|
Quén está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|

|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 02 de Xuño do 2008 |
A NOSA TERRA - Hai dez días Xulio Costas despertaba nun pequeno cuarto da súa empresa, encañonado por tres persoas. O roubo forma parte doutros que se están producindo en bairros de Vigo por unha banda que a policía cré formada por kosovares. O atraco a este home levou aparellada esixencia idiomática: 'Habla español, nosotros no entender'. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Domingo, 01 de Xuño do 2008 |
[abc] Telefónica acada estes días a cifra de medio cento de modelos de móbil con menús en galego. Trátase dunha cifra simbólica nun proceso que comezou hai máis de ano e medio, cando a Compañía comezou a comercializar terminais cos seus menús en galego, e que abrangue ás marcas máis demandadas polos usuarios. Ducias de terminais de Nokia, Motorola, Sony Ericsson, Samsung ou LG forman parte xa do extenso catálogo que ofrece Telefónica con toda a súa información en galego. Ademais, moitos destes modelos contan tamén cun dicionario preditivo de grande utilidade para o envío de mensaxes. A compañía ten moi claro dende hai anos que o galego ten que estar moi presente nos menús dos móbiles e é por iso que leva tempo reclamando aos fabricantes que o inclúan nas súas terminais. O obxectivo estratéxico é conseguir que en 2009 tódos os fabricantes incorporen menús en galego en tódolos modelos comercializados por Telefónica, como xa fai neste momento Alcatel. |
|
|
Escrito por apana
|
|
Venres, 30 de Maio do 2008 |
|
[xornal.com] A solidariedade do Estado con Galiza non está tan clara como pretenden algúns, xa que a carga tributaria soportada polos galegos foi de 11.625 millóns de euros, moi enriba dos 7.592 millóns para facer fronte aos gastos por competencias transferidas, segundo explica Francisco Rodríguez, membro da Executiva Nacional do BNG, nun artigo que publica en Xornal.com, baixo o título "A contracorrente". Para o ex congresista do BNG, resulta "abafante e sintomático" o empeño informativo e dos economistas académicos oficiais en manter a sociedade galega "na ignorancia e/ou manipulación a respecto dun tema tan crucial como o financiamento da comunidade autónoma". |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Venres, 30 de Maio do 2008 |
[mancomún] Tucho Méndez, profesor de tecnoloxía no CPI de Atios en Valdoviño, vén de poñer a disposición de todos os internautas titoriais básicos de uso das ferramentas de software libre Qcad e Inkscape. Os exercicios e os videotitoriais incluídos na web son resultado do material elaborado por Méndez para a práctica da docencia nas aulas de tecnoloxía do seu colexio. Até o de agora só están dispoñibles seis capítulos de cada unha destas ferramentas, pero o material irá incrementándose paulatinamente. Como sinala o propio Tucho Méndez na presentación do blog “xa están grabadas 27 unidades (9 de Qcad e 18 de Inkscape), que son coas que eu traballei no meu colexio e ao blog vou subindo as que están un pouco mellor”. |
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Martes, 27 de Maio do 2008 |
|
(Galiza, Terra de Navegantes) O concello de Carballo distribue a Guía Os meus favoritos, unha compilación duns 150 enderezos web coa que pretende contribuír á difusión da nosa lingua ao tempo que convida a descubrir o ciberespazo galego. O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e por medio da guía Os meus favoritos, vai difundir unha selección de sitios web en galego para contribuír á difusión da información na nosa lingua e, ao mesmo tempo, á difusión da creación artística, da cultura, do deporte, da literatura, da música, dos espazos de participación e creación de opinión, do ensino, do medio, etc. Con esta acción quere convidar a todo o mundo a navegar e a descubrir o ciberespazo en galego. Dentro da sección que recolle enderezos web vínculados á lingua figura o de esta página, Ciberirmandade da fala. Podes ler máis información e descargar a guía premendo o leer máis. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 26 de Maio do 2008 |
A Mesa pola Normalización Lingüística considera urxente realizar “un debate nacional sereno, baseado en datos reais e con ánimo construtivo” sobre a situación do galego na educación infantil. As estatísticas de que dispón a organización sinalan que se está a “incumprir gravemente” a norma que regula as horas mínimas a impartir en galego, o cal supón “unha pésima formación na lingua propia do país nun momento fundamental, cando se deben adquirir as competencias de lectura e escritura”.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 26 de Maio do 2008 |
|
A NOSA TERRA - O 18 de maio milleiros de manifestantes reivindicámos nas rúas e prazas de Compostela os nosos dereitos. Reivindicamos democracia para Galiza, e exercicio dos dereitos democráticos (lingüísticos) do pobo galego. Que algo tan básico e elemental teña que ser reclamado a estas alturas na rúa é síntoma ben evidente da delicada situación do noso idioma, mais tamén da vitalidade de significados sectores sociais na defensa do galego. Falta facía. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 23 de Maio do 2008 |
VIEIROS - O operador galego de telecomunicacións R anunciou na véspera do Día das Letras o lanzamento de catro móbiles cos menús en galego, unha posibilidade de escolla que apenas tiñan os consumidores até o momento. En realidade, R xa lanzou dous deses modelos, o Sony Ericsson w380i e o Nokia 5610, hai un mes, mentres que outros dous aparellos de Nokia, o 2600 classic e o 3120 classic, saíron ao mercado o venres 16 con bos resultados de vendas xa no primeiro día.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 23 de Maio do 2008 |
|
Galicia Hoxe - A Facultade de Historia da Universidade de São Paulo acolleu onte a xornada inaugural do Centro de Estudos Galegos, dirixido pola profesora Valéria Gil Condé. O departamento conta, ademais co labor docente do profesor lector Leopoldo Cañizo Durán. A través dun convenio asinado recentemente, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Universidade brasileira de São paulo colaboran para dar a coñecer a lingua e a cultura galega en Brasil. Froito deste convenio é que dende principios deste ano 2008 se están a impartir clases de galego no lectorado. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 23 de Maio do 2008 |
|
A PALLEIRA - Para explicar un comportamento sociolingüístico non hai nada como exemplificalo con retallos da vida. A realidade, o que sucede día a día, proporciona síntomas claros dunha situación estrutural máis complexa. Non obstante, estes indicios non son vividos da mesma maneira por todos os grupos de falantes. Un galegofalante de orixe é o primeiro en percatarse e padecer o conflito lingüístico, o bilingüísmo e a degradación do galego por castelanización. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Xoves, 22 de Maio do 2008 |
|
(Galiza Non se Vende) A rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE, integrada na plataforma GALIZA NON SE VENDE, convoca para o vindeiro domingo 25 de maio umha manifestaçom polas ruas de Vigo que terá saída ás 12:00 da praça da Estrela. MANIFESTO DE A RÍA NON SE VENDE
Máis unha vez, desde o porto de Vigo dinnos que precisan de máis espazo, máis unha vez non lles chega o que teñen, e pretenden facer máis recheos, algún en espazos protexidos como a Enseada de San Simón. Queren aterrar no mar 23 Hectáreas. Din que é unha actuación respectuosa co medio ambiente, que ten o consenso de todos os sectores da cidade, que está baseada no diálogo e no respecto pola legalidade…. Máis unha vez mexan por nós e din que chove. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 20 de Maio do 2008 |
www.digalego.com incorpora as etimoloxías e equivalencias en lingua portuguesa, castelá e inglesa, insire tamén sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos, ademais doutras diversas seccións que o converten no diccionario máis completo na actualidade na rede. |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 73 - 84 de 524 |
|
|
Obxectivos dende... |
|
|
|