|
Quén está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|

|
Escrito por apana
|
|
Domingo, 29 de Xuño do 2008 |
elpais 1. "Da luz nace a escuridade", anotou de forma enigmática Nicholas Hytner, director de cine das bruxas de Salem. 2. Goethe empeñouse en demostrar, sen querer considerar outras evidencias, que a teoría das cores de Newton era unha estafa. Segundo el, a suma de todas as cores era o gris. E xamais recoñeceu o seu erro: "Este sentimento de superioridade permitiume soportar a estúpida arrogancia dos meus adversarios". 3. En 1932, un grupo de intelectuais brasileiros presentou un manifesto clamando por "o Principio de Autoridade". 4. Na posguerra, un profesor de dereito de Santiago comezaba as súas clases con este saúdo: "Damas, cabaleiros e alféreces provisionales...". 5. Entre os firmantes do Manifesto pola lingua común hai alféreces que propuxeron, en jocoso ton intimidatorio, publicar as listas de "non firmantes". |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 27 de Xuño do 2008 |
O Consello do Foro Social Galego, constituído o día 29 de marzo en Santiago de Compostela por mandato dunha Asemblea de Movementos Sociais celebrada o 26 de xaneiro en Galiza, fai un chamamento para a mobilización de todo o tecido social galego e toda a cidadanía do país, homes e mulleres que dun ou doutro xeito andan na procura dun outro mundo posíbel, para os vindeiros 5, 6 e 7 de decembro de 2008, cando terá lugar en Santiago de Compostela o primeiro Foro Social Galego. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 27 de Xuño do 2008 |
|
A MESA - O xuíz decano, Antonio Fraga Mandián, recoñece no transcurso dun xuízo que el incumpre conscientemente a lei: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo ‘La Coruña’”. A Mesa pregúntase “que será dos cidadáns normais cando determinados xuíces manifestan sen pudor que incumpren as normas que queren”. A Mesa pide que se aclare se este xuíz tamén “incumpre sen rubor” outras leis. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 27 de Xuño do 2008 |
VIEIROS - O Premio Roberto Vidal Bolaño recoñece publicamente persoas e institucións que se distinguen na loita pola emancipación de Galicia e das súas clases populares. Este ano, na súa quinta edición, as Redes Escarlata recoñecen o labor de Felipe Lubián , alcalde do concello zamorano, de fala galega, pola súa defensa da lingua. O Premio entregarase no contexto da II Xeira de lingua e cultura galegas nas Portelas, que se celebrarán na Casa da Cultura de Lubián.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Xoves, 26 de Xuño do 2008 |
A Secretaría Xeral de Política Lingüística incumpre todos os acordos e paraliza a creación do Consorcio para a Planificación Lingüística despois de ser anunciado en repetidas ocasións, de estar previsto nos orzamentos da Xunta de 2007 e de 2008 e de ser presentado e aprobado no Parlamento. A CTNL informará ao presidente da Xunta do malestar por este feito e pediralles aos tres grupos parlamentarios que controlen a acción executiva da secretaria xeral, Marisol López, ante o incumprimento dun mandato parlamentario e ante a non execución dos orzamentos para o que foron aprobados. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Xoves, 26 de Xuño do 2008 |
A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer un novo caso de discriminación motivado polo uso do galego no ámbito laboral. Na empresa pública de Navantia, un traballador foi recriminado ofensivamente polos servizos informáticos por escribir os seus correos electrónicos en galego: “No sé si se lo escribe su hijo de 2 años o es algún dialecto con el que hablan ustedes en su aldea”. O comité de empresa de Navantia en Ferrol puxo tal situación en coñecemento da dirección ao pouco de se producir esta situación, a comezos de maio, mais transcorrido mes e medio non houbo ningunha medida, motivo polo cal A Mesa porá en coñecemento dos grupos parlamentares esta situación. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Mércores, 25 de Xuño do 2008 |
Os datos do documento determinan que o uso de software en galego aumenta co nivel de estudos da persoa enquisada: pasa do 11,2% da cidadanía con estudos primarios ao 22,2% dos universitarios. Tamén inflúe a lingua habitual do usuario: o 26,5% de galegofalantes fronte ao 11,3% das persoas que falan castelán. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Mércores, 25 de Xuño do 2008 |
Praza das letras.org - O obradoiro de tradución galego-inglés do Centro de Estudos Galegos de Oxford leva traducindo en grupo desde o ano 91, por iniciativa do director do centro, John Rutherford e do primeiro lector que alí estivo, Benigno Fernández Salgado. Logo dese tempo, agora ve a luz un dos seus proxectos: unha antoloxía de relato contemporáneo traducida ao inglés. Será presentada o 25 de xuño vindeiro en Cork, no Café Panorama do Centro de Estudantes. Participará un dos autores antologados, o poeta, narrador e xornalista Miguel Anxo Murado e mais María Liñeira, do Centro de Estudos Galegos de Oxford, con quen falamos para que conte do delongado proceso que deu lugar a esta obra. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 24 de Xuño do 2008 |
|
Os intelectuais españois preocupados non pola natureza que é sabido que non ten dereitos, senón para evitaren a discrimación dos cidadáns que ven que cando se desprazan dentro de España cambian as especies e a paisaxe como se esa non fora a nación común e indivisible que proclama a Constitución Española cos graves prexuízos que son moi ben aproveitados polos nacionalistas para enlear e inventarse nacións e países. Para evitar esa dicriminación os intelectuais españois lanzan un Manifesto: |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 24 de Xuño do 2008 |
|
VIEIROS - Os sectores públicos que utilizan en menor medida o galego son a Policía Nacional, con 25,93 puntos sobre 100, seguida da Axencia Tributaria, con 27,9, e a Administración de Xustiza e mais a Garda Civil, con 9,6 puntos ámbalas dúas. Estes son algúns dos datos que se desprenden do último estudo realizado polo Observatorio da Lingua Galega, pertencente á Secretaría Xeral de Política Lingüística. O informe baséase no estudo de 7.500 enquisas e 22 paneis de escoita, ademais da análise da rotulación e das comunicacións ao exterior, a utilización do idioma polo persoal, os criterios lingüísticos, o uso interno e a documentación. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 24 de Xuño do 2008 |
|
A MESA - O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, mantivo esta mañá unha entrevista co Valedor do Pobo, Benigno López, para solicitar a intervención desta institución perante a “preocupante situación” do galego no campo educativo. En concreto, desde a entidade en defensa da lingua de Galiza achegóuselle un informe sobre a educación infantil de 3 a 6 anos, na cal “o galego permanece nun estado realmente calamitoso”. O Valedor recibiu a queixa e confirmou que a tramitará perante a Xunta de Galiza para que avalíe a situación e tome as medidas correctoras necesarias. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 23 de Xuño do 2008 |
XORNAL.com - A Dirección Xeral de Tráfico segue a utilizar topónimos galegos castelanizados. O fai, concretamente, na súa páxina web, onde poden lerse nomes como "La Coruña", "Orense", "Caldas de Reyes" o "Creciente". Jorquera reprocha ao Ministerio que "non tome nota" e emprázalle a corrixir este tipo de "deformacións", posto que non é a primeira vez que o Bloque diríxese ao Goberno pola "reiterada vulneración da legalidade lingüística". Especialmente tendo en conta que a administración do Estado debería ser "extremadamente rigorosa" no cumprimento das normas lingüísticas establecidas", especialmente cando se instou ao Executivo "en numerosas ocasións" a corrixir estas "malformacións".
|
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 61 - 72 de 550 |
|
|
Obxectivos dende... |
|
|
|