Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Paquete de idioma galego para o phpBB 2.0.20
phpBB 3.0.x: Paquete de imaxes en galego para a Subsilver 2
Ligazóns ó Chou
A Nosa Terra 
Frente Popular Galega 
Lar de celtas 
Siareir@s Galeg@s 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Obxectivo. Real Academia Española: los gallegos somos tontos
Escrito por minhoca   
Sábado, 02 de Setembro do 2006

A Real Academia Española de la Lengua, contrariamente aos principios de igualdade e respecto nos que debería basearse calquera sistema democrático, aldraxa a tódolos galegos na definición da verba "gallego" que inclúe no seu dicionario.

Xunto a acepcións coma parvo ("tonto") ou tatexo ("tartamudo") prodúcese un agravio comparativo ao ser o único xentilicio no que se destacan as connotacións negativas e óbvianse as positivas do mesmo xeito que se oculta a información histórica e cultural que nos define coma unha das naciós máis antigas da Europa.

Convidámoste a esixir o mesmo respeto e veracidade que se lles presta a outros xentilicios (moitos aceptados únicamente no senso peiorativo) e a protestar rompendo dunha vez a imaxe de mansedume que nos leva a soportar este tipo de aldraxes. Envía o teu prego dende eiquí.

 
Proposta Cidadana para actuar despois dos lumes
Escrito por Medulio   
Mércores, 30 de Agosto do 2006
Xa non arde Galiza e semella que "pasou o día, pasou a romaría", pois as voces que fai pouco se alporizaban acougaron e a día de hoxe xa non hai laios, só críticas partidistas e guerras políticas. Pero a Terra ficou queimada resultando afectado o noso Patrimonio tanto natural coma cultural e compre tomar medidas de recuperación e sobor de todo de control encol da especulación que tenta facer do noso País unha caste de parque temático de superficial interese turístico.

Con recoñecer que o camiño emprendido coa tentativa de recuperación das terras forestais, comezando pola consolidación do sustrato de cara a evitar a erosión e empobrecemento da terra polos axentes atmosféricos, así como a intención de erradicar o eucalipto das planos de reforestación, é unha boa vía de actuación seméllanos completamente insuficiente, polo que estamos a discutir nos nosos foros cales serían as posibles medidas a tomar para evitar a desfeita.
Ler máis...
 
17 de agosto: Día da Galiza Mártir (Alexandre Bóveda)
Escrito por Medulio   
Mércores, 23 de Agosto do 2006

O pasado día 17 de agosto, conmemoramos o día de "Galiza Martir", polo asasinato de Alexandre Bóveda. Aínda que cun chisco de retraso non queremos deixar pasar a oportunidade de lembrar a data reproducindo un texto un texto publicado por Galiza Nova no ano 1996 e que achegado polo noso compañeiro Minhoca reproducimos nesta nova.

Ler máis...
 
O desprezo polo Patrimonio galego
Escrito por Medulio   
Mércores, 16 de Agosto do 2006
Está claro que hoxendía non semella doado conciliar o progreso económico-tecnolóxico (que ven sendo o mesmo na actualidade) coa conservación do Patrimonio tanto material como inmaterial de calquera lugar de mundo. Pero se nun lugar dese mundo é aínda máis compricado é na Galiza, e principalmente pola falla dunha conciencia propia de País que valore no seu xusto punto a realidade que supón ter unha Cultura e unha Tradición tan ricas e de raigame tan profunda.

Na Galiza non se conserva, senón que mal-mantéñense as cousas, tanto de corporeidade evidente coma aquelas que só se levan dentro do propio ser, daquelo que o galego e a galega teñen realmente de seu. O caso do Círculo Lítico da Mourela é un dos máis doentes, pero por desgraza non é o único. Cantas Mourelas hai na nosa Terra? Unha Terra na que semellamos empeñados en rematar coa existencia do que nos é propio e distintivo, ben sexa de ámbito arqueolóxico, urbanístico, ecolóxico, cultural ou lingüístico.

A investigación e desenvolvemento, existe? Pode que si, pero semella que só encamiñada á implantación de enerxías alternativas que rematan exportando o 90% da producción mentres nas nosas aldeas segue a haber restriccións en pleno século XXI.

E por se non chegase coa desfeita material que afecta ao legado histórico estamos en tempos de queimar e arrasar con todo por non sabemos ben que escuros intereses, pero que se deducimos van polo mesmo camiño do mal entendido "progreso material". A destrución do contorno, do medio ambiente vainos costar moi caro a todos.

Non se da conta a xente de que cando rematen co noso Patrimonio e coa nosa natureza rematarán coa Galiza? Seguramente é o que moitos queren, pero que lembren que sen Galiza non haberá diferencia e con iso non haberá nin turismo nin forza de reclamar os dereitos máis lexítimos, o que finalmente repercutirá onde lle doe á xente que está a desfacer a Terra: no peto.

Reflexionemos, e conservemos o noso. Sen Mourelas, sen fragas, sen carballeiras, sen soutos non hai Galiza, sen Galiza non hai futuro. E non esquezamos que Galiza é principalmente a súa lingua: o galego.
 
 
Loita contra o lume
Escrito por Medulio   
Mércores, 09 de Agosto do 2006

Diante dos últimos acontecementos que están a converter Galiza nun verdadeiro inferno facemos unha chamada á solidariedade na loita contra o lume.

Á parte da información xeral que podes atopar en diversos medios tamén podes pasar polos nosos foros e, en especial polo fío “Para quém queira luitar CONTRA O LUME”.

Con carácter xeral se precisas información, queres aportar suxestións ou calquer outro tipo de colaboración podes chamar ao teléfono: 

900 400 800

que estará activo as 24 horas do día. Ademais neste teléfono recolleranse todas as informacións que os cidadáns poidan aportar para contribuír ás investigacións policiais para acabar cos terroristas do lume.

 Image

Por Galiza. 

 
Torito, Quin e máis a “lengua vernácula”
Escrito por Medulio   
Xoves, 03 de Agosto do 2006
Ofrecémosche hoxe un interesantísimo artigo do noso compañeiro lavesedo que publicamos aquí procedente do seu blogue: http://lavesedo.blogaliza.org/ (e ao que damos as grazas polo artigo e a autorización para publicalo).
 
Torito, Quin e máis a “lengua vernácula”
 
O outro día falei un anaco da política destrutiva do PP para co galego, nomeeina, e tampouco lle quero dar moitas máis voltas: éche o que hai. O PP mantivo unha paranoica relación co galego mentres foi goberno do país, mais esta relación é a mesma que mantén o groso do seu corpus de votantes. Falante de galego, con máis ou menos desleixamento segundo a procedencia xeográfica , e cunha nula conciencia da importancia do tesouro que lle sae polo boca: unha maneira de falar, un xeito de entender o mundo. A cerna da súa identidade. Desleixamento que vira en xenreira autosufrida que chega a non querer transmitir o seu legado aos descendentes.  Ben, pode non gustar, mais é a vontade de moitos galegos. O porqué precisa dunha máis fonda análise, pero o que non se lle pode negar é a coherencia entre o que queren os votantes e o que fan os seus representantes.
 
Ler máis...
 
Obxectivo. Medios de comunicación.- Nin un pataco sen lingua
Escrito por minhoca   
Venres, 28 de Xullo do 2006

Nestas semanas (xullo-2006), saiu á luz a intención do Grupo Voz de renegociar o acordo vixente polo que este grupo imprime o Diario do Parlamento Galego.

Sendo a defensa e potenciación da nosa lingua un compromiso adquirido polo Parlamento e os grupos que o compoñen a través do plan de normalización linguística, e como  política transversal debe estar presente en todas e cada unha das distintas normas e medidas da vida política galega, non podemos senon rexeitar calqueira acordo desta importancia económica que non leve consigo a implicación na defensa, promoción e normalización efectiva da lingua galega.

O Grupo Voz ten demostrado ao longo da sua historia o menosprezo cara á lingua propia de Galiza, polo que dende a CiberIrmandade convidamos á cidadanía comprometida có noso idioma a expresar o seu rexeitamento á renovación do acordo Parlamento/Grupo Voz mentres non se demostre pola súa parte unha actitude real de respeito e uso da lingua galega, mediante o envio de correos electrónicos á presidenta do Parlamento, aos grupos parlamentares, ao Grupo Voz e á totalidade dos medios de comunicación por se teñen a ben telo presente nos seus usos lingüisticos.

Envia a tua queixa dende eiquí e agora.

 
Colaborando na tradución de software
Escrito por minhoca   
Xoves, 27 de Xullo do 2006

Co fin de mellorar os traballos de localización de software en galego, a CiberIrmandade ven de poñer en marcha, en fase de probas, unha ferramenta de traballo on-line chamada "Entrans", que facilita a tradución de software á nosa lingua.

Segundo as tuas preferencias, podes colaborar sobre a totalidade dos arquivos ou sobre un arquivo concreto (seleccionandoo no listado correspondente). Con independencia do anterior, podes ver todas as cadeas ou so as pendentes.

A CiberIrmandade ofrece este espazo de traballo polo software en galego a calqueira comunidade ou persoa que o precise.

Convidamosche a que, na medida das tuas posibilidades, participes na tradución de software.

 
25 de xullo do 2006 - Día Nacional da Galiza
Escrito por Medulio   
Luns, 24 de Xullo do 2006
Bandeira Galega e Serea de CastelaoNun día como o de hoxe somos conscientes de que hai que traballar moito por afirmar que o día 25 de xullo é o Día Nacional da Galiza fronte a tódalas actitudes que tanto dende dentro coma dende fóra da nosa nación tentan diluir e difuminar a realidade nunha sucesión de actos alleantes encamiñados a negar a identidade da Galiza como Cultura e nación.

Dende a CiberIrmandade queremos aportar o noso grao de area no necesario proceso da nosa recuperación identitaria nun momento moi importante do noso camiño como pobo lembrando a un dos nosos piares nacionais, Castelao, co seu discurso "Alba de Groria" publicado no número 463 do xornal A Nosa Terra en xullo de 1948.
 
Ler máis...
 
Manual urxente de publicación de novas en Joomla!
Escrito por Medulio   
Sábado, 22 de Xullo do 2006
Presentámosche unha pequena pero, desexamos, práctica guia que pode servirche para publicar novas en Joomla!, o xestor de contidos que estás a ver neste web.

Joomla! é un software de código aberto, sucesor do coñecido Mambo, ámbolos dous cunha extensa difusión, e que permite xestionar sitios na rede cunha ampla cantidade de módulos que poden satisfacer case todas as necesidades. Para un usuario novel, é posibel que o seu uso poida ser compricado ao comezo, polo que agardamos que, se non te atreviches antes, este breve manual poida servir de axuda para dar os primeiros pasos no seu uso.

Esta guía ten un carácter de urxente, centrada no que é a publicación de novas, e sen afondar en moitas das funcionalidades que ofrece. Lembra que hai unha chea de sitios nos que podes obter mais información e colaborar neste proxecto aberto, e entre eles dispós do foro de Joomla! da CiberIrmandade e do sitio oficial de Joomla.

Ir ao manual urxente de Joomla!

 
Aberto o novo Foro do Blogomillo
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 19 de Xullo do 2006

Visto o enorme medre da Blogosfera Galega nestes dous últimos anos, a CiberIrmandade considera importante ofrecer un novo servizo aos/ás internautas galegos/as, a xeito de foro, onde poder compartir o conhecemento acumulado polos blogueiros e blogueiras da nosa terra coa xente que anda pola rede na procura de informazón sobre os segredos dos Blogs.

Este novo foro do Blogomillo ábrese coa esperanza de colleitar contidos sobre as diferentes ofertas pra abrir un blog na nosa lingua por parte dos diferentes servizos posibeis, dúbidas sobre instalación, traduzóns, sindicacións, análise da blogosfera...

Por isto, solicitamos a colaboración desinteresada daquelas persoas que poidan aportar cousas e trabalhar neste novo proxecto dirixido a toda a comunidade galega na Internet.

Polo tanto se tes un blog, se queres montalo teu, ou se soamente estas interesado en que carallo é todo isto dos Blogs preme na ligazón e botalle unha ollada ao novo servizo da CiberIrmandade. Por suposto, non esquezas que hai unha chea de sitios na rede especializados no mundo dos blogs que poderás atopar de xeito doado no noso apartado de ligazóns ou a traverso do uso dos procuradores habituais da Internet.

Ligazón co novo Foro do Blogomillo

 
Máis de 100 novos/as ciberirmandiños/as no que vai de ano
Escrito por minhoca   
Sábado, 15 de Xullo do 2006

Dende a CiberIrmandade da Fala queremos agradecer a toda a xente que se incorporou no que vai de ano aos nosos Foros. Máis de 100 persoas cubriron o formulario de inscripción. Grazas a toda a xente anonima, xente da blogosfera galega, xente de colectivos galegos ecoloxistas, da lingua e outros máis que xa estan a recibir as nosas novas e que colaboran nos foros espallando as suas loitas e reforzando o fluxo de comunicación da Rede Galega.

Rexistrandote e empregando os foros, podes participar aportando información, documentos, debates, a maiores de obter información de tarefas concretas nas que podes axudar, que en grandes riscos resumimos en:

a) Se tes arquivos que poidan ser interesantes para a nosa lingua, cultura, país.. achégaos. Ir a Subir arquivos.

b) Podes fornecer información de todo tipo que consideres convinte, como novidades sobre telefones móbiles en galego, recursos en galego na rede, empresas que usan a nosa lingua (neste caso, non esquezas pasar polo buscador)..

c) En canto aos debates en xeral de cuestións sobre a nosa lingua, cultura, sociedade, política.., toda participación enriquece os debates.

Se chegaches ao final da nova é porque realmente queres defender a nosa lingua e a nosa cultura. Non o dubides e rexistrate xa dende esta ligazón.

CiberIrmandade da Fala
Un povo, unha rede, unha fala

 
<< Inicio < Ant. 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seg. > Remate >>

Resultados 553 - 564 de 617

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña:
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com