosa organización interna. Se queres participar na discusión visita esta ligazón ; e se queres asumir algunha tarefa, visita esta outra . Para ámbalas duas, precisas rexistrarte nos foros. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Venres, 20 de Outubro do 2006 |
A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS GALEGUIZOU PARCIALMENTE O SEU SITIO WEB TRAS AS DENUNCIAS PÚBLICAS DA MESA[A Mesa] Comezan a dar resultado as denuncias públicas realizadas pola Mesa contra o “escuro” convenio asinado entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Confederación de Empresarios de Galiza, ao que se destina todo o diñeiro que antes recibían numerosas empresas para apoialas na súa galeguización. Desde onte, o sitio web da Confederación de Empresarios dispoñibilízase parcialmente en galego, aínda que os textos da súa páxina de inicio continúan só en castelán. Mais, cando menos, conseguiuse que despois da denuncia da Mesa se unha persoa escolle a opción “Galego” xa poderá consultar realmente a páxina en galego na súa maioría. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 17 de Outubro do 2006 |
|
Radio Cedeira. A campaña para esixir ao Concello de Cedeira o emprego do galego na páxina web municipal ampliouse. Ata o momento era a asociación Cibermandade dá Fala a que puxera en marcha o envio masivo de correos electrónicos dirixidos ao Concello. Agora xurdiu unha nova iniciativa que ten como obxectivo que sexa o Goberno da Xunta de Galicia o que inste ao alcalde Leopoldo Rubido e ao seu equipo a cumprir con lexislación lingüística vixente e co que establece o Estatuto de Autonomia de Galicia. Trátase dunha nova campaña de emails, esta vez dirixidos para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Presidencia da Xunta (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
). Nas mensaxes denúnciase "a discriminación do idioma galego na páxina oficial do Concello, en contra do establecido polo Estatuto de Autonomia de Galicia e a Lei de Normalización Linguística". |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 11 de Outubro do 2006 |
|
Vimos de publicar unha lista de recursos pensada para aqueles que teñan interese en aprender galego ou mellorar o seu nivel. Entre o material que alí se recolle, poderás atopar cursos de iniciación ou perfeccionamento, en normativa RAG e AGAL, dicionarios, glosarios, e ferramentas como tradutores ou correctores, que poden ser de axuda no proceso de aprendizaxe, ademais do seu uso habitual. Se estabas pensando en iniciarte na lingua galega, agora xa non tes excusa para non facelo. Ir á lista de recursos. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 07 de Outubro do 2006 |
|
Lémbraste do ano 1996? Todos e todas tiñamos dez anos menos. En 1996 xa existía a rede de redes. En Galiza era algo novo ao que poucos e poucas tiñan acceso. Naquela incipiente arañeira xa agromaban algunhas páxinas en galego, non máis de 300, pero xa as había. Nese contexto no que a internet comezaba a existir para a sociedade galega naceu a CiberIrmandade da Fala. Hai dez anos, que en tempo-rede é un eón. Dende aquela, foron moitos os webs galegos que desapareceron, mais a CiberIrmandade sobreviviu e hoxe, unha década máis tarde, somos unha das organizacións máis antigas da rede. Foi en decembro daquel prehistórico 1996 cando se enviou a primeira mensaxe, cando tivo lugar a primeira acción da CIF. Nestes dez longos anos, nos que a CIF viviu momentos de actividade frenética e momentos de coma profundo, propuxéronse centos de obxectivos, dos que máis de 70 foron aceptados como tales polo grupo de ciberimandiñ@s. Unha pequena parte deles tiveron unha resposta inmediata dos xestores ou xestoras dos sitios, que procederon a galeguizala. Só por iso xa paga a pena todo o esforzo. E dos que non chegaron a facelo, foron moitos os que adicaron uns minutos a valorar esa posibilidade, o que tamén consideramos un éxito. Traducíronse programas, colaborouse con asociacións en defensa do galego, organizáronse campañas especiais... Se queres saber mais do que foi a CiberIrmandade da Fala, da sua evolución, ofrecemosche un percorrido por dez anos da nosa historia. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 01 de Outubro do 2006 |
|
Despois dun longo, público e aberto debate, a CiberIrmandade decidiu constituirse en asociación, co nome "Asociación Cultural CiberIrmandade da Fala". Durante varios meses, entre todos e todas discutimos os estatutos, a acta de constitución, o nome, a composición da xunta directiva, a cota, .. Temos intención en apresentar a documentación na Xunta no prazo de duas semanas, e xunto cos estatutos e acta de constitución, irá unha relación de socios/as fundadores/as (con nome e documento de identidade). Se tes interese en unirte, abonda con que contactes connosco (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
), e aportes a seguinte documentación: nome completo, documento de identidade, enderezo postal, enderezo electrónico e se estás rexistrado nos foros, o teu alcume. Os responsabeis da CiberIrmandade garanten a privacidade de todos eses dados, que non serán cedidos a ninguén. Se non queres unirte agora, convidamosche a facelo próximamente. En calquera intre poderás incorporarte á asociación, polo que tes as portas abertas para que pases de cando en vez polo web e/ou os foros e informarte das novidades que haxa no proceso. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 27 de Setembro do 2006 |
|
Hai dous meses, a CiberIrmandade puxo en marcha un sistema de tradución de software on-line, no que calquera pode participar. Nas primeiras semanas a colaboración foi alta; mais co paso do tempo, a participación ficou no esquecemento. Nestes intres están en marcha as traducións da versión 3-beta do sistema de foros phpBB, tanto en norma RAG como AGAL; a primeira nunha porcentaxe xa traducida do 50%, mentres que a segunda non chega ao 1%. Convidamosche a participar, en calquera das duas normativas. E se controlas abondo inglés e galego, contacta connosco, pois precisamos xente para revisar as traducións dos e das demais ou inserir directamente as súas propias sen necesidade de comprobacións posteriores (co aforro de tempo e traballo que iso supón). Queremos lembrar tamén que este proxecto está aberto a calquera persoa ou colectivo que quera facer uso del para a tradución de software ao galego. Se tes dúbidas, queres facer propostas ou desexas implicarte máis, pasa polo foro de software . E se queres adicar algo do teu tempo á presenza da nosa lingua na informática, vai ao TraduCIF . |
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Sábado, 23 de Setembro do 2006 |
O "Ayuntamiento" de Cedeira pretende "mejorar", segundo di o seu web, "para disfrute de propios y visitantes", e con este obxectivo ofrecen versión en español, inglés, francés e galego. Pero.., so a versión española funciona.
Descoñecemos se a existencia do logo galego amosa unha "intención" futura (moi futura), ou se únicamente é un "estamos en ello" que nunca vai chegar. O Concello de Cedeira, a maiores de non respetar aos propios e visitantes galegofalantes, incumpre as súas obrigas legais.
Convidamosche a que lle fagas saber ao Concello de Cedeira que, como galego ou galega, propio ou visitante, non gozas co seu web, e reivindiques os teus dereitos e os seus deberes lingüísticos.
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 20 de Setembro do 2006 |
|
A Asociación cultural Fala Ceibe, diríxese á cidadanía d'O Bierzo e da Galiza en pedimento de axuda para demandar ante as Cortes de Castela e León unha maior protección da lingua galega na reforma do Estatuto de Autonomía desta Comunidade Autónoma. Pretendemos máis recoñemento legal para o galego de O Bierzo e da Alta Seabra que permita a necesaria normalización lingüística, que debe acompañar o recoñecemento de un direito básico constitucional, como son os direitos linguísticos, nestes dous territorios. Neste sentido a declaración de oficialidade do galego debe ter lugar no devandito Estatuto de Autonomía, o cal permitiría o uso administrativo deste idioma nas instituciois públicas. Ademáis é lexítimo e xusto que todas as comunidades galego-falantes do noroeste peninsular (Galiza, Navia-Eo, O Bierzo e A Alta Seabra) teñan recoñecidos iguais dereitos lingüísticos, para salvar as discriminaciois que sofren os habitantes dos tres territorios estremeiros con idioma galego sen declaración de oficialidade. Fala Ceibe lembra que xa a presión social e política tivo os seus resultados positivos en 1998, cando se conseguiu a inclusión da lingua galega no actual Estatuto de Autonomía de Castela e León, que quedou recollida da seguinte forma: “Gozarán de respeto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen” (artículo 4.2). Agora temos que esixir unha redacción alternativa que mellore a protección do galego cun novo artículo, e rercoñecendo a língua galega como patrimonio orixinal e próprio da nosa Comunidade Autónoma. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 16 de Setembro do 2006 |
|
A primeiros deste mes a CiberIrmandade da Fala encetou unha campaña na Rede dirixida a reclamar a modificación das aldraxantes e discriminatorias definicións que da verba "gallego" conten o dicionario da Real Academia Española de la Lengua. Esta campaña acadou rapidamente un amplo respaldo da sociedade virtual galega, sendo este obxetivo o máis popular na historia da CiberIrmandade. Non fomos os/as primeiros/as pois xa antes se produciran reaccións máis ou menos organizadas pero, por casualidade ou non, resultou que agora a R.A.E. acepta revisar a citada definición logo dun rotundo éxito da nosa campaña canto o número de envíos e tamén, hai que dicilo, de críticas máis ou menos construtivas, pero que queremos pensar no positivo das mesmas reparando no seu lado de participación e movilización da nosa colectividade. Mención especial merece a grande cantidade de orixe e espírito galego da outra beira do Atlántico que amosaron que a Galiza é o sentimento máis grande e espallado do mundo e que o noso pacifismo non ten porque implicar submisión en momento ningún. Espallando as campañas entre os nosos amigos e amigas mediante correos electrónicos podemos axudar a incrementar o numero de pregos. Enviando pregos podemos facer saber aos políticos que non compartimos as súas estratexías e que queremos mais coraxe na defensa dos nosos dereitos coma galego-falantes. O activismo na Rede é un xeito pacífico, aberto e real de modificar o mundo que nos arrodea. Ficaremos atentos ao que pase na RAE e seguiremos informando. Podes enviar unha mensaxe á RAE dende eiquí e agora . |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 13 de Setembro do 2006 |
O periódico galego de informaçom crítica procurou aproximar-se aos reptos actuais da nossa associaçom, decana na internet galegaNo seu número 44 , o jornal «Novas da Galiza» publicou um artigo-entrevista na sua secçom 'Cultura' sobre a CiberIrmandade da Fala, umha das associaçons decanas na internet galega. A publicaçom salienta o compromisso da comunidade ciberirmandinha com a defesa da nossa língua desde "a pré-história da Rede", quando já detectávamos "umha grave insuficiência de conteúdos em galego". O «Novas da Galiza» lembra alguns dos primeiros objectivos conseguidos pola CIF, como som a galeguizaçom dos sítios web de Estrella Galicia, de Castromil, ou a recente exigência da Direcçom Geral para o Desporto, que insta as Federaçons Desportivas para utilizarem o galego nas suas webs como requisito para receberem dinheiro público. O periódico galego de informaçom crítica também recolheu em páginas interiores a anterior campanha da CIF, destinada a que o Parlamento Galego nom renove o seu compromisso com o Grupo Voz para a publicaçom do Boleto Oficial do Parlamento (BOPG) e o Diário de Sessons (DSPG). Quatro anos de informaçom independente O «Novas da Galiza» é uma publicaçom mensal nascida em 2002 como soma dos esforços de um conjunto de pessoas política e/ou linguisticamente militantes. O periódico definiu-se no primeiro ponto dos seus Princípios Fundacionais como um meio "ao serviço da liberdade de expressom" para "defender o direito da cidadania à informaçom plural e honesta". |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 09 de Setembro do 2006 |
|
Coincidindo co comezo do novo curso escolar, a Mesa pola Normalización Lingüística ven de denunciar a inexactitude dos datos verbo do galego no ensino nunha nota de imprensa achegada recentemente. Na nota (que reproducimos íntegramente nestas liñas) indícase que “A Consellaría de Educación afirma que o nivel de cumprimento do Decreto 247/95 (que regula as materias mínimas a impartir en galego no ensino non universitario) foi no último curso de arredor dun 92% dos centros”, o cal non se achega, nin de lonxe, á realidade da situación que calquera pode observar polos seus propios medios e diante do cal é preciso tomar medidas. |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seg. > Remate >>
| | Resultados 541 - 552 de 617 |
|
|
Obxectivos dende... |
|
|
|